77 [= Tav 78,15]
Ogan’, en Muimenta

Ogan’, en Muimenta,
dis[s]e Don Martin Gil:
«Viv’en mui gran tormenta
Dona Or[r]ac’Abril
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho enmenta,
cedo moira no Sil,
e ela, se se con Chora vai».
E disse en Muimenta
[en] como vos direi:
«Ela viv’en tormenta,
segundo o eu sei,
per como a quer casar seu pai;
e, a quen lho enmenta,
cedo o mate el-rei,
e ela, se se con Chora vai».
El disse en Muimenta,
as[s]i me venha ben:
«Viv’en tan gran tormenta
que quer perder o sén
[per como a quer casar seu pai];
e, a quen lho ementa,
cedo moira por én,
e ela, se se con Chora vai».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 104

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 738-739); Lapa (1970 [1965]: 371-372 [= LPGP 518]); Lopes (2002: 39-40); Littera (2016: I, 627).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 37); Machado & Machado (1949: I, 145); Rios Milhám (2017: I, 77).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 14-15); Landeira Yrago (1975: 133); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 141); Diogo (1998: 38-39).

Variantes manuscritas


5 casar] cassar B   7 no Sil] nossa B   8 e ela] e a ella B   10 vos] uos B   13 a quer] aq̄i B   16 e ela] ectela B; Chora] thora B   18 venha] uenħa B   19 tormenta] tor tormēta B   20 quer] q̄i B   24 e ela] ea ela B; Chora] thora B

Variantes editoriais


1 Ogan’] Ogan[o] Lopes, Littera; Muimenta] Mũimenta Michaëlis   5 a] [or']a Littera; seu] [o] seu Michaëlis   6 enmenta] ẽmenta Lapa   7 moira no Sil] o mate un [vil] Michaëlis   8 e ela] e a ela Michaëlis : e a[r] ela Lapa, Lopes, Littera   9 disse] diss(e) Michaëlis; Muimenta] Mũimenta Michaëlis   10 [en] como] como Michaëlis : com’[ora] Lopes; vos] vus [eu] Michaëlis   13 seu] [o] seu Michaëlis   14 enmenta] ẽmenta Lapa   16 e ela] e a ela Michaëlis : e a[r] ela Lapa, Lopes, Littera   17 disse] diss(e) Michaëlis; Muimenta] Mũimenta Michaëlis   21 a] [or']a Littera; seu] o seu Michaëlis   22 ementa] ẽmenta Lapa : enmenta Lopes   23 cedo moira] ced’o maten Michaëlis   24 e ela] e a ela Michaëlis : e a[r] ela Lapa, Lopes, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6b 6’a 6b 9C 6’A 6b 9C (= Tav 96:2)

Encontros vocálicos: 1 Mu·i·men·ta; 9 disse‿en Mu·i·men·ta; 15 cedo‿o; 17 disse‿en Mu·i·men·ta

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga fala do casamento forzado de Da. Urraca Abril, filla de D. Abril Perez de Lumiares, con Joan Martins de Riba de Vizela, alcumado «o Chora». Tanto o noivo como o pai da noiva foron partidarios do futuro rei Afonso III, fronte a D. Martin Gil de Soverosa, que foi seguidor fiel de D. Sancho II, finalmente vencido polo Boloñés após a guerra civil. Os personaxes da cantiga aparecen en diversas pasaxes dos Livros de Linhagens. Véxase a modo de exemplo: Este dom Fernam Garcia foi casado com dona Orraca Abril, filha de dom Abril Perez de Lumeares e de dona Sancha Nunez e nom houverom