I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 96 [= LPGP 450-451]); Nunes (1973 [1928]: 168-169); Cohen (2003: 242); Littera (2016: I, 524-525).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 137-138); Braga (1878: 67-68); Machado & Machado (1953: IV, 60-61); Domingues (1992: 51); Cohen (1996: nº 13).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 38-39).
2 en] eu BV 5 voda] noda B 6 levo] leno V 7 -los] lus V 8 lançar] lancar B : lanzar V 10 logo] loguo BV 11 do] de B 20 viron] ui tō V 22 eu] en V
5 a leva do] alevad’ o Nobiling 6 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling 11 a leva do] alevad’o Nobiling 12 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling 17 a leva do] alevad’o Nobiling 18 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling 22 eu] en Nunes 23 a leva [do] alevad’o Nobiling 24 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling
(I) Amigo, hoxe vencestes a todos os outros no manexo da lanza (nos torneos celebrados) na voda, e estou moi gozosa por iso; tamén vos direi outro motivo de gozo: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.
(II) E xa que así os vencedes, nunca máis debían competir contra vós, amigo, no manexo das lanzas; falemos tamén logo de min: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.
(III) E moito me agrada o que sei: que a vosa fama é verdadeira, meu amigo; e, abofé, direivos outro motivo de gozo: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.
(IV) A todas as damas lles pesou, cando me viron estar entre elas, e fixeron canto puideron por se enfeitar; mais sentide gozo por como eu vou: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 9’C 9’C (= RM 160:312)
Encontros vocálicos: 6 mi͜-a; 12 mi͜-a; 15 amigo;‿e; 18 mi͜-a; 20 sigo‿estar; 22 como‿eu; 24 mi͜-a
Bafordar ‘tirar lanzas en xogos de cabalaría’ (tamén en 478.30, 723.2, 1365.15) é sinónimo de lançar a tavolado (véxase v. 27). Ambas as dúas formulacións aparecen decote unidas en diversas narracións medievais de teor cabaleiresco:
Os castelãos a hũu cabo alançauã et quebrantauã os tauolados, et os outros tragiã armas et bufurdauã (...) Et forõ y grandes alegrias ademays de lãçar a taualados et de bofurdar et correr touros et de jogar tavolas et açedrẽches et moytos iograres (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 138, 176).
Mays todos cada día andauã ante ela bufurdando et lançando o trauado (...) Et os caualeyros lançauã a trauados et bufurdauã (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 720, 721).
Vaasco Gonçalvez Peixoto, que foi de boas manhas em lançar a cavalo a tavolado e em bafordar e em nas outras cousas que perteencem a fidalgo (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: II/2, 42).
E baffordavã e britavã tavolados e filhavã escudos e lanças (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: III, 80).
O substantivo leva é o ‘acto de levar ou conseguir’ e de aí ‘premio’, ‘vitoria’; só volve aparecer nunha cantiga de Afonso Sanchez (381.11):
Se foss’eu o que vos leva,
levar-vos-ia en bon dia,
ca non faria mal leva
d’outra, e máis vos diria:
porque vós levades leva
das outras en melhoria,
por én son eu o que leva
por vós coitas noit’e dia.
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<lus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Lançar refírese ao mesmo xogo cabaleiresco, como mostra a aparición de bafordar e lançar nos vv. 8-9, así como nunha cantiga afonsina (478.27):
Nen de lançar a tavolado
pagado
non sõo, se Deus m’ampar
(ad’eu), nen de bafordar.
A mesma referencia (burlesca) a lançar aparece en varias cantigas de Lopo Lias (1360.23, 1362.14, 1364.1 e 7).
Afeitar ‘enfeitar’ é documentación única na lírica trobadoresca.