I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 804-805); Blasco (1984: 213 [= LPGP 818-819]); Lopes (2002: 418); Marcenaro (2012b: 313); Littera (2016: II, 364).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 95); Machado & Machado (1949: I, 361-362); Fernández Pousa (1953: 27); Rios Milhám (2018a: II, 205).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 111-112); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 200).
2 ben] vē B 5 cedo] tedo B 8 bõa] bēa B 21 prender] p’\e/nder B
5 que] om. Lopes, Littera 9 enno] eno Michaëlis, Littera : ẽno Blasco : en’o Lopes 10 eno] no Michaëlis, Marcenaro 11 veerá] veera Marcenaro 12 mansa] mans(a) Michaëlis; fremosa] fermos(a) Michaëlis 13 ca] c’a Michaëlis, Marcenaro 18 [a] gran] gra[ve] Michaëlis 23 esto] est(o) Michaëlis 24 quanto ama] quant’ama Michaëlis, Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 100:14)
Encontros vocálicos: 10 ja‿eno, pode‿aver; 11 ve͜e·rá; 12 mansa‿e, fremosa‿e; 19 mi-‿a; 23 esto‿o·ir, 24 quanto‿ama
Con formato de cantiga de amor, esta composición forma parte dun grupo de cantigas heterodoxas do punto de vista relixioso, que se sitúan entre as cantigas de amor e os escarnios contra Deus (véxase Martínez Pereiro 1998).
Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, (eno/ena) que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica (enno/enna), anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 10.10, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).
Michaëlis e Marcenaro consideraron unha anómala crase en ca (véxase Ferreiro 2012b) porque, certamente, falta a preposición a para introducir o CI. Porén, é moi frecuente na lingua dos trobadores, precisamente perante ca, a ausencia do enlace co complemento indirecto: ca Gris furtaran tanto ... (481.3), ca Don Fernando conteceu assi (1393.15) etc. Véxase, tamén, nota a 44.13.
Por outra parte, a variante menguar (tamén en 1317.9, 1318.2, 1389.12 e 1624.9), sen pechazón da vogal palatal inducida pola nasal trabante (Ferreiro 1999: §13b.2), convive coa forma maioritaria minguar e con outras variantes aínda menos utilizadas, como mingar (véxase nota a 1415.30) e mengar (véxase nota a 865.1). Cfr. nota a 11.17.
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.