49 [= Tav 46,8]
Vedes, senhor, u m’eu parti

Vedes, senhor, u m’eu parti
de vós e vos depoi[s] non vi,
ali tenh’eu o coraçon:
en vós, senhor, e [en] al non.
U vos eu vi fremosa estar
e m’ouvi de vós a quitar,
ali tenh’eu o coraçon:
[en vós, senhor, e en al non].
U vos eu vi fremosa ir
e m’ouvi de vós a partir,
ali tenh’eu o coraçon:
[en vós, senhor, e en al non].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 76

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 710); Martínez Pereiro (1992: 43 [= LPGP 312-313]); Littera (2016: I, 343).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 25); Machado & Machado (1949: I, 101); García (2001: 35); Rios Milhám (2017: I, 49); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 56).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 29); Diogo (1998: 22).

Variantes manuscritas


5 estar] est͂j B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   5 vos ... estar] vus ... (e)star Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Vede, señora, no momento e lugar en que eu me separei de vós e vos non vin despois, alí teño eu o corazón: en vós, señora, e noutra cousa non.

(II) No momento e lugar en que eu vos vin estar fermosa e me tiven que afastar de vós, alí teño eu o corazón: en vós, señora, e noutra cousa non.

(III) No momento e lugar en que eu vos vin ir, fermosa, e me tiven que separar de vós, alí teño eu o corazón: en vós, señora, e noutra cousa non.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8B 8B (= Tav 37:55)
Encontros vocálicos: 5 fremosa‿estar

Notas


Texto
  • 4

    Introducimos en no sintagma e en al non (que lembra a repetida frase e por al non), dado que o enlace permite restaurar de mdo conveniente a sintaxe e a medida do verso.

  • 5

    A única interpretación posíbel para a estraña lección de B é estar, forma infinitiva esixida pola rima.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado