275 [= RM 79,8]
As graves coitas, a quen as Deus dar

As graves coitas, a quen as Deus dar
quer, e o mal d’amor, gran ben faria
se lle desse, pero non lle daria,
con quen ousasse en sas coitas falar
en tal guisa que llo non entendesse
con quen o falass’e que se doesse
del, mais non sei de Deus se poderia.
Pero sei ben, aquant’é meu coidar,
a quen esto desse ca lle daria
máis longa vida e que lli faria
daquelas coitas aver máis vagar;
e non sei al per que sén non perdesse
que máis ouvesse e cedo non morresse,
e per esto cuido que viveria.
Destas coitas eu podia falar
come quen as padece cada dia,
mas non é tempo ja nen me valria;
mais guarde-se quen se poder guardar,
e non s’esforce en sennor que prendesse,
a mellor, nen que mellor parecesse
deste mundo, ca peor lli faria!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 167, B 319

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 334-335 [nº 167-168] [= LPGP 527-528]); Correia (2001: 353); Littera (2016: I, 601-602).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117); Carter (2007 [1941]: 100-101); Marques Braga (1945: 314-315); Machado & Machado (1950: II, 64-65); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 275).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 89-90); Torres (1977: 172); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 119).

Variantes manuscritas


3 lle desse] lhi desse B; lle daria] lhi daria B   4 ousasse] oussasse A; en] om. B   6 con quen o falass’e que] con queno falasse (e)que A : Con quen as falasse · que B; doesse] dosse B   7 de] {de} A   8 coidar] cuydar B   9 a quen] A ꝙʷ B; lle] lhi B   11 vagar] uagwr B   12 sén] se B   13 que máis ouvesse e cedo non morresse] Sse as ouuesse e cedo non moiresse B   14 viveria] uiuiria A   15 Destas] estas A   17 mas] Mays B; nen] om. A; me valria] mj ualiria B   18 guarde-se] gʷdesse B; poder] pode B   19 esforce en] esforçen B; que] q A   20 que] {} A   21 peor] peyor B

Variantes editoriais


As cantigas 275 e 276 constitúen unha única composición (tres estrofas e cinco fiindas) en Michaëlis e Littera.

4 ousasse en] ousass(e) en Michaëlis : ousass’en Correia, Littera   6 falasse e] falass(e) e Michaëlis : falass’, e Correia, Littera   8 coidar] cuidar Littera   10 lli] lh’i Michaëlis   13 que] que[n] Michaëlis; ouvesse e] ouvess(e) e Michaëlis : ouvess(e)’, e Correia : houvess’, e Littera   17 mas] mais Michaëlis   19 esforce en] esforc(e) en Michaëlis : esforc’ en Correia : esforc’em Littera   21 lli] lh’i Michaëlis   22-30 Véxase cantiga 275bis

Paráfrase


(I) A quen Deus quere dar as graves coitas e o mal de amor, faría gran ben se lle dese –aínda que non lle daría– con quen ousase falar das súas coitas de tal maneira que aquel con quen o falase non llo entendese, e que se doese del, mais non sei se Deus podería.

(II) Porén, sei ben, na miña opinión, que a quen isto lle concedese lle concedería unha vida máis longa e que lle faría levar aquelas coitas con máis sosego; e non coñezo outra cousa pola que non perdese a cordura, aínda que máis tivese e cedo non morrese, e por isto penso que viviría.

(III) Destas coitas eu podía falar como quen as padece cada día, mais non é tempo xa nin me valería de nada; mais gárdese quen se puider gardar, e non se esforce na señora que tome, a mellor e a que máis bela fose deste mundo, pois peor lle faría!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10’b 10’b 10a 10’c 10’c 10’b (cfr. RM 163:23)

Encontros vocálicos: 4 ousasseen; 13 ouvessee; 19 esforceen

Notas


Texto
  • *

    Fronte á consideración da existencia dunha única composición a partir de A 167 + A 168 que Carolina Michaëlis estabeleceu, aínda que con dúbidas, Ângela Correia confirmou a realidade de dúas cantigas diferentes (Correia 2001: 347-351). Véxase nota á cantiga 275bis.

  • 8

    En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (228.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 549.14, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).

  • 14

    A lección <uiuiria> de A podería constituír un lapso de escrita do copista, en que <e> fose substituído por <i> pola influencia dos <i> contiguos. En calquera caso, a lección de B confirma viveria como opción editorial de preferencia neste caso, coherente coa ausencia de harmonización vocálica nas formas arrizotónicas de viver no corpus da poesía profana.

  • 21

    Nesta cantiga, como noutras, B (e V) ofrecen a variante peior (típica dos apógrafos italianos) fronte á forma peor, única que se rexistra no Cancioneiro da Ajuda (65.32, 91.14, 275.21, 387.r2, 812.2 e 13).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado