709 [= RM 35,2]
Anda triste meu amigo

Anda triste meu amigo,
mia madr’, e á de mí gran despeito
porque non pode falar comigo
e non por al, e faz gran dereito
d’andar triste o meu amigo
porque non pode falar migo.
Anda trist’o meu amigo,
mia madr’, e tenho que seja morto
porque non pode falar comigo
e non por al, e non faz gran torto
d’andar trist’o meu amigo
porque non pode [falar migo].
Anda trist’o meu amigo,
mia madr’, e anda por én coitado
porque non pode falar comigo
e non por al, e faz mui guisado
d’andar trist’o meu amigo
porque non pode [falar migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 694, V 295

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 115-116 [= LPGP 272-273]); Cohen (2003: 179); Littera (2016: I, 289-290).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 119); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 369).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 30); Nunes (1959: 297-298); Torres (1977: 415); Gutiérrez (2023: 89).

Variantes manuscritas


14 én] eu V   16 mui] mnj B

Variantes editoriais


En Nunes os vv. 1 e 3 de cada estrofa non forman parte do refrán, sen considerar o seu carácter intercalar.

1 triste] [mui] triste [o] Nunes : triste [o] Cohen, Littera   3 comigo] migo Cohen   5 triste o] [mui] triste o Nunes   6 migo] [co]migo Nunes   7 trist’o] [mui] trist[e] o Nunes : trist[e] o Cohen, Littera   9 comigo] migo Cohen   11 trist’o]  [mui] trist[e] Nunes : trist[e] o Cohen : triste o Littera   12 migo] comigo Nunes   13 trist’o] [mui] trist[e] o Nunes : trist[e] o Cohen, Littera   15 comigo] migo Cohen   17 trist’o]  [mui] trist[e] Nunes : trist[e] o Cohen : triste o Littera   18 migo] comigo Nunes

Paráfrase


(I) Anda triste o meu amigo, miña nai, e tenme un gran rancor porque non pode falar comigo e non por outra cousa, e ten moita razón en andar triste o meu amigo porque non pode falar comigo.

(II) Anda triste o meu amigo, miña nai, e temo que morra porque non pode falar comigo e non por outra cousa, e non fai un desatino en andar triste o meu amigo porque non pode falar comigo.

(III) Anda triste o meu amigo, miña nai, e anda por iso coitado porque non pode falar comigo e non por outra cousa, e fai moi ben en andar triste o meu amigo porque non pode falar comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’A 9’b 9’A 9’b 7’A 8’A (cfr. RM 58:4)

Encontros vocálicos: 5 tristeo

Notas


Texto
  • *

    Tal como os manuscritos transmitiron o texto da composición de Estevan Reimondo, a métrica da cantiga leva para un esquema 7’A 9’A 7’A 8’A no refrán a partir da variación existente nos vv. 1 e 3 do refrán: a) no primeiro verso, o texto Anda triste meu amigo (v. 1) - Anda trist’o meu amigo (vv. 7, 13) implica unha variatio coa presenza/ausencia do artigo (cfr. nota a 39.17); b) no terceiro verso do refrán, a secuencia d’andar triste o meu amigo (v. 5) - d’andar trist’o meu amigo (vv. 11, 17) revela unha variación sinalefa / crase tamén presente en numerosos refráns (cfr. nota a 75.17). Cfr. nota a 27.4. Así pois, a partir do texto dos cancioneiros, da real existencia de variación no refrán e, tamén, do feito de que a mesma combinación métrica se rexistre no refrán da cantiga 1044, evitamos as reintegracións e propomos o texto de BV sen emendas de ningún tipo.

    As edicións de Nunes e de Cohen tentan nivelar metricamente a cantiga, por procedementos diferentes, por medio de diversas reintegracións, alleas, en calquera caso, á lección dos manuscritos, que semella confirmar un refrán intercalar anisosilábico (con versos graves de 7, 8 e 9 sílabas métricas) en combinación con dous versos eneasilábicos en cada estrofa.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado