390 [= Tav 70,10]
Amigos, quero-vos dizer

Amigos, quero-vos dizer
a mui gran coita’n que me ten
ũa dona que quero ben
e que me faz ensandecer;
e catando po-la veer
assi and’eu, assi and’eu,
assi and’eu, assi and’eu,
assi and’eu, assi and’eu...
E ja m’eu consello non sei,
ca ja o meu adubad’é,
e sei mui ben, per bõa fe,
que ja sempr’assi andarei:
catando se a veerei,
assi and’eu, assi and’eu,
[assi and’eu, assi and’eu,
assi and’eu, assi and’eu...]
E ja eu non posso chorar,
ca ja chorand’ensandeci,
e faz-mi Amor andar assi
como me veedes andar:
catando per cada logar,
assi and’eu, assi and’eu,
[assi and’eu, assi and’eu,
assi and’eu, assi and’eu...]
E ja o non posso negar:
alguen me faz assi andar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


A 233, B 423, V 35

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 454-455); Nobiling (2007 [1907]: 74-75 [= LPGP 442-443]); Littera (2016: I, 512-513).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 20-21); Braga (1878: 7); Carter (2007 [1941]: 135); Machado & Machado (1950: II, 242-24); Domingues (1992: 29); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 390).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 35-36); Sansone (1990: 122); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 94).

Variantes manuscritas


1 Amigos] A migus V; vos] uos A   2 mui gran coitan que me ten a / mui gran coitan que me ten : muj gram coytam q̄ me ten B : mui gram coytan que me ten V   3 ũa] hnnha B : hunha V   5 catando] cantando B   6 assi and’eu] [A]assy andeu A   8 assy andeu A : assy andeu assy andeu / (assy andeu assy andeo) V   9 ja m’eu] ia en B : ia eu V   11 bõa] boa A   13 catando] cantando B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   8 om. Michaëlis, Nobiling   16 om. Michaëlis, Nobiling   19 Amor] amor Littera   24 om. Michaëlis, Nobiling

Paráfrase


(I) Amigos, quérovos dicir a moi gran coita en que me ten unha muller que amo e que me fai tolear; e fitando para a ver así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu...

(II) E eu xa non coñezo solución, pois o meu caso xa está resolto, e sei moi ben, abofé, que xa sempre así andarei: fitando por se a verei, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu...

(III) E xa eu non podo chorar, pois chorando xa enlouquecín, e faime Amor andar así como me vedes andar: fitando por cada lugar, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu, así ando eu...

(1) E xa non o podo negar: alguén me fai así andar.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C 8C + 8a 8a (cfr. Tav 139:16)

Encontros vocálicos: 19 mi‿Amor

Notas


Texto
  • *

    Como acontece noutras cantigas de Joan Garcia de Guilhade, o refrán reitera a palabra rimante (eu). Véxanse, tamén, as cantigas 385 (vi), 393 (aqui), 397 (veen), 757 (alguen), 766 (diremos), 782 (verra).

  • 2

    En A este verso aparece copiado dúas veces, en scripta continua, a primeira delas sen o artigo inicial a, como nas versións de B e V. Neste verso, por outra parte, comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 5

    A forma cantando de B, que se reitera no v. 13, semella un erro por catando, xa que non aparece na derradeira estrofa, ao tempo que o ton xeral da cantiga parece excluír a opción por cantar.

  • 8

    O Cancioneiro da Ajuda, a diferenza de BV, só copia un hemistiquio deste verso terceiro do refrán, que deberá ser completado pola presenza do verso completo nos apógrafos italianos, pois a abreviación do refrán nas seguintes estrofas desaconsella calquera outra decisión editorial, como a de Nobiling e Michaëlis, que editan un refrán de só dous versos. Este refrán guilhadiano semella a versión masculina do leda mi and’eu da cantiga 656 de Nuno Fernandez Torneol, ao tempo que assi and’eu aparece cun uso recorrente no inicio dos vv. 1 e 6 de todas as estrofas da cantiga 1549 de Gil Perez Conde.

  • 10

    O meu equivale a ‘os meus asuntos’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado