78 [= RM 78,2]
Ai eu, coitad’, en que coita mortal

Ai eu, coitad’, en que coita mortal
que m’oje faz ũa dona viver!
Pero non moir’, e moiro por morrer,
pois non vej’ela, que vi por meu mal
máis fremosa de quantas nunca vi
donas do mund’; e, se non ést’assi,
nunca me Deus dé ben dela nen d’al!
E esta x’é gran coita, direi qual,
ca esta coita non me dá lezer,
ante mi-a faz cada dia crecer;
e chamo muito Deus, e non mi val,
nen me val ela porque ja perdi
o sén, pois por ela ensandeci:
e esta coita quen viu nunca tal?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 105

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 740 [= LPGP 510]); Littera (2016: I, 627-628).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 37-38); Machado & Machado (1949: I, 147); Rios Milhám (2017: I, 78); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 63).
III. Delgado León (1996: 50).

Variantes manuscritas


2 ũa] hun a B   6 ést’assi] esta assy B   14 E esta] a esta B

Variantes editoriais


7 dé] dê Michaëlis, Littera   14 e] A Michaëlis : Ah Littera

Paráfrase


(I) Ai de min, coitado, en que coita mortal me fai hoxe unha dona vivir! Aínda que non morro, e morro por morrer, porque non a vexo a ela, a quen polo meu mal vin máis fermosa que cantas donas do mundo nunca vin; e, se non é así, nunca Deus me dea ben dela nin de ningunha outra cousa! 

(II) Esta é unha gran coita, direi cal, porque esta coita non me dá lecer, antes ma fai cada día aumentar; e chamo moito a Deus, e non me socorre, nin me socorre ela porque xa perdín a razón, pois por ela ensandecín: e esta coita, quen viu nunca outra tal?

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:53)

Encontros vocálicos: 10 mi-‿a

Notas


Texto
  • 2

    A estraña grafía <hun a> de B semella un desenvolvemento gráfico da nasalidade fonolóxica de // (cfr. tamén a esporádica representación como (h)una), dun modo similar ao que acontece na frecuente grafía (h)unha nos apógrafos italianos para u͂a.

  • 4

    Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

  • 5-6

    Nótese o forte hipérbato: ‘máis fremosa de quantas donas do mundo nunca vi’.

  • 6

    Emendamos, con Michaëlis, a errada lección de B, en que aparece unha eventual forma está por influencia do assi seguinte, para alén de que a P3 do presente indicativo de seer presenta maioritariamente a forma éste cando seguida do adverbio assi (ést’assi é maioritario en relación a é assi ou é ‘ssi). Véxase, ademais, 195.29-30, de Joan Soarez Coelho, coa mesma expresión nuns versos que semellan directamente relacionados con estes:

    E, meus amigos, se non ést’assi,
    non me dé Deus dela ben nen de sí.

  • 14

    Semella necesaria a emenda de B, onde se localizan bastantes casos en que <a> aparece como erro pola copulativa e (32.12, 384.20, 475.30, 863.15, 886.17...). Porén, nótese a enxeñosa interpretación exclamativa en Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado