426 [= Tav 17,3]
Par Deus, senhor, gran dereito per-é

Par Deus, senhor, gran dereito per-é
de mi quererdes mal de coraçon,
ca vos fui eu dizer, per boa fe,
que vos queria ben, senhor, e non
soub’eu catar qual pesar vos dizia
nen quanto mal me pois por én verria.
Non me guardei de vos dizer pesar
quando vos diss’, assi Deus mi perdon,
que vos queria gran ben; mais osmar
podedes vós, se quiserdes, que non
soub’eu catar qual pesar vos diria
[nen quanto mal me pois por én verria],
ca me fezestes vós perder o sén
porque me non soub’eu guardar enton
de vos dizer que vos queria ben;
mais valh’a mí contra vós porque non
soub’eu catar qual pesar vos diria
[nen quanto mal me pois por én verria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 445, V 57

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 39-40); Lanciani (1974: 110-111 [= LPGP 137-138]); Littera (2016: I, 143-144).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 27-28); Braga (1878: 11); Machado & Machado (1950: II, 278-27); Rios Milhám (2018b: III, 426).

Variantes manuscritas


5 soub’eu] seubon B : seu bō V; dizia] diziam B : diziam̄ V   6 verria] ueiria BV   7 guardei] guardeu BV   11 eu] en B   14 eu] en B   17 eu] en B; qual] ꝯ̄l V

Variantes editoriais


3 vos] vus Lanciani   4 vos] vus Lanciani   5 vos dizia] vus diria Lanciani   6 me] om. Nunes; por] per Lanciani   7 vos] vus Lanciani   8 vos] vus Lanciani   9 vos] vus Lanciani   11 vos] vus Lanciani; diria] dizia Nunes, Littera   12 me] om. Nunes; por] per Lanciani   13 fezestes] fazestes Lanciani   14 porque] perque Lanciani : per que Littera   15 vos ... vos] vus ... vus Lanciani   16 valh'a mí] valha-mi Nunes, Lanciani : valha-m'i Littera; porque] perque Lanciani   17 vos] vus Lanciani; diria] dizia Nunes, Littera   18 me] om. Nunes; por] per Lanciani

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, certamente é moi xusto que me odiedes de corazón, porque vos eu fun dicir, abofé, que vos amaba, señora, e non me souben eu decatar de canto pesar vos dicía nin de canto mal me despois por iso viría.

(II) Non evitei dicirvos pesar cando vos dixen, así Deus me perdoe, que vos amaba; mais xulgar podedes vós, se quixerdes, que non me souben eu decatar de canto pesar vos dicía nin de canto mal me despois por iso viría, (III) pois vós me fixestes perder o xuízo porque non souben eu entón evitar dicirvos que vos amaba; mais vállame (como defensa) contra vós que non me souben eu decatar de canto pesar vos dicía nin de canto mal me despois por iso viría.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10’C 10’C (= Tav 99:29)

Notas


Texto
  • 5

    Ao erro <ou>/<eu>, presente en diversas pasaxes dos apógrafos italianos (<meuro> mouro 493.15; <crieu> B criou 1318.4; <gurdeu> V guardou 1335.8; <eutra> B outra 1458.4; <eu> V ou 1496.10; <Eu> B ou 1588.24; <eu> V ou 1681.7), hai que acrecentar o erro <ou>/<õ> en V (véxase nota a 116.2). Porén, parece globalmente un lapso en que seu bon substituiría soub’eu.

  • 5-6

    Perante a evidente variación no refrán (dizia I vs. II-III diria), os editores nivelaron sobre dizia (Nunes; Littera) ou sobre diria (Lanciani). Porén, de acordo coa unánime lección dos manuscritos, mantemos a antecitada variación temporal da forma verbal (véxase nota a 280.15; cfr. nota a 27.4). Deste modo, na primeira estrofa, en presente, o trobador non foi consciente do pesar que lle estaba a causar ao dicirlle que a amaba, e nas estrofas II e III non foi consciente do pesar que lle causaría ao dicirlle que a amaba.

  • 13

    Fazestes en Lanciani debe ser un erro de imprenta.

  • 16

    Optamos por considerar tónica a forma pronominal e segmentar a preposición a, confirmando o acento na 4ª sílaba e de acordo con outros contextos similares: e vall’a mí bon sén que vós avedes (146.3), nunca me vall’a min Nostro Sennor (370.4), nunca me vall’a min Nostro Sennor (370.4) (cfr. nota a 81.16). Véxase Monteagudo 2019: 111-113.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado