1156 [= RM 77,8]
Diz meu amigo que lhi faça ben

Diz meu amigo que lhi faça ben,
mais non mi diz o ben que quer de mi[n];
eu por ben tenho de que lh’aqui vin
po-lo veer, mais el assi non ten;
mais, se soubess’eu qual ben el querria
aver de mí, assi lho guisaria.
Pede-m’el ben, quant’á que o eu vi,
e non me diz o ben que quer aver
de min, e tenh’eu que d[e] o veer
lh’é mui gran ben, e el non ten assi;
mais, [se soubess’eu qual ben el querria
aver de mí, assi lho guisaria].
Pede-m’el ben, non sei en qual razon,
pero non mi diz o ben que querra
de min, e tenh’eu de que o vi ja
que lh’é [mui] gran ben, e el ten que non;
mais, se sou[bess’eu qual ben el querria
aver de mí, assi lho guisaria],
par Servand’, e assanhar-m’-ei un dia
se m’el non diz qual ben de mí querria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1152, V 745

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 341-342 [= LPGP 501]); Cohen (2003: 380); Littera (2016: I, 587-588).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 259-260); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 227-228); Camargo et alii (1990: 41); Burgazzi (2015: 36-37).
III. Antoloxías: Spina (1972: 355); Arias Freixedo (2003: 525-526); Magalhães (2007: 103).

Variantes manuscritas


3 eu] E B   5 querria] q̅ria B   7 Pede] Pode B   8 me] mi V; que quer] q̅(r) q̅r V   9 tenh’eu] tenlheu B   10 lh’é] Le B : he V; gran] q̃n V; ten assi] tenhassy V   13 non sei] son sey V; qual] q̄l V   14 diz o ben] digo ben V; querra] q̄ira B   15 tenh’eu] tenlheu B; de] oe V   16 ben] om. B   20 qual] q̄l B; de mí querria] de mi q̅iria B : demī q̅rria V

Variantes editoriais


5 querria] queria Nunes   8 me] mi Nunes, Cohen   10 lh’é] é Nunes   10 lh’é] é Nunes   11 querria] queria Nunes   16 que lh’é [mui] gran ben] que lh[e] é gran ben Nunes : que lhe gram bem [é] Littera   17 querria] queria Nunes   19 Servand’, e] [San] Servand’ Nunes   20 mi querria] min queria Nunes : min querria Cohen

Paráfrase


(I) Di o meu amigo que lle faga ben, mais non me di o ben que quere de min; e eu teño por ben que vin aquí para o ver, mais el non o considera así; porén, se eu soubese o ben que el querería ter de min, así llo procuraría.

(II) El pídeme ben, desde que o vin, e non me di o ben que quere ter de min, e considero que o feito de o ver xa lle é un ben moi grande, mais el non o considera así; porén, se eu soubese o ben que el querería ter de min, así llo procuraría.

(III) El pídeme ben, non sei de que tipo, mais non me di o ben que quererá de min, e eu considero que o feito de o ter visto xa lle é un ben moi grande, mais el pensa que non; porén, se eu soubesse o ben que el querería ter de min, así llo procuraría, (1) por Servando, e heime de asañar un día se el me non me di que ben de min querería.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10’C 10’C (= RM 160:250) + 10’c 10’c

Notas


Texto
  • 1

    Esta cantiga comparte íncipit coa composición de Fernan Figueira de Lemos (UC 21).

  • 2

    Nótese como neste verso, igual que en 1423.11, é necesario recuperar a forma min do pronome para a rima con vin (v. 3).

  • 5

    Aínda sendo posíbel a lección de B, a forma querria de V é máis axeitada pola consecutio temporum (soubesse ... querria), para alén da súa presenza no final da fiinda (v. 20). En calquera caso, a confusión e as vacilacións entre as formas de copretérito e pospretérito do verbo querer (queria / querria) son moito frecuentes no corpus e mesmo son intercambiábeis en determinados contextos. Cfr. nota a 1121.4.

  • 10

    No texto proposto acollemos a interpretación de Cohen, que considerou a omisión de <h> en B e de <l> en V para fixar unha lectura lh’é (<Le> B : <he> V).

  • 16

    A ausencia de unha sílaba métrica obriga á integración no verso dun elemento probabelmente perdido durante o proceso de copia. Nunes optou polo pronome lhe (lhe é) co conseguinte problema métrico que deriva da sistemática sinalefa de tal secuencia. O paralelismo entre os vv. 10 e 16 aconsella aceptar a decisión de Cohen: lh’é mui gran ben, e el non ten assi (v. 10) - que lh’é [mui] gran ben, e el ten que non (v. 16). Por outra parte, tampouco é desprecíbel a alternativa editorial de Littera: que lhe gram bem [é], e el tem que nom.

  • 19-20

    A ligazón sintáctica da fiinda coa derradeira estrofa da cantiga escusa calquera emenda no textos subministrado polos códices, que na edición de Nunes aparece modificada debido, xustamente, ao isolamento sintáctico da fiinda. Polo contrario, en Littera existe ruptura estrófica sen mudanza textual.

  • 20

    San Servando refírese ao santo venerado na súa ermida, talvez no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado