I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 405-406); Zilli (1977: 136-137 [= LPGP 412]); Cohen (2003: 469); Littera (2016: I, 486).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 289); Braga (1878: 158); Machado & Machado (1956: V, 347-348).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 446-447).
1 encobrir] encob(i)rir B : enco prir V 3 vir] uy B 9 sen meu gran] Se meu grã B 12 dá, sofrer] da a sofrer BV 15 somos] somus V 17 m’end’eu queira] mandeu q̅yta B 18 o demo lev’o poder] E demo leuo poder B : demo leue poder V; end’ei] andey B
3 nos] nus Zilli 8 vos] vus Zilli 9 perdestes] perdeste Nunes 10 vos] vus Zilli 12 sofrer] a sofrer Nunes 15 somos] somus Zilli
(I) Amigo, mal soubestes ocultar o meu feito e o voso, e por iso me perdestes a min e eu a vós, e de aquí en diante quen nos vexa de tal se garde e, se ama muller, tome aquel ben que lle Deus quixer dar e deixe todo o demais e pase o tempo así, (II) porque vós quixestes ter aquel ben de min que eu non vos podía facer sen gran dano para min, e perdestes por iso todo canto eu antes vos facía de amor, e así fai quen non sabe conformarse co ben, despois de que Deus llo dá.
(III) E ben sabedes, amigo, canto tempo hai que eu temín isto en que estamos e, pois que non soubestes sufrir o ben, sufride o mal, porque, aínda que eu niso queira facer outra cousa, o demo leve o poder que para iso teño.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10c 10c 10b (= RM 124:1)
Esta cantiga, igual que UC 213, 270, 926 etc., presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (con ligazón causal nas estrofas I-II) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 74.
Os pronomes persoais mí e vós, formas oblicuas tónicas, cumpren función de CD sen preposición (e perdestes per i / mí e eu vós), feito relativamente frecuente na lingua trobadoresca.
Sen dúbida, é espuria a preposición a introducida na copia da cantiga, produto da incomprensión do texto polo hipérbato que desloca sofrer, que provoca a aparición dunha pseudoconstrución *dá a sofrer: «e assi faz quen non é sabedor / de saber ben sofrer, pois lho Deus dá».
A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum):
Non creo que tamanho ben
mi vós podessedes querer
camanh’a mí ides dizer (594.7-9).
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<somus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.