579 [= Tav 25,74]
Roga-m’oje, filha, o voss’amigo

Roga-m’oje, filha, o voss’amigo
muit’aficado que vos rogasse
que de vos amar non vos pesasse;
e por én vos rog’e vos castigo
que vos non pes de vos el ben querer,
mais non vos mand’i, filha, máis fazer.
E, u m’estava en vós falando
e m’esto que vos digo rogava,
doi-me del, tan muito chorava;
e por én, filha, [vos] rog’e mando
que vos non [pes de vos el ben querer,
mais non vos mand’i, filha, máis fazer],
ca de vos el amar de coraçon
non vej’eu ren que vós i perçades,
sen i máis aver, mais guaa[n]hades;
e por esto, pola mia beençon,
que vos non pes de vos el ben querer,
[mais non vos mand’i, filha, máis fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 562, V 165

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 71-72 [= LPGP 225]); Nunes (1973 [1928]: 13); Cohen (2003: 595); Littera (2016: I, 216-217).
II. Outras edicións: Moura (1847: 131-132); Monaci (1875: 67); Braga (1878: 33-34); Machado & Machado (1952: III, 178); Cohen (1987: 38); Júdice (1997: 30); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 43); Tavares (1961: 38).

Variantes manuscritas


1 amigo] amigꝯ BV   2 rogasse] rogasie V   4 én] en(ꝯ) V   14 que] de q̄ BV; perçades] perzades V   16 beençon] beenzon V

Variantes editoriais


5 vos] vós Lang   7 E, u m’estava] El me estava Lang, Nunes   11 vos ... vos] vós ... vós Lang   15 guaa[n]hades] gaanhades Littera   16 beençon] bẽençom Lang   17 vos ... vos] vós ... vós Lang

Paráfrase


(I) Rógame hoxe, filla, o voso amigo con moita insistencia que vos rogase que non vos pesase o feito de el vos amar; e por iso vos rogo e vos aconsello que non vos pese que el vos ame, mais non vos mando nese asunto, filla, facer máis.

(II) E cando me estaba falando de vós e me rogaba isto que vos digo, tiven dó del polo moito que choraba; e por iso, filla, vos rogo e vos mando que non vos pese que el vos ame, mais non vos mando nese asunto, filla, facer máis,

(III) pois non vexo eu que vós perdades algo en el vos amar de corazón, sen que haxa máis do que iso, senón que saídes gañando; e por isto e pola miña beizón, que non vos pese que el vos ame, mais non vos mando nese asunto, filla, facer máis.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 9’b 9’b 9’a 10C 10C (I, II [= Tav 160:300]) + 10a 9’b 9’b 10a 10C 10C (III [= Tav 160:280])

Encontros vocálicos: 1 filha,‿o

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, con ligazón copulativa das dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 74.

  • 1

    Repárese en que o presente roga é un presente histórico ou narrativo (no tempo presente e decote) que contrasta vivamente co uso do pretérito (rogasse, v. 2; pesasse, v. 3; u m’estava falando, v. 7...). A nai dille (en presente) á filla na primeira estrofa “o voso amigo rógame que vos pida que non vos pese que vos ame”; e logo, na segunda, xa matiza o momento concreto da conversa con el, “cando el me estaba falando de vós tiven dó del…”.

  • 1-2

    O sintagma muit’aficado ten un estatuto ambiguo, pois tanto se refire ao amigo (amigo muit’aficado), onde aficado funciona como adxectivo/participio, como ao verbo rogar (roga-m’oje muit’aficado), con función de adverbio.

  • 4

    Lémbrese que castigar significa habitualmente ‘amoestar, aconsellar, advertir’. Cfr. nota a 199.26.

  • 10

    A hipometría e o paralelismo co v. 4 indica que é necesaria a reintegración de vos, tal como todos os editores fixeron anteriormente.

  • 14

    A métrica e a sintaxe indican a necesidade de expunción de <de>. Para a presenza anómala de de noutros puntos dos cancioneiros, véxanse 140.27 e 283.4 (B vs. A) ou 1053.r1 e 1486.15 (B vs. V), para alén de, por exemplo, 486.8 e 14.

  • 16

    Ao contrario do que acontece nas outras dúas estrofas, nesta terceira non existe un verbo principal explícito (cfr. rog’e castigo, v. 4; rog’e mando, v. 10) para introducir o refrán, de modo que debemos considerar elíptico un verbo dicendi (rogar, dizer etc.).
    Por outra banda, a diferenza de be͂eizer (véxase 901.26), beençon xa presenta un grao importante de evolución da secuencia -e͂ei-, con simplificación vocálica e xeración de nasal implosiva (véxase Ferreiro 1999: §§32c, 79b.2).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado