[last revised: 21/08/2021]Print

707 [= Tav 79,1]
Agora me foi mia madre melhor

Agora me foi mia madre melhor
ca me nunca foi des quando naci
(Nostro Senhor lho gradesca por mí),
e ora é mia madre e mia sen[h]or,
ca me mandou que falasse migo,
quant’el quisesse, o meu amigo.
Sempre lh’eu «madr’e senhor» chamarei
e puinharei de lhe fazer prazer
por quanto me non quis leixar morrer,
e morrera, mais ja non morrerei,
ca me mandou que falasse migo,
[quant’el quisesse, o meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscripts


B 692, V 293bis

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 113 [= LPGP 524-525]); Cohen (2003: 177); Littera (2016: I, 615).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 117); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 367).

Manuscript variants


2 quando] qn̄do V   3 Senhor] senõ V   7 Sempre] Sene B : Senp̃e V   8 puinharei] pnynharey B; prazer] p̃zeri V   9 quanto] qeuto B : q̃nta V; morrer] mo ir̄e B

Editorial variants


En Nunes esta cantiga presenta como estrofa I a composición nº 706.

4 madre e] madr’e Nunes

Paraphrase


(I) Agora foi para min miña nai mellor do que nunca foi desde que nacín (Noso Señor llo pague por min), e agora é (realmente) miña nai e señora, porque me mandou que falase comigo, canto el quixese, o meu amigo.

(II) Sempre lle chamarei «madre e señora» e farei canto poida por agradala porque non me quixo deixar morrer, e (certamente) morrera, mais xa non morrerei, porque me mandou que falase comigo, canto el quixese, o meu amigo.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (= Tav 160:267)

Encontros vocálicos: 4 madre‿e

Notes


Text
  • 7

    A alusión ao apelativo madr’e senhor é confirmada pola súa relativamente frecuente aparición no corpus das cantigas de amigo: 599.1 e 8, 601.14, 716.1, 1093.14, 1094.2, 1210.1, 1211.9 (madr’e senhora).

  • 8

    A forma puinhar (tamén en 1441.8, 1595.4) é unha variante antiga do xeral punhar (do lat. pŭgnāre). Cfr. nota a 5.6.

Search
    No results