I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 165 [= LPGP 247]); Pagani (1971: 98); Lopes (2002: 494); Littera (2016: I, 261).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 308); Braga (1878: 169); Machado & Machado (1958: VI, 26).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 241).
2 andar] amidar V 3 e] et V 4 aqui ... e] aqy ... et V; criou] crieu B 5 e] et V 6 gran] grã B; serviu e afanou] ƥmo et fanou V 7 der[e]it’en] dytē B : d’ytē V 8 e] et V 9 percalçar] ꝑ calcal B : per calzar V 10 percalçou] ꝑ calcou B 12 gran] grã B; e] et V
Lopes non indica existencia de refrán.
3 e] et Pagani 4 naceu] nasceu Lopes, Littera; e] et Pagani 6 e] et Pagani 8 e] et Pagani 11 a] o Pagani 12 e] et Pagani
(I) Eu vexo Álvar Rodríguiz queixarse moito porque se sente andar minguado aquí e pensa que lle ía mellor alén mar do que lle vai aquí, onde naceu e se criou; e por isto di que quere tornar a onde serviu e traballou con afán hai moito tempo.
(II) El pensa que fai ben en se queixar, pois non lle vale servir e traballar nin pode aquí alcanzar unha saída como alcanzou alén mar polo seu servizo; por iso, no seu momento, se quere ir para onde serviu e traballou con afán hai moito tempo.
Esquema métrico: 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= RM 13:15)
Encontros vocálicos: 2 men·gu͜a·d’an·dar; 4 aqui,‿u, cri·ou
Esta cantiga, con Alvar Rodriguiz como personaxe central, forma parte dun ciclo composto por cantigas de Estevan da Guarda (UC 1317, 1319, 1334, 1335), así como na cantiga UC 1446 de Don Pedro de Portugal, onde Alvar Rodriguiz é definido como monteiro maior. En calquera caso, na rúbrica que antecede a cantiga do conde aparece a chave da interpretación dos equívocos sexuais deste conxunto relativos á circuncisión de Alvar Rodriguiz, pois nela dise que este personaxe afirmaba que estivera un tempo “alén mar”, isto é, no norte de África, e que “fora aló mouro”, isto é, que se convertera ao islamismo. A este respecto, cómpre destacar que, no marco da coexistencia das tres relixións monoteístas na Iberia medieval, o cristianismo, o xudaísmo e o islam, a circuncisión estaba fortemente connotada desde o punto de vista cultural e relixioso, marcando unha especial diferenza entre os cristiáns, dunha banda, e os xudeus e musulmáns, por outra. Desta forma, a circuncisión dun cristián podería tomarse como indicio da súa condición de xudaizante ou criptomusulmán.
Verdadeiramente, Alvar Rodriguiz é un personaxe descoñecido, aínda que no Projeto Littera (s.v. Alvaro Rodrigues) se apuntou, con moitas dúbidas, a Álvaro Rodrigues Redondo, descendente do trobador Rodrig’Eanes Redondo. Ese personaxe aparece nomeado no Nobiliario do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: II/1, 392) como criado de D. Álvaro Gonçalves Pereira, prior dos Hospitalarios e do Crato (véxase tamén Marcenaro & Gonçalves 2024: s.v. Alvar Rodriguiz).
A variante menguar (tamén en 205.13, 1389.12 e 1624.9), sen pechazón da vogal palatal inducida pola nasal trabante (Ferreiro 1999: §13b.2), convive coa forma maioritaria minguar e con outras variantes aínda menos utilizadas, como mingar (véxase nota a 1415.30) e mengar (véxase nota a 865.1). Cfr. nota a 11.17.
Alen mar indica, tal como acontece na rúbrica da última cantiga do ciclo (UC 1446), o Norte de África, a diferenza doutras composición onde alude á Terra Santa.
Resulta sorprendente a aparición do verbo criar utilizado como verbo intransitivo (talvez a métrica axude a explicar a ausencia do esperado pronome se), habitualmente transitivo ou pronominal.
O verbo afanar presente no refrán de Estevan da Guarda é tardío, conforme os datos subministrados polo Corpus Galego-Portugués Antigo, que fornece as primeiras documentacións desta voz na segunda metade do século XIV (véxase CGPA, s.v. afanar ~ affanar), coa excepción do participio na Crónica Geral d’Espanha de 1344 (ed. Cintra):
E Almançor veeo entõ a Leon e cercou a cidade e jouve sobre ella muy affanado, por que cuydava que a guaanharia muy cedo.
Esta cronoloxía acentúa o probábel xogo no refrán entre afanar / a fanar (= a cortar), xunto con menguado (v. 2), cun duplo sentido burlesco para se referir ao seu pene circuncidado (fanado), que nos reinos cristiáns se vería minguado, o que non acontecería en terras musulmás.
Percalçar é voz hoxe desusada (só sobrevive no port. percalço), mais de uso frecuente na lingua medieval (véxase CGPA, s.v.).