I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 276-277 [= LPGP 927-928]); Lopes (2002: 451); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 161); Littera (2016: II, 484-485).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 109); Carter (2007 [1941]: 82-83); Marques Braga (1945: 259-260); Machado & Machado (1950: II, 30-31); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 242).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 93-94); Alvar & Beltrán (1989: 246-247); Pena (1990: 46-47); Alvar & Talens (2009: 524).
2 vej’] ueio B 3 servir] seuir B 5 querrei] queirei B 6 querrei] queirey B 7 sempr’u] senpr(e) u A 8 que quero mui] a q̄ q̄ro B 15 oje máis de] oro mays d’ B 16 sõo] soo B 17 morrerei] moirerey B 20 outras] outra\s/ A 22 coid’eu a morrer] cuydeu amoirer B
7 poder] puder Lopes, Littera 8 que] a que Lopes, Littera; mui] om. Lopes, Littera 15 oje] hoj’o Lopes, Littera : oj’o Lorenzo Gradín & Marcenaro 22 coid’] cuid’ Littera
(I) Pola miña señora fermosa quero eu ben a cantas donas vexo, e sinto un gran desexo de as servir pola miña señora, que amo moito, e farei unha cousa: porque son donas, querereilles facer servizo sempre e querereinas ver sempre que puider e falar ben delas (II) pola miña señora, que amo moito, e que servirei xa mentres eu viva; mais agora, en canto non vir a miña señora, servirei as outras donas por iso, porque nunca vexo un pracer tan grande como o de velas, pois non podo ver a miña señora, que amo, (III) pois, sen dúbida, este é o maior ben que hoxe teño, aínda que sei que así morrerei pola miña señora vendo as outras, perdendo a razón por vela a ela, a quen Deus quixo facer señora das outras en beleza e en falar ben e en calquera outro ben.
(1) E por esta coido eu morrer, a quen Deus fixo, para o meu mal, tanto ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10a (= RM 161:97)
Por máis que nas edicións precedentes non exista ligazón sintáctica entre as estrofas, o texto de Roi Queimado é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 15.
Do punto de vista métrico, débese facer constar como a palabra rimante dos versos inicial e final de cada cobra, ben, se repite nas tres estrofas e é retomada tamén no verso conclusivo da fiinda. Tamén o rimante do terceiro verso, mia sennor, é común ás tres cobras.
Na expresión partitiva máis de ben, que se pode achar noutros trobadores e noutras cantigas (30.17, 242.15), percíbese unha omisión do artigo (véxase nota a 11.23) ben similar á de 237.16, tamén de Roi Queimado ,polo que parecería un trazo de estilo consciente deste autor; o artigo está presente, non obstante, na lección de B («est’é or’o máis de ben...»), así como nun contexto moi similar noutra cantiga:
E, se eu est’ouvess’, averia
o máis de ben que eu querri’aver (236.8-9).
Neste sentido, a lección dos editores precedentes, que se basean en B, é errada ao optaren por (h)oje en lugar do or(a) do Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
O pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.