1270 [= RM 86,4]
Disseron-m’agora do meu namorado

Disseron-m’agora do meu namorado
que se foi sanhud’e sen o meu mandado:
e por que s’assanhou agora o meu amigo?
Sabe-o San Leuter, a que o eu roguei,
que o non mereci, porque o sanhud’ei:
e por que s’assanhou [agora o meu amigo?]
Non lho mereci eu nunca, pois foi nada,
madr’, e fui un dia por el mal julgada:
e por que s’assanhou [agora o meu amigo?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1254, V 859

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 420-421 [= LPGP 586]); Cohen (2003: 488); Littera (2016: II, 47).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 367-368).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 76); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 150).

Variantes manuscritas


1 agora] agor B   2 foi sanhud’e] foys sanhude B   4 roguei] muyto roguey BV   7 foi] foys B   8 julgada] uilgada V

Variantes editoriais


4 a que o eu roguei] a que eu muito roguei Nunes   5 o] om. Nunes; porque] pero Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Dixéronme agora do meu namorado que se foi irado e sen o meu permiso: e por que se asañou agora o meu amigo?

(II) San Leuter, a quen moito lle roguei, sabe que non o merecín, porque o teño irado: e por que se asañou agora o meu amigo?

(III) Nunca eu llo merecín, madre, des que nacín, e un día fun por el mal xulgada: e por que se asañou agora o meu amigo?

Métrica


Esquema métrico: 11’a 11’a 12’B (I, III [= RM 26:51]) + 12a 12a 12’B (II [= RM 26:38])

Encontros vocálicos: 3 agora‿o; 6 agora‿o; 9 agora‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta unha evidente relación intertextual coa cantiga UC 1271, do mesmo autor: alén de trataren o mesmo motivo, a segunda estrofa repítese de forma case literal nas dúas cantigas. A proximidade formal e conceptual, así como o feito de seren contiguas nos manuscritos, apuntan a unha composición moi próxima no tempo. Mesmo se podería conxecturar que foron concibidas para formaren unha unidade literaria: na primeira a moza pregúntase sorprendida por cal sería a causa da saña e da partida do amigo, e na segunda a moza confésalle á nai o ocorrido deixando entrever que ela non sospeitaba un desenlace tal.

  • 4

    San Leuter alude, con certeza, ao padroeiro dunha romaría dedicada a este santo. Non existe localización concreta para a romaría glosada por Lopo, mais, entre as diversas capelas e ermidas en Galiza con esta advocación, quizais se estea a referir ao santuario de Santo Eleuterio, en Tameiga (concello de Mos, Pontevedra) (Souto Cabo 2018: 94-95).

  • 4-5

    O corpo desta estrofa coincide case literalmente cos versos correspondentes da estrofa II de UC 1271, tamén de Lopo. É por isto que non semella dubidosa a expunción muito no primeiro verso (ausente en 1271.5), embora manteñamos a lección manuscrita no segundo, que presenta porque en face de pero na seguinte cantiga.

  • 7

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado