I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 206); Blasco (1984: 147 [= LPGP 828-829]); Marcenaro (2012b: 233); Littera (2016: II, 353).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 89); Carter (2007 [1941]: 59); Marques Braga (1945: 188-189); Machado & Machado (1949: I, 334-335); Fernández Pousa (1953: 17); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 191).
2 me] mj B 4 me] mj B 6 vos] uus A 8 este] est A 10 si Deus de mal m’ampar] se d’s mj demal manpar B 12 punn’en al] punheal B 13 coraçon] coraço B 14 me] om. A 15 m’aver] mhau’ B
6 vos] vus Michaëlis, Blasco 14 Amor] amor Michaëlis, Marcenaro, Littera 15 m’aver] mi-aver Michaëlis
(I) Por Deus, señora, eu xa non teño poder para non falar de todo o mal que sufro por vós, que amo máis que a nada no mundo, (e) que Deus me fixo amarvos, para o meu mal, porque me facedes perder a cordura e o sono, señora, e prácevos iso, e tráeme en gran coita o vosso amor: todo este mal me vén por vós, señora.
(II) Amor faime vivir en tal coita por vós, señora, así Deus me ampare de mal, cal eu nunca poderei mostrar mentres viva, aínda que non me esforce noutra cousa; e a vós satisfaivos iso profundamente, porque Amor me despreza tanto e fai que eu sinta desexo da miña morte: todo este mal me vén por vós, señora.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10b 10b 10c 10C (I [= RM 153:1]) + 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d 10D (II [= RM 168:2])
Estes dous versos aparecen integrados literalmente nunha cantiga de Vaasco Rodriguez de Calvelo (893.15-16).