I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 68-69); Vallín (1995: 247 [= LPGP 731]); Cohen (2003: 123); Littera (2016: II, 238-239).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 92); Braga (1878: 48); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 435); Machado & Machado (1952: III, 298).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 75-76); Nunes (1959: 273-274); Oliveira & Machado (1959: 83-84); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 89); Landeira Yrago (1975: 68); Torres (1977: 506); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 187); Diogo (1998: 43); Vallín (1999: 97); Magalhães (2007: 90); Gutiérrez (2023: 95, 267).
7 jurava] uiraua V
(I) O meu amigo, que me dicía que nunca máis viviría comigo, por Deus, donas, xa está aquí!
(II) Canto me xurou el que non me vería, mais, grazas a Deus, por Deus, donas, xa está aquí!
(III) O que xuraba que non me vería máis, por non se cumprir todo canto el dixo, por Deus, donas, xa está aquí!
(1) Fíxoo mellor do que o dixo: por Deus, donas, xa está aquí!
Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 8B + 9’a 8b (= RM 26:93)
Existen dúas posibilidades interpretativas para esta cobra: optamos por manter o paralelismo construtivo e, en consecuencia, considerar o Que inicial da estrofa como un pronome relativo que, seguido de muito, achega un ton intensificador-exclamativo a esta cobra e o fai equivalente ao relativo quanto.
Contrariamente, en Cohen a puntuación indica como o relativo inicial sería unha conxunción concesiva, e mais un adverbio de cantidade:
Que muito m’ el avia jurado
que me non visse mais, “a Deus grado”,
par Deus, do<nas, aqui é ja>
A forma verbal visse mostra a utilización de pretérito de subxuntivo con valor de pospretérito. No corpus das cantigas profanas, existen casos similares:
ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7).
Ca preit’avia comigo,
ergo se fosse coitado
de morte, que se veesse
o máis cedo que podesse (711.r1);
Vistes vós, amiga, meu amigo,
que jurava que sempre fezesse
todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2);
ca mi jurou que se non partisse
d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9);
mais sei que, des i,
tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1);
Assanhou-s’o meu amigo
a mí porque non guisei
como falasse comigo (1123.3).
De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana:
Depoys que el rrey Leomedón achou seu sobriño morto, prometeu que nũca entrasse en Troya, se o nõ vĩgasse (...) Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 224-225).
Tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso:
E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).
A ausencia da vírgula no texto de Vallín, Cohen e Littera implicaría unha estrutura comparativa melhor ... ca que non encaixa sintacticamente no contexto pola presenza da negación.
Obsérvese a presenza do dístico final, que recolle o refrán, dun modo similar ao que acontece na cantiga nº 654, tamén de Paai Soarez de Taveiroos, onde existe un dístico inicial. En todo o caso, obsérvese a anómala expresión da comparativa no v. 10.