Esta cantiga foi feita a ũu galego que se preçava de trobar e non o sabia ben, e meteu-s’a maneira de tençon con [E]stevan da Guarda, e ‘Stevan lhi fez esta cantig’; e el andava sempre espartido, e nunca lhe entendeu a cantiga nen lhe soube a ela travar.
Despois do v. 21, antes da fiinda, en V aparece a anotación <fijda>.
A rúbrica foi copiada en B por Angelo Colocci no final do texto da cantiga (o corte da páxina impide ler a parte final en varias liñas de texto).
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 175-176 [= LPGP 260]); Pagani (1971: 116-117); Lagares (2000: 137 [rúbrica]); Lopes (2002: 502-503); Littera (2016: I, 265-266).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 311); Braga (1878: 171); Machado & Machado (1958: VI, 33-34).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 177-178); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 82); Diogo (1998: 205).
Rúbrica: cantiga] .ca. B; trobar] qob̃ V; maneira de tençon] mān(*) de Tenzō B : mañ de tēcō V; Guarda] g̃da BV; e] et B; cantiga] .ca. B; ela] ella BV; travar] t̃na B
Texto:
1 te preças] tep̄cças B : se prezaƥ V 2 ben] tem B : teme V; bõa] bona B 4 entençar] en tencar B; torpe] torre V; avurrido] a uintido B 5 loares] leares B : loarƥ V; quen] q̄ ue V 7 espartido] espargando B : seer espargado V 8 ensibidade] en sy vidade B : ensy uitade V 9 preçar] p’car B : pecar V 10 ti] cy B 11 enquanto] en ꝙ̄to V 12 pois en tan] Poi gentam B; ousas] dusas V 15 fazes] ffates B : ffaçes V 16 torpe] torre V; entençar] entencar B : entēcar V 17 atrevendo] A trenendo B 18 metes] mertes V; en ventura] e nuetra B : emiēt̃a V 21 partido] parado BV; loucura] louaira B 23 loado] leado V 24 no] Non B; partido] p̃cido B : p̃ndo V
Rúbrica:
ũu] un Lapa : hun Pagani : um Lopes, Littera; preçava] precava Lagares; a maneira de] à maneira de Lapa, Lopes, Littera; tençon] tenzon Pagani; [E]stevan] Stevan Lapa, Pagani; e ‘Stevan] et St[evan] Pagani : e Estêvam Lopes, Littera; cantig’] cantiga Pagani, Littera; espartido] en partido Lapa; lhe] lhi Lopes, Littera; travar] tornar Lagares
Texto:
2 bõa] bona Pagani 4 come] com Pagani; torpe avurrido] torp’e avorrido Lapa, Pagani, Lopes, Littera 7 seer espartido] seer espargido Lapa : seeres partido Pagani : seeres [‘s]pargido Lopes : seer espargido Littera 8 ensibidade] encividade Lapa, Lopes, Littera : encyvidade Pagani 11 [a]tan] tan Pagani 12 [tanto] ousas] tan muit’ousas Lapa, Lopes, Littera : [meter t’] ousas Pagani 13 que punhes sempre, antr’as outras cousas] om. Pagani 14 seeres] en seeres Lapa : [de] seeres Pagani 15 fazes] ffaces Pagani 17 t’e] te Lapa, Pagani, Lopes, Littera 19 queras] queiras Lapa, Lopes, Littera : que[i]ras Pagani 21 partido] parado Lapa, Lopes, Littera 23 sequer] se quer Lapa 24 no] no en Lapa : no·n Pagani
(I) Xa que te gabas de ter xuízo abondo para trobar ben e con bos argumentos, Fernan Chancon, non precisas de facer tenzóns como un ignorante aborrecido nin de te louvares como quen se autoengana, e (non precisas de) ser apartado das palabras torpes e da arrogancia e da maledicencia, (II) porque no mozo sempre se considera como ignorancia o feito de se gabar de ter moito xuízo e coñecemento; por iso che convén a ti, que es tan novo de idade, xa que te atreves cun razoamento tan elevado, que te esforces sempre, sobre as outras cousas, por te apartares da torpeza.
(III) Non coides que obras con cordura por ires así, como un ignorante, compor ousadamente unha tenzón e (non coides) que sabes trobar, antes arriscas niso a túa reputación; por iso non te enganes nesta cuestión, mais lémbrate sempre de te afastares da loucura.
(1) E posto que noutras cousas es calmo e mesurado, non fagas tenzóns; (así) tan sequera serás louvado naquilo en que ti non arriscas.
