416 [= RM 50,7]
Pois Deus non quer que eu ren poss’aver

Pois Deus non quer que eu ren poss’aver
de vós, sennor, senon mal e afan,
e os meus ollos gran coita que an
por vós, sennor, se eu veja prazer,
ir-m’-ei d’aqui, pero ũa ren sei
de min, sennor: ca ensandecerei.
E, mia sennor fremosa de bon prez,
pero vos amo máis ca min nen al,
pois Deus non quer que aja senon mal
de vós, par Deus, que vos muito ben fez,
ir-m’-ei d’aqui, pero ũa ren sei
[de min, sennor: ca ensandecerei].
E, pero vos amo máis d’outra ren,
sennor de mí e do meu coraçon,
pois Deus non quer que aja se mal non
de vós, sennor, assi Deus me dé ben,
ir-m’-ei d’aqui, pero ũa ren sei
[de min, sennor: ca ensandecerei]
por vós, que eu muit’am’e amarei
máis de quant’al vejo nen veerei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 257, B 434, V 46

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 505); Lanciani (1977: 47 [= LPGP 336-337]); Littera (2016: I, 375).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 24); Braga (1878: 9); Carter (2007 [1941]: 151); Machado & Machado (1950: II, 259); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 416).

Variantes manuscritas


1 poss’] possa BV   1-2 poss’aver / de vós, sennor] poss auer(da)de uos (direi) sennor A   6 min] mj B : mi V   7 E] om. A; prez] parecer BV   8 pero] pero {q̄} A; min] mj B : mi V   10 par] pᵉ BV   11 ir] r A   13 E] om. A   14 mí] mj̄ BV; coraçon] coracō B   16 me] mj B : mi V

Variantes editoriais


1 poss’aver] possa aver Lanciani   6 min] mi Lanciani   8 vos] vus Michaëlis, Lanciani; min] mi Lanciani   10 par] por Lanciani; vos] vus Michaëlis, Lanciani   12 min] mi Lanciani   13 vos] vus Michaëlis, Lanciani   14 mí] mim Littera   16 me] mi Lanciani; dé] dê Michaëlis, Lanciani, Littera   18 min] mi Lanciani

Paráfrase


(I) Pois Deus non quere que eu poida recibir nada de vós, señora, agás mal e afán, e a gran coita que os meus ollos teñen por vós, señora, así eu vexa pracer, ireime de aquí, aínda que unha cousa sei de min, señora: que perderei a cordura.

(II) E, miña señora fermosa e de boa fama, aínda que vos amo máis que a min nin a calquera outra cousa, pois Deus non quere que reciba de vós (outra cousa) agás mal, por Deus, que moito ben vos fixo, ireime de aquí, aínda que unha cousa sei de min, señora: que perderei a cordura.

(III) E aínda que vos amo máis que a calquera outra cousa, señora de min e do meu corazón, xa que Deus non quere que eu teña de vós máis que mal, señora, así Deus me dea ben, ireime de aquí, aínda que unha cousa sei de min, señora: que perderei a cordura (1) por vós, que eu moito amo e amarei máis que todo canto vexo nin verei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:64)

Notas


Texto
  • 4

    Na frase formularia se eu veja prazer é a única vez no corpus en que o pronome suxeito eu se atesta. Véxase nota a 79.16.

  • 7

    O lapso no final do verso na copia de BV  vén provocado pola frecuencia do sintagma (fremosa) de bon parecer

  • 8

    Neste verso, a corrección do revisor é errada, pois a incorporación de que para unha locución conxuntiva pero que provocaría hipermetría no verso.

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 14

    Este mesmo verso co vocativo senhor de mí e do meu coraçon, aparece en 276.9 (Joan Soarez Coelho), 328.1 (Rodrig’Eanes de Vasconcelos) e 444.15 (Anónimo). Cfr. nota a 276.9.

  • 20

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado