639 [= RM 30,12]
Do que ben serve sempr’oi dizer

Do que ben serve sempr’oi dizer
que ben pede, mais digo-vos de mí
(pero que eu, gran temp’á, ben servi
ũa dona que me ten en poder)
que non tenho que, per meu ben servir,
eu razon ei de lhi, por én, pidir
o maior ben dos que Deus quis fazer.
Ben entend’eu que logar deve aver
o que ben serve de pidir por én
ben con razon; mais est’é tan gran ben
que lhi non pod’outro ben par seer,
pois d’eu ben servir ũa dona tal
por lhi pedir ben que tan muito val
sol non no dev’en coraçon poer.
E, meus amigos, quen ben cousecer
o mui gran ben que Nostro Senhor deu
a esta dona, ben certo sei eu,
se ouver sén, que ben pode entender
que, per servir, quantos no mundo son
non deven sol põer en coraçon
que pedir possa en tal ben caber.
Por end’a min conven, quere[n]d’ou non,
de servir ben, sen avendo razon,
que, per servir, aja ben d’atender.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 624, V 225

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 232-233); Pagani (1971: 89-90 [= LPGP 251-252]); Littera (2016: I, 258-259).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 277).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 55).

Variantes manuscritas


2 vos] uos BV   3 gran ] g̃ra B   4 ũa] hua V   5 non] nōm V   7 quis] q̍is B : qis V   9 ben] eu B   10 razon] razo B; gran] g̃ra B   14 non no] nō (o) no B   16 gran] g̃ra B   23 en] sen BV   24 aja] aiã V

Variantes editoriais


4 ũa] huna Pagani   5 per] por Nunes   10 est’é] éste Littera   12 servir] servirũ Littera; ũa] huna Pagani   14 non no] non’o Littera   20 põer] poner Pagani   24 aja] sia Pagani

Paráfrase


(I) Daquel que ben serve sempre ouvín dicir que ben pide, mais dígovos de min –aínda que eu, hai moito tempo, servín ben a unha dona que me ten baixo o seu poder– que non considero que, polo meu ben servir, teña razóns para, por iso, pedir o maior ben dos que Deus quixo facer.

(II) Ben creo eu que o que ben serve debe ter oportunidade de por iso pedir ben con razón; mais é este un ben tan grande que non pode outro ben ser semellante, pois o (feito de) eu servir ben a unha dona tal por lle pedir un ben que tanto vale nin sequera debo pensalo.

(III) E, meus amigos, quen ben considerar o grandísimo ben que Noso Señor outorgou a esta dona, con certeza sei eu, se tiver xuízo, que ben pode entender que, por servir, cantos no mundo existen nin sequera deben pensar que haxa lugar para pedir tal ben.

(1) Por iso, querendo ou non, a min me convén servir ben, non tendo motivo para que, por servir ben, poida esperar algún ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 161:22)

Encontros vocálicos: 8 deveaver; 18 podeentender

Notas


Texto
  • 5

    Téñase en conta que a conxunción que inicial do verso cumpre a función de completiva a respecto de digo-vos (v. 2).

  • 6

    A variante pidir (tamén no v. 9) presenta harmonización vocálica (cfr. pedir no v. 13): esta asimilación regresiva nos verbos coa estrutura e...ir (> i...ir) é moi frecuente nos textos medievais, provocando a concorrencia de formas como pedir ~ pidir ou vestir ~ vistir. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.

  • 10

    Littera decidiu non segmentar o demostrativo en est'é.

  • 22-23

    Nótese a estrutura verbal conviir + de + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

  • 23

    O uso do xerundio introducido pola preposición sen é certamente raro no corpus trobadoresco profano, pois non achamos ningunha outra ocorrencia de tal construción, apostilada por Epifánio da Silva Dias coa seguinte observación: «No port. arch. tambem occorre a prepos. sem com este partic. [isto é, o xerundio], em vez de infinitivo»  (Dias 1970: 242). Na realidade, a súa aparición só se produce en textos medievais tardíos (en xeral do século XV), e nomeadamente en territorio portugués; así, achamos algúns rexistros na Crónica Geral de Espanha de 1344 (sem lha deytando, sem avendo, sem avẽdo, sem mo fazendo, sem avendo, sem sabendo...; véxase Cintra 1952-1990: II, 193, 255; III, 245, 395, 408; IV, 219, 223); é relativamente frecuente nalgunhas crónicas de Fernão Lopes: así, na Crónica de D. João I, concorren construcións como sem sabemdo, sem creendo, sem levando, sem achãdo, sem lhe fazemdo, sem mostramdo, sem lhe contradizemdo, sẽ mais rrazoamdo, sem lhe seendo, sem fazemdo, sem teemdo, sem sabemdo, sem tornãdo... (véxanse as pp. 5, 16, 18 e 139, 150, 217, 230, 254, 274, 323, 325, 337, 355); o mesmo acontece na Crónica de D. Fernando: sem lhe fazendo, sem custando, sem pagando, sem levando, sem curando, sem avendo, sem fallando, sem aveendo, sem achando, sem fazendo, sem o fazendo, sem dando, sem lhe fazendo, sem sse mesturando, sem lhe pagando, sem leixando, sem fazendo, sem leixando... (cfr. Macchi 2004: 32, 92, 317, 381, 392, 406 e 507, 433, 460, 476, 477, 481, 499, 514, 535, 536, 548, 571, 611...); e tamén ten presenza na versión portuguesa da Confessio Amantis: véxase, por exemplo, sem avendo, sem lho pedindo, sem lhe dando, sem molhando, sem beijando... (cfr. Faccon 2012: 361 e 394 e 445 e 447, 411, 418 e 422, 440, 464...). Nos documentos tabeliónicos é extremamente raro: véxase ssem britando nun documento do mosteiro da Batalha (Gomes 2002: I, 246).

  • 24

    Só un lapso pode explicar a forma sia (<aia> B, <aiã> V) en Pagani, sen explicación de ningún tipo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado