1068 [= RM 22,3]
A dona que eu am’e tenho por senhor

A dona que eu am’e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos én prazer for,
se non, dade-mi a morte.
A que tenh’eu por lume destes olhos meus
e por que choran sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se non, [dade-mi a morte].
Essa que Vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus, fazede-mi-a veer,
se non, da[de-mi a morte].
Ai Deus, que mi-a fezestes máis ca min amar,
mostrade-mi-a u possa con ela falar,
se non, [dade-mi a morte].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1066, V 657

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 423); Indini (1978: 113-114 [= LPGP 164-165]); Littera (2016: I, 151-152).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 232); Braga (1878: 125-126); Machado & Machado (1956: V, 82); Camargo et alii (1992: 29).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 9-10); López-Aydillo (1914: 38-39); Tavares (1943 [1923]: 38); De las Casas (1928: 27); Seoane (1941: 32); Nemésio (1961 [1949]: 64); Fernández Pousa (1951: 19); Piccolo (1951: 3); Varela Jácome (1953: 10); Nunes (1959: 232-233); Tavares (1961: 31-32); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 31-33); Álvarez Blázquez (1975: 17-18); Landeira Yrago (1975: 118); Torres (1977: 96); Correia (1978: 84); Fiúza (1981: 120-121); Dobarro Paz et alii (1987: 23); Matalobos (1989: 38); Pena (1990: 41); Sansone (1990: 76); Jensen (1992: 60); Pena (1993: 116); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 32); Diogo (1998: 229); Arias Freixedo (2003: 187); Mongelli (2009: 11); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 39).

Variantes manuscritas


8 ai Deus, fazede-mi-a] ay des faze(stes)demha <   > V   10 Ai Deus] Ao des V; amar] ama<> V

Variantes editoriais


5 sempre] sempr(e) Nunes : sempr’ Indini, Littera

Paráfrase


(I) A muller que eu amo e teño por señora, mostrádema, Deus, se tal cousa vos prace, se non, dádeme a morte
(II) A que eu teño por luz destes meus ollos e por quen choran sempre, mostrádema, Deus, se non, dádeme a morte.
(III) Esa que Vós fixestes máis fermosa de cantas eu coñezo, ai Deus, facédema ver, se non, dádeme a morte.
(IV) Ai, Deus, que ma fixestes amar máis que a min, mostrádema onde poida falar con ela, se non, dádeme a morte.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 12a 12a 6’B (= RM 26:44)

Encontros vocálicos: 2 -mi͜-a; 3 -mia; 5 sempre,amostrade-mi͜-a; 6 -mia; 8 -mi͜-a; 9 -mia; 10 mi͜-a; 11 mi͜-a; 12 -mia

Notas


Texto
  • 4

    A fórmula lume destes ~ dos olhos meus é verdadeiramente frecuente no corpus, nomeadamente nas cantigas de amor. 

  • 10

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 11

    Repárese na normal convivencia das formas amostrar (vv. 2, 5) e mostrar (v. 11) conforme as necesidades métricas, en liña con outros verbos que presentan a mesma alternancia. Cfr. nota a 35.12.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado