[last revised: 10/07/2020]Print

292 [= Tav 141,1]
De-lo dia, ai amiga

De-lo dia, ai amiga,
que nos nós de vós partimos,
fui-se nosco voss’amigo e, per quanto nós oimos,
amiga, e, per quanto vimos
(queredes que vo-lo diga?),
nunca tan leal amigo d’amiga vistes, amiga,
u nos partimos chorando,
vós e nós chorando vosco,
e el, mui sen o seu grado, ouve-s’enton d’ir connosco;
mais, per quanto eu del conhosco,
sempre serei de seu bando,
que, enquanto vós chorastes, nunca el quedou chorando
come vós: des i chorava
e ia-s’apartar soo,
e catava-m’el os panos, que eu tragia con doo;
mais pero o preguntavan por que chorava, negó-o,
mais a min non no negava,
e por esto sõo certã’, amiga, que por vós chorava.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 332

A segmentación dos versos, basicamente por heptasílabos, é irregular en B.

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 821-822), Nunes (1973 [1928]: 456); Cohen (2003: 533); Littera (2016: II, 433-434).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 121); Machado & Machado (1950: II, 85-86); Rios Milhám (2018a: II, 292).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 44-45); Nemésio (1961 [1949]: 107); Torres (1977: 412); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 225); Mongelli (2009: 152).

Manuscript variants


2 nos] nos B   4 amiga] A amigaiee B   7 nos] nos B   8 e] et B; vosco] nosco B   9 e] Et B   11 de seu bando] desenbando B   12 nunca] Nnuca B   13-16 E cataua m̄l os panos q̄ eu tragia cō dooʳ / Come uos desi choraua· / Grassa· partar sooʳ· Mais ꝑooʳ / Mais ꝑoor p’guntauā· / Por que choraua negoo B   18 sõo certã’, amiga] sooʳm tertaā / Mi gam B

Editorial variants


Cada unha das edicións desta cantiga presenta cadanseu texto diferente conforme se dispoña en versos heptasilábicos (Michaëlis e Nunes) ou se agrupen estes de diferente forma para conseguir unha estrutura rimática coherente (Cohen, Littera).

2 nos nós] nos nus Michaëlis : nós nos Nunes   4 a[i] amiga, [que dizia], e, per quanto nós [i] vimos Littera; amiga] amig(a) Michaëlis   9 e el] et el Michaëlis   10 [muito lhi vos assanhastes]; mais, per quant'eu del conhosco Littera; quanto] quant(o) Michaëlis   11 de seu bando] desengando Michaëlis   14 e ia-s’apartar soo] de ora s’apartar soo Michaëlis, Nunes : †Grassa partar† soo Cohen   15 m’el] mi el Michaëlis, Nunes   16 pero o] pero er Michaëlis; negó-o] negô-o Michaëlis : negôo Nunes   17 non no] no’-no Michaëlis : non o Nunes : non’o Littera   18 sõo certã’] sõo certa Michaëlis, Nunes : sõo certãa Cohen : som [eu] certa Littera; amiga] ‘miga Michaëlis, Cohen

Metrics


Esquema métrico: 7’a 7’b 15’b 7’b 7’a 15’a (I-II) + 7’a 7’b 15’b 15’b 7’a 15’a (III) (cfr. Tav 223:1, 224:1 e 218:1)

Encontros vocálicos: 4 amiga,‿e; 10 quanto‿eu; 18 so͂͜o

Notes


Text
  • *

    En Michaëlis e en Nunes a cantiga está editada con versos heptasilábicos (seguindo a distribución de B), de modo que os vv. 3 e 6 de cada estrofa aparecen divididos, ficando, por tanto, sen rima; porén, en Nunes é omitido un dos versos heptasilábicos na estrofa III para regularizar a distribución estrófica (véxase nota ao v. 16).
    As propostas de racionalización na distribución versal que evita as palavras perdudas proveñen de Nobiling (2007: 214-215), que tentou articular a cantiga en versos isométricos de 15 sílabas, o mesmo que, posteriormente, Lapa (1982: 194-195). Na esteira destas, en Cohen e Littera o primeiro verso de cada estrofa ten 15 sílabas por agrupar, respectivamente, os vv. 1-2, 7-8 e 13-14 da nosa edición, que respecta a distribución rimática do manuscrito. Con todo, o texto na versión de B presenta unha asimetría na estrofa III (o v. 16 foi transmitico con 15 sílabas en vez das 7 agardadas). Esta asimetría, respectada en Cohen, foi anulada en Littera con intervencións reintegradoras nos vv. 4 e 10 (3 e 8 da súa proposta).

  • 3

    Do mesmo modo que a forma foi pode ser P1 de pretérito de seer (e de ir), tamén fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.

  • 4

    Tanto este verso como o v. 10 son reconstruídos en Littera con amplificación para conseguir a isometría co texto enviado por B para o v. 16.

  • 10

    Véxase nota ao v. 4.

  • 11

    O lapso lingüístico-editorial de Michaëlis, coa forma desengando (‘desenganado’) xa foi corrixido pola propia editora no Glossário (Michaëlis 1922: s.v. *desengando).

  • 14

    Face ao texto estabelecido por anteriores editores, a proposta de Littera percíbese como certa para a secuencia <Grassa partar> a partir da confusión entre as maiúsculas <E>/<G> e os innúmeros erros <i>/<r> que se rexistran no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 14-16

    As rimas soo - doo - negó-o combina voces independentes con un conglomerado de verbo + pronome, do mesmo modo que nas cantigas 443.7-9 (vi-as - dias - dirias), 807.8, 11 e 14 (vi-a - averria - querria) e 1236.15 e 19 (dia - vi-a) e 1344.25, 27, 29 e 31 e mais 26, 28, 30 e 32 (pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa - maa), e dun modo similar  á cantiga 1334.15, 18 e 21 (ten o - pequeno - neno).

  • 15

    Neste caso, o verso aparece copiado en toda a súa extensión en B, se ben deslocado no proceso de copia, precedendo os vv. 13-14.

  • 16

    Este verso presenta quince sílabas face ás sete esperadas, rompendo a simetría compositiva da cantiga e provocando a aparición dun esquema métrico individualizado para esta estrofa (nótese como Nunes omitiu un heptasílabo de B para nivelar metricamente o poema). Esta anomalía métrica (que se resolvería coa expunción da primeira parte do verso) parece indicar que existe unha transmisión con elementos espurios: en calquera caso, con Cohen e Littera respectamos o texto transmitido en B, que encaixa perfectamente no contido da estrofa e da cantiga.
    A partir da (repetida) lección <Mais ꝑooʳ / Mais ꝑoor p’guntauā·> estabelecemos mais pero o preguntavan, con preguntar con CD, rexencia frecuente no corpus (véxase nota a 213.16). No entanto, a lección de B tamén permite propor mais pero or preguntavan, coa aparición da rara variante or de ar er (véxase 1310.7); porén, o <-r> final acrecentado erradamente en <dooʳ> e <sooʳ> parece confirmar o como interpretación correcta.
    O encontro da P3 de pretérito da primeira conxugación (cfr. tamén nota a 1578.23) cun clítico o(s), a(s) provoca a aparición dunha secuencia trivocálica anómala do punto de vista fonotáctico ([‘owa], [‘owo]). É por isto que, a semellanza do acontecido cos duplos resultados de bases latinas como audire, laudare etc. estes encontros resólvense con relativa frecuencia (por razóns morfolóxicas) cunha monotongación e/ou crase (guardó-o, 484.11; mandó-o, 700.15; filhó-o, 1492.5; leixó-o, 1509.17; desseinó-o, 1579.r1; enlinhó-o, 1579.r2). A teor das rimas no corpus trobadoresco profano (negó-o : doo) e relixioso (filló-os : lançó-os : avoos, CSM 214.40-42) o resultado da redución vocálica é –sorprendentemente– aberto (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 27c).

  • 18

    Fronte á forma monosilábica son derivada directamente do lat. sŭm, os resultados sõo e soo xerados por analoxía (sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas, mais tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2), do mesmo modo que ũu (cfr. nota a 47.20) e bõo ~ boo (cfr. nota a 241.10). Cfr. nota a 10.25.

    O adxectivo certão/-ãa ‘certo, seguro’ provén dun derivado *cĕrtānum, -ānam, do lat. cĕrtum. Por outra parte, no encontro, con crase vocálica, entre certãa e amiga resulta máis lóxica a representación gráfica certã’, amiga do que certãa, ‘miga; isto é, con anulación da vogal final átona de certãa.

Search
    No results