538 [= Tav 25,45]
Mesura seria, senhor

Mesura seria, senhor,
de vos amercear de mí,
que vos en grave dia vi,
e én mui grav’é voss’amor,
tan grave que non ei poder
d’aquesta coita máis sof[r]er,
de que, muit’á, fui sofredor.
Pero sabe Nostro Senhor
que nunca vo-l’eu mereci,
mais sabe ben que vos servi,
des que vos vi, sempr’o melhor
que nunca [eu] pudi fazer;
por én querede-vos doer
de min, coitado pecador.
Mais Deus, que de tod’é senhor,
me queira põer conselh’i,
ca, se meu feito vai assi
e m’El non for ajudador
contra vós, que El fez valer
máis de quantas fezo nacer,
moir’eu, mais non merecedor.
Pero, se eu ei de morrer
sen vo-lo nunca merecer,
non vos vej’i prez nen loor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 521b, V 124

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 42 [= LPGP 197-198]); Nunes (1972 [1932]: 142-143); Eirín (2015: 163); Littera (2016; I, 190-191).
II. Outras edicións: Moura (1847: 65-67); Monaci (1875: 53); Braga (1878: 25); Machado & Machado (1952: III, 102-103); Júdice (1997: 119); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 42); Torres (1977: 239); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 45).

Variantes manuscritas


6 sof[r]er] sof’ B : sof V   7 de] E B   18 ajudador] auidador B   22 morrer] moirer B

Variantes editoriais


2 vos] vós Lang   3 vos] vós Lang   4 grav’é] grave Lang, Nunes   10 vos] vós Lang   16 põer] poer Lang

Paráfrase


(I) Sería de xustiza, señora, terdes piedade de min, que en mal día vos vin e por iso me causa moito dano o amor por vós, tan grave que non teño poder para sufrir máis esta coita que sufro xa hai moito tempo.

(II) Pero sabe Noso Señor que eu nunca merecín de vós isto, mais sabe ben que, desde que vos vin, vos servín sempre o mellor que eu puiden; por iso, querede ter dó de min, pobre infeliz.

(III) Mais queira Deus, que é señor de todo, darme algún consello sobre iso, pois se o meu caso segue así e El non me axudase contra vós, a quen El fixo valer máis de cantas outras fixo nacer, eu morro, mais sen merecelo.

(1) Mais, se eu hei de morrer sen merecelo, non vos vexo niso mérito ou louvor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a + 8c 8c 8a (= Tav 161:236)

Notas


Texto
  • 2

    O verbo amercear-se ‘ter mercé de alguén, condoerse’ semella unha voz en principio poética, pois inicialmente só se atesta en Don Denis (véxase tamén 539.16) e mais nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. amerce͂ar), aínda que nos textos prosísticos portugueses do século XV se rexistra con certa frecuencia (véxase CdP, s.v.).

  • 4

    O texto ofrecido por Lang e Nunes para este verso constitúe unha cláusula sen verbo, pola ausencia de segmentación de é en grav’é.

  • 12

    A introdución de eu na secuencia nunca eu pudi resolve a hipometría versal, pois no corpus é sistemático o hiato entre nunca e mais eu, ao tempo que é moi frecuente a secuencia nunca eu + forma verbal (cfr., por exemplo, que nunca eu pude veer / de ren, u vos non vi, prazer, 405.r).

  • 24

    Loor é variante única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 496.17, 536.7, 8, 12, 537.16, 568.14 e 19, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado