I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 35); Nunes (1972 [1932]: 120-121); Gonçalves (2016 [1991]: 160 [= LPGP 201-202]); Eirín (2015: 139); Littera (2016: I, 183-184).
II. Outras edicións: Moura (1847: 48-49); Monaci (1875: 49); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 77); Sharrer (1991: 21-22); Montero Santalha (1997: 234); Júdice (1997: 108); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 138-139).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 48).
4 seu] sen B 5 tamanho] tambano B : camanho V 6 seu] om. V; mandad’oir] mandado hir BV; vi] uir B : uyr V : [*]yr T 10 con] cū B 11 tamanho] camanho BVT 13 erro] eiro B 15 gran] g̃ra B1
3 ei] [s]ey Nunes; m’assalvar] m’a salvar Lang 5 tamanho] camanho Lang 6 sen] om. Lang; mandad’oir] mandado oi Lang 11 tamanho] camanho Lang 12 sen] om. Lang; mandad’oir] mandado oi Lang; non] mon Nunes 14 lhi] lhe Gonçalves 15 se mi a sa gran mesur’a [mí] non val] me a sa [mui] gran mesura non val Lang : mi a sa gran mesura non val Gonçalves, Littera : mi a [mí] sa gran mesura non val Eirín 17 tamanho] camanho Lang 18 sen] om. Lang; mandad’oir] mandado oi Lang 19 E] om. Gonçalves 20 min] mi Lang, Nunes
(I) Non sei como me xustificar perante a miña señora se Deus me leva perante os seus ollos, pois, por Deus, non vexo como xustificarme para que non me xulgue como traidor contra ela, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.
(II) E sei eu moi ben no meu interior o que a miña señora fará así que perante ela for: ha de xulgarme como traidor a ela, con moita razón, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.
(III) E xa que o meu erro foi tan grande que lle fixen un agravio tan descomunal, se non me axuda a súa mesura, ha de xulgarme como traidor contra ela, pois tanto tempo hai xa que seguín vivo sen ouvir os mandados dela e que non a vin.
(1) E, se así for o xuízo, ai de min, infeliz, que vai ser de min?
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:22)
Encontros vocálicos: 15 mi‿a
Neste verso rexístrase a única aparición da variante assalvar ‘xustificar, desculpar’, con a- protético (véxase a diferente segmentación e conseguinte interpretación de Lang), que podemos encontrar nas cantigas trobadorescas, en coherencia coa escasísima aparición na lingua medieval, pois nos bancos de datos lexicais só localizamos unhas poucas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.). Véxase nota a 35.12.
A versión langiana do refrán é certamente defectuosa, condicionada pola dependencia de V.
Perante a hipometría (pola inevitabilidade da sinalefa mi‿a), resolvemos co pronome mí a hipometría do verso (cfr. mesur’a mí nen mercee non val, 883.r3). Con todo, o recurso á construción pleonástica mi a mí, existente no corpus, tamén sería posíbel.
Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.