Esta cantiga foi feita a un galego que se chufaba de trobar e non o sabía facer ben, e meteuse con Estevan da Guarda nunha cantiga a modo de tenzón, e Estevan fíxolle esta cantiga; e el andaba sempre apartado e nunca lle entendeu a cantiga nin lle soubo responder a ela.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10’c 10’c 10’a (= RM 161:183) + 10’c 10’c 10’a
Encontros vocálicos: 4 torpe‿avurrido; 16 torpe‿entençar; 18 feito‿en
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ en bõa, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <huna> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Fernan Chancon é personaxe descoñecido (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Fernan Chancon). Talvez Chancon estea relacionado con chanca ‘pé grande, home con grande chanca’, atestado na lexicografía histórica portuguesa (Bento Pereira, Raphael Bluteau; véxase CLP, s.v. chanca); desde xeito, chancon sería equivalente ao actual chancudo ‘que tem os pés grandes’ (Figueiredo 1978: s.v. chancudo).
Na lingua trobadoresca percíbese a tendencia á asimilación e harmonización vocálica das secuencias [o...í] > [u...í], que afectan fundamentalmente a verbos do tipo fogir (vs. fugir), bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), nuzir (vs. nozir) ou destruir (vs. destroir), mais tamén a formas de participio, como avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.
O substantivo oufana (‘arrogancia, soberbia’), talvez de orixe provenzal, é forma utilizada na lingua medieval. Cfr., por exemplo, naõ reçeou sua oufana e sobejo desprezamento na Crónica de D. João I de Fernão Lopes (cfr. CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto).
Posfaço é substantivo creado por derivación regresiva de posfaçar, un proceso de acrecentamento lexical que na Idade Media presenta aínda escasa produtividade. Non existen máis atestacións na lingua das cantigas, mais é relativamente frecuente na Crónica Troiana.
A lección dos manuscritos (<seer espargando> B, <seer espargado> V) aconsella unha lectura seer espartido (cfr. seeres partido nos vv. 14 e 21), a partir do erro <ga>/<ti>, que lembra a confusión <g>/<tr> (cfr. tamén o frecuente erro <r>/<i>): traz <gaz> B, <piz> V (777.4), trobador <gobador> B, <trebador> V).
O participio espartido, de espartir ‘separar’, voz derivada de partir, xa está presente na rúbrica, para alén da súa aparición noutra cantiga de Estevan da Guarda:
El rapou barva e fez gran coroa
e cerceou seu topet’espartido
e os cabelos cabo do oido,
cuidand’aver per i egreja boa (1342.16).
Nótese, ademais, que nas seguintes estrofas propomos seeres partido en face de seer espartido. En calquera caso, existe un xogo de ambigüidade expresiva propositada, de modo que podería ser seer espartido ou seeres partido nas tres estrofas. A solución segmentativa que adoptamos vén indicada polas leccións manuscritas, coincidentes en BV: <seer espargando / espargado>, v. 7; <seeres partido>, v. 14; <seeres parado>, v. 21.
As leccións <ensy vidade> B, <ensy uitade> V constitúen outro locus criticus (sobre esta cuestión véxase Ferreiro 2018b), pois a partir de Lapa, que fixou a lectura encividade, as seguintes edicións acolleron a proposta do grande editor portugués, que deriva a voz do lat. incivilitatem (> *enciviidade) ‘incivilidade’, aínda que tamén apunta a un eventual “erro do copista, por endinidade, que seria forma mais corrente”.
No entanto, Montero Santalla propuxo unha interpretación alternativa para esa pasaxe da cantiga, a través da voz ensabidade ‘ignorancia, esquecemento, falta de saber’ a partir da súa documentación no Elucidário de Viterbo coa forma insabidade (Montero Santalla 2000: 619).
Con efecto, tal forma ten rexistro indirecto a través de Viterbo (1965-1966 [1798-1799]: s.v. insabidade); porén, a existencia da variante presente na cantiga de Estevan da Guarda é confirmada polo Tratado de Confissom, obra doutrinaria traducida no século XV en Portugal:
Item quẽ iura na cruz nõ sagrada, huũ ano de peendença e se iura per insibidade ou por costrãgimento, tres anos de peẽdemça (Machado 2003-2013: 39).
Por conseguinte, a partir de <ensy vidade> B, <ensy uitade> V, a única interpretación posíbel desta pasaxe problemática de Estevan da Guarda será ensibidade con perfecta coherencia semántica e xustificación paleográfica a partir dalgúns erros de copia nos apógrafos italianos. En primeiro lugar, podemos documentar o erro <u>~<v>/<b> ao longo de B e V: <savor> B sabor (114.17), <vẽ> B ben (205.2), <uen> V ben (884.3), <traualhe> V trabalh’e (1348.19), <ueeyro> V Beeito (1484.1) etc. E do mesmo xeito nestes dous cancioneiros é frecuente a confusión <t>/<d>, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana: <piuadꝯ> B, <priuatus> V (879.2), <poder> AB, <poter> V poder (901.10), <iulgade> B, <uilgate> V julgade (1019.13), <dal> B, <tal> V d’al (1227.19) etc. Finalmente, os dicionarios portugueses antigos que recollen este termo, sempre baixo a forma insabidade, son coincidentes en lle atribuír o valor de ‘ignorancia’ ao tempo que o cualifican sistematicamente de voz antiga ou anticuada (véxanse, por exemplo, Bluteau 1712-1721, Silva 1789, Vieira 1871-1874, ou Figueiredo 1978 [1939]).
A convivencia e intercambio entre as formas tan e atan (tanto e atanto, tal e atal) permite restaurar a isometría versal coa forma reforzada atal. Véxase nota a 83.7.
Embora punhar sexa utilizada habitualmente coa rexencia preposicional de ou en (véxase UC/Glosario, s.v.), tamén se rexistra a ausencia de preposición no corpus profano (cfr. e se vós ali punhades pojar, / nunca depois malandante seredes, 1526.20), convertendo en desnecesaria a reintegración preposicional proposta en Lapa (en) e Pagani (de).
As sistemáticas leccións <seeres partido/parado> nos vv. 7 e 14 aconsellan fixar seeres partido, admitindo a posibilidade dunha outra lección alternativa, en liña co v. 7 (seer espartido).
Tal como en 1632.16, nesta pasaxe torpidade presenta o valor de ‘torpeza’, alleo á connotación sexual (‘obscenidade’) das restantes atestacións nas cantigas profanas.
O texto fixado tradicionalmente para este verso, sen segmentación da conxunción copulativa (atrevendo-te que sabes trobar) levanta dous problemas (véxase Ferreiro 2019): todas as edicións parten do suposto do significado ‘gabar-se’ para atrever-se, non documentado, cos datos de que dispomos, en textos antigos nin modernos; por outra parte, o verso presenta unha anómala construción de atrever-se introducindo directamente unha oración con función de CD, fronte á súa constante aparición das preposicións a, de e en nestes casos (véxase UC/Glosario, s.v. atrever-se).
Coidamos que se pode restaurar a semántica habitual de atrever-se, como verbo reflexivo, por medio dunha segmentación da copulativa en t’e que semella resolver os problemas semántico-sintácticos do texto, ao ligar os verbos fazes (v. 15) e sabes (v. 17), ambos os dous dependentes de entendas (v. 15):
Non entendas que fazes i cordura
d’ires as[s]i come torpe entençar
atrevendo-t’e que sabes trobar.
Mantemos o queras da lección dos manuscritos por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), variante minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
Sei é a forma de P2 de imperativo de seer, con abondosas ocorrencias nos textos medievais (véxase CGPA), tanto nas Cantigas de Santa Maria como en obras posteriores. Eis algunhas mostras:
...: Coytada
moller, sey confortada,
ca Jesu, que vẽes buscar,
resurgiu madurgada (CSM 1.49).
mais a Virgen lle disse: "Sol non prendas espanto,
ca eu soon aquela que ás chamada tanto;
e sey ora mui leda, e un pouco falemos” (CSM 71.33).
–Filho, toda a terra que eu leixo, que he des Estorga ataa Leõ e ataa Coimbra, non percas della nẽ hũa cousa, ca eu a tomey cõ muyto trabalho. Filho, toma esforço do meu coraçõ e sey semelhavel a mỹ. [E] sey companheiro aos fidalgos e dalhes todos seus dereitos (Crónica Geral d’Espanha de 1344).
E o principe dos diaboos leuãtou-se da cadeyra ẽ que sya e foy-o receber e posse-o ẽ ella consigo, dizẽdo-lhe: Sey aquy pella hõrra que ouueste ẽno segle (Orto do Esposo).
E a raynha disse: Sey forte e nõ tomes noio por tã pouco, ca tu aueras a uinha (Tratado de Confissom).
Os dous cancioneiros italianos presentan o común erro <a>/<ti> que xera unha forma pseudocorrecta parado (mecanicamente reproducida en Lapa, Lopes e Littera) a substituír o lexítimo partido, xa proposto en Pagani. Os datos dos erros paleográficos nos apógrafos italianos mostran como é moi frecuente o erro <a>/<ti> (e <a>/<ci>); eis algunhas ocorrencias deste erro de copia: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.