827 [= RM 117,5]
Jurava-m’oje o meu amigo

Jurava-m’oje o meu amigo,
por tal, madre, que lhi perdoasse,
que nunca ja máis se mi as[s]anhasse;
mais preit’é ja que non porra migo,
vedes por que: ca ja s’el perjurou
per muitas vezes que m’esto jurou.
El me cuidava tal preit’a trager,
per sas juras, que lho foss’eu parcir,
e, pois que vi que m’avi’a mentir,
non lho parci nen lho quis sol caber,
vedes por que: [ca ja s’el perjurou
per muitas vezes que m’esto jurou].
E máis de cen vezes lhi perdoei
per sas juras e achei-m’end’eu mal,
e por aquesto ja lhi ren non val
de me jurar, pois que me lh’as[s]anhei,
vedes por que: [ca ja s’el perjurou
per muitas vezes que m’esto jurou].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 830, V 416

Despois do v. 6 foi acrecentado o seguinte texto: <Vedes> B, <uedes> V.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 214-215 [= LPGP 754-755]); Reali (1962: 186); Cohen (2003: 189); Littera (2016: II, 269).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 156); Braga (1878: 78-79); Machado & Machado (1953: IV, 142-143).
III. Antoloxías: Gutiérrez (2023: 155).

Variantes manuscritas


1 Jurava] Jurana V   4 preit’é] ꝑ’eyte B : p’ey te V   7 preit’a] pey’ta B   8 parcir] parcer B : parḡr V   10 parci] para B; lho] om. V   13 perdoei] perdey V

Variantes editoriais


3 as[s]anhasse] asanhasse Reali   9 m’avi’a mentir] m’avia mentir Reali, Cohen   10 lho quis sol caber] quis sol [en] saber Nunes : lho quis eu caber Reali   16 as[s]anhei] asanhey Reali

Paráfrase


(I) Xurábame hoxe o meu amigo, madre, para que lle perdoase, que nunca máis se me asañaría; mais a ese acordo nunca chegará comigo, vede por que: porque el xa cometeu perxurio polas moitas veces que me xurou isto mesmo.

(II) El pensaba que cos seus xuramentos me convencería para que o perdoase, e, como vin que me había de mentir, non llo perdoei e nin sequera llo aceptei, vede por que: porque el xa cometeu perxurio polas moitas veces que me xurou isto mesmo.

(III) E máis de cen veces lle perdoei polos seus xuramentos e encontreime por iso mal, e por isto xa non lle vale nada que me xure, porque me asañei con el, vede por que: porque el xa cometeu perxurio polas moitas veces que me xurou isto mesmo.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 9’b 9’b 9’a 10C 10C (I [= RM 160:302]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (II-III [= RM 160:195])

Encontros vocálicos: 3 mias[s]anhasse

Notas


Texto
  • 5-6

    O elemento <Vedes> B, <uedes> V aparece copiado após o v. 6, como se se tratase de un verso de refrán abreviado se tratase, feito que acontece na copia dalgunhas cantigas (véxase, por exemplo, a cantiga 781, de Afonso Sanchez, ou a cantiga 813, de Paai Gomez Charinho).

  • 8

    O verbo parcir ‘perdoar’ (< parcere ‘aforrar, economizar; deixar de, omitir; perdoar etc.’), tamén no v. 10, semella unha voz minoritaria e propia do rexistro poético, pois presenta só cinco atestacións na poesía profana (76.20, 752.8, 843.7) e outros seis rexistros nas Cantigas de Santa Maria (véxanse CSM 28.33, 115.168, 145.57, 174.25, 175.91 e 272.52). Non achamos ocorrencias desta voz na produción prosística medieval.

  • 9

    As edicións de Reali e Cohen optaron –lexitimamente– por non segmentar a preposición da perífrase formada polo verbo aver (+ a) + infinitivo. Porén, a interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada, non só polo feito de a presenza do enlace a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia nalgunhas cantigas das formas <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> B (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións de un destes testemuños.

  • 10

    A lección <para> de B remite a unha confusión <a>/<ti> que, por súa vez, enlaza co repetido erro <t>/<c>, bastante frecuente e doamente explicábel do punto de vista paleográfico. Véxase nota a 103.7.
    Por outra banda, é moi frecuente a emenda caber > saber nalgunhas edicións, sen que esta se poida xustificar desde un punto de visto paleográfico ou semántico: o verbo caber ‘admitir, aceptar’, acepción axeitada para este contexto, foi pertinazmente substituído por saber noutras cantigas e por outros editores (véxase 32.27, 1126.17, 1377.21, 1583.27, 1671.17), a pesar da existencia desta acepción nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo (véxase Mettmann 1959-1972: s.v. caber). Véxase, tamén, González González (2006: s.v. cabelo).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado