I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 738-739); Lapa (1970 [1965]: 371-372 [= LPGP 518]); Lopes (2002: 39-40); Littera (2016: I, 627).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 37); Machado & Machado (1949: I, 145); Rios Milhám (2017: I, 77).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 14-15); Landeira Yrago (1975: 133); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 141); Diogo (1998: 38-39).
5 casar] cassar B 7 no Sil] nossa B 8 e ela] e a ella B 10 vos] uos B 13 a quer] aq̄i B 16 e ela] ectela B; Chora] thora B 18 venha] uenħa B 19 tormenta] tor tormēta B 20 quer] q̄i B 24 e ela] ea ela B; Chora] thora B
1 Ogan’] Ogan[o] Lopes, Littera; Muimenta] Mũimenta Michaëlis 5 a] [or']a Littera; seu] [o] seu Michaëlis 6 enmenta] ẽmenta Lapa 7 moira no Sil] o mate un [vil] Michaëlis 8 e ela] e a ela Michaëlis : e a[r] ela Lapa, Lopes, Littera 9 disse] diss(e) Michaëlis; Muimenta] Mũimenta Michaëlis 10 [en] como] como Michaëlis : com’[ora] Lopes; vos] vus [eu] Michaëlis 13 seu] [o] seu Michaëlis 14 enmenta] ẽmenta Lapa 16 e ela] e a ela Michaëlis : e a[r] ela Lapa, Lopes, Littera 17 disse] diss(e) Michaëlis; Muimenta] Mũimenta Michaëlis 21 a] [or']a Littera; seu] o seu Michaëlis 22 ementa] ẽmenta Lapa : enmenta Lopes 23 cedo moira] ced’o maten Michaëlis 24 e ela] e a ela Michaëlis : e a[r] ela Lapa, Lopes, Littera
Esquema métrico: 3 x 6’a 6b 6’a 6b 9C 6’A 6b 9C (= RM 96:2)
Encontros vocálicos: 1 Mu·i·men·ta; 9 disse‿en Mu·i·men·ta; 15 cedo‿o; 17 disse‿en Mu·i·men·ta
Esta cantiga fala do casamento forzado de Da. Urraca Abril, filla de D. Abril Perez de Lumiares, con Joan Martins de Riba de Vizela, alcumado «o Chora». Tanto o noivo como o pai da noiva foron partidarios do futuro rei Afonso III, fronte a D. Martin Gil de Soverosa, que foi seguidor fiel de D. Sancho II, finalmente vencido polo Boloñés após a guerra civil. Os personaxes da cantiga aparecen en diversas pasaxes dos Livros de Linhagens. Véxanse algúns a modo de exemplo:
Este dom Fernam Garcia foi casado com dona Orraca Abril, filha de dom Abril Perez de Lumeares e de dona Sancha Nunez e nom houverom semel (...) Este Dom Joham Martĩiz Chora foi casado com dona Orraca Abril, filha de dom Abril Perez de Lumeares e de dona Sancha [Nunez] de Barvosa, e fez em ela ũu filho [...] (Mattoso 1980: I, 280, 310).
Muimenta, topónimo frecuente no territorio galego-portugués (xunto con Moimenta), non ten identificación segura. Do punto de vista métrico, Muimenta (do lat. monimenta) computa como catro sílabas métricas, feito que escusa calquera reintegración no verso hexasilábico.
Don Martin Gil refírese a Martin Gil de Soverosa, irmán do trobador Vaasco Gil, importante personaxe (tenente de Riba Minho e de Sousa) no reinado de D. Sancho II de Portugal.
Orraca Abril de Lumiares, muller de Joan Martins de Riba de Vizela, alcumado «o Chora» (véxase nota ao v. 8), foi barregá de Afonso III; cando ficou viúva casou de novo co trobador Fernan Garcia Esgaravunha:
E depois casou esta dona Orraca Abril, suso dita, com dom Fernam Garcia Esgaravunha, filho de dom Garcia Meendez de Sousa e de dona Elvira Gonçalvez de Toronho, e nom houverom semel (Mattoso 1980: II/1, 424).
A interpretación de <nossa> como erro por <nossil>, isto é, no Sil, ten apoio non só na necesidade rimática mais tamén na similar e frecuente confusión dos apógrafos italianos <a>/<ti> (véxase nota a 103.7), tras os erros <t>/<i> e <i>/<l>: <tohan> B Joan (461.25), <tētēde> B, <tentende> V i entende (1317.7), <ēsmar> B, <ē stuar> V ensinar (1341.16), <iudas> B, <tudas> V Judas (1450.21) etc.; <cuid al> A, <cuydar> B cuid’al (356.10); <ffodel> B, <ffoder> fod’el (491.7), <argo> B, <algo> V algo (1503.8) etc.
Aínda que Michaëlis mantén a preposición a introducindo ela, os demais editores tentaron resolver a incoherencia semántica do verso reconvertendo a preposición no adverbio a[r]. Porén, é frecuente achar nos cancioneiros a intromisión do elemento <a>, ben en perífrases verbais (véxase nota a 55.17) ben introducindo erroneamente un CD (véxase nota a 68.1); para alén destes casos, aínda se poden localizar outros en que <a> non cumpre unha función definida: B vs. V (778.11), V vs. B (497.7, 785.6, 1681.10), BV (1620.17, 1663.2). No caso do refrán desta cantiga, ese a espurio pode ser produto da atracción (construtiva ou visual) de e a quen lho... do v. 6, situado en paralelo por cima nas tres ocorrencias do refrán.
Así pois, neste paso parece necesaria a súa expunción do citado elemento, que pode deberse a un erro de copia similar aos citados; deste modo regularízase, ademais, a medida eneasilábica dos vv. 1 e 3 do refrán e evítase a anómala sinalefa e‿a (que explica a adición do artigo no v. 1 do refrán por parte de Michaëlis, para nivelar como decasílabos estes versos).
Nótese a grafía <ll> de ela en B, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Chora era o alcume de Joan Martins Riba de Vizela, casado con Orraca Abril, citado en múltiplas ocasións nos Livros de Linhagens (véxase Mattoso 1980, e Mattoso & Piel 1980), mesmo no fragmento desa obra conservado na Biblioteca da Ajuda:
iohã martijz chora foy casado cõ dona oraca abril filha de dõ abril perez de lumeares e de dona sancha martijz de baruosa (Brocardo 2006: 85).
A hipometría versal resólvese ben recorrendo á locución conxuntiva modal en como, moi frecuente para introducir a cláusula dependente dun verbo dicendi ou verbo declarativo. Véxase nota a 240.2-3.
Sendo posíbel (mesmo probábel) a sinalefa mate‿el-, o ritmo dos vv. 7 e 23 parece indicar a sinalefa cedo‿o.
Conservamos a forma ementar, face a enmentar nas dúas primeiras estrofas, como variación lingüística interna do refrán, tendo en conta, ademais, que a grafía lapiana e͂mentar non é procedente do punto de vista fonolóxico. Cfr. nota a 27.4.