[last revised: 23/08/2021]Print

779 [= Tav 9,1]
Afons’Afonses, batiçar queredes

Afons’Afonses, batiçar queredes
vos[s]o criad’e cura non avedes
que chamen clerig’; en esto fazedes,
aquant’eu cuido, mui mao recado,
ca, sen clerigo, como averedes
[................................................]
Afons’Afonses nunca batiçado
[................................................
.................................................
................................................
................................................
...............................................]
S[............................................
................................................
................................................
................................................
................................................
...............................................]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 782, V 366

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional indica con clareza a existencia (lacunosa) das tres estrofas. O Cancioneiro da Vaticana presenta os seis versos conservados nunha única estrofa, sen ningunha indicación de fragmentariedade.

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 110 [= LPGP 101]); Arbor Aldea (2001: 267); Lopes (2002: 470); Longo (2003: 159); Littera (2016: I, 74).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 140); Braga (1878: 69); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 516); Magne (1931: 87); Machado & Machado (1953: IV, 77).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 370).

Manuscript variants


1 batiçar] baticar BV   2 vos[s]o] ūoso BV   3 que] cj B : q V; chamen] cham̄ BV; clerig’; en esto] clīge ensto B : dīge ersto V   4 mao] maao BV; recado] rsecado B   5 sen clerigo, como] stē digo comoo V   7 Afons’Afonses] E foñz fanses BV; batiçado] tatiçado B

Editorial variants


Lapa, Lopes, Longo e Littera incorporan o verso inicial da estrofa II (v. 7) como sexto verso da estrofa I.

2 vos[s]o] voso Arbor Aldea   3 en [e]sto] e ensto Arbor Aldea : e nesto Longo : en’esto Littera   4 aquant’] a quant’ Lapa, Arbor Aldea; mao] maao Lopes, Littera   5 como] com’o Longo   6 om. Lapa, Lopes, Longo   7 Afons’Afonses] Afonz’[A]fonses Arbor Aldea

Paraphrase


(I) Afonso Afonsez, queredes bautizar a un voso criado e non tendes un cura digno de ser chamado clérigo [estudado]; nisto, segundo eu penso, obrades moi mal, pois sen clérigo, como teredes [...]

(II) Afonso Afonsez nunca bautizado [...]

(III) S[...]

Metrics


Esquema métrico: 10’a 10’a 10a0 10’b 10’a [10b’?] (cfr. Tav 13:37)

Encontros vocálicos: 2 cri·a·d’

Notes


Text
  • *

    Cantiga incompleta e fragmentaria.

    Dado o carácter moi fragmentario da cantiga, a partir do texto ofrecido polos manuscritos para o v. 7 (<E fon̄z fanses> BV) podería contemplarse en segunda instancia a posibilidade de que se tratase dunha tenzón, e de que o nome que haxa que reconstruír no inicio da estrofa II sexa o do trobador: Afonso Sanches. Neste sentido, é de subliñar que o patronímico de Afonso –tal como acontece con Garcia, por exemplo– é Afonso, sen que consigamos achar ningunha ocorrencia de Afonsez ~ Afonses (isto é, co sufixo -ez) no Corpus do Galego-Portugués Antigo (véxase CGPA, s.v.).

  • 1

    Obsérvese a variante batiçar, frecuente na Idade Media a carón doutras formas, como batizar, bautiçar e boutiçar (véxase CGPA, s.v.).

  • 4

    O adxectivo mao presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <maao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos (cfr. pao, vao...), presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. O mesmo trazo gráfico pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. (véxase nota a 115.30). Cfr. nota a 485.20.

  • 6-7

    Lapa, Lopes, Longo e Littera non consideran un sexto verso da estrofa ausente nos códices, de xeito que o seu posto é ocupado polo v. 7, do mesmo modo que nestes editores non existe indicación tipográfica das estrofas II-III. Porén, o espazo entre as estrofas está claramente disposto en B, ao tempo que o v. 7 é iniciado por letra maiúscula en V, feito que mostra a súa agrupación cos anteriores versos por parte do copista.

Search
    No results