191 [= RM 125,33]
Par Deus, sennor, ja eu non ei poder

Par Deus, sennor, ja eu non ei poder
de non dizer de quanto mal me ven
por vós, que quero mellor d’outra ren,
que me fez Deus, por meu mal, ben querer,
ca me fazedes ja perder o sén
e o dormir, sennor, e praz-vos én,
e trage-m’en gran coita voss’amor:
tod’este mal me por vós ven, sennor.
Amor me faz viver en coita tal,
por vós, sennor, si Deus de mal m’ampar,
qual eu ja nunca poderei mostrar
mentre viver, pero non punn’en al;
e a vós praz de coraçon por én,
porque me trag’Amor tan en desden
e faz-m’aver de mia morte sabor:
tod’este mal me por vós [ven], sennor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


A 98, B 205

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 206); Blasco (1984: 147 [= LPGP 828-829]); Marcenaro (2012b: 233); Littera (2016: II, 353).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 89); Carter (2007 [1941]: 59); Marques Braga (1945: 188-189); Machado & Machado (1949: I, 334-335); Fernández Pousa (1953: 17); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 191).

Variantes manuscritas


2 me] mj B   4 me] mj B   6 vos] uus A   8 este] est A   10 si Deus de mal m’ampar] se d’s mj demal manpar B   12 punn’en al] punheal B   13 coraçon] coraço B   14 me] om. A   15 m’aver] mhau’ B

Variantes editoriais


6 vos] vus Michaëlis, Blasco   14 Amor] amor Michaëlis, Marcenaro, Littera   15 m’aver] mi-aver Michaëlis

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, eu xa non teño poder para non falar de todo o mal que sufro por vós, que amo máis que a nada no mundo, (e) que Deus me fixo amarvos, para o meu mal, porque me facedes perder a cordura e o sono, señora, e prácevos iso, e tráeme en gran coita o vosso amor: todo este mal me vén por vós, señora.

(II) Amor faime vivir en tal coita por vós, señora, así Deus me ampare de mal, cal eu nunca poderei mostrar mentres viva, aínda que non me esforce noutra cousa; e a vós satisfaivos iso profundamente, porque Amor me despreza tanto e fai que eu sinta desexo da miña morte: todo este mal me vén por vós, señora.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10b 10b 10c 10C (I [= RM 153:1]) + 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d 10D (II [= RM 168:2])

Notas


Texto
  • 3-4

    Estes dous versos aparecen integrados literalmente nunha cantiga de Vaasco Rodriguez de Calvelo (893.15-16).

  • 10

    No que di respecto ao verbo amparar, só en limitadas ocasións B presenta lección coincidente con A (tamén en 72.3 e 317.21), pois o Cancioneiro da Biblioteca Nacional prefire a variante emparar. Véxanse notas a 310.15 e 506.18.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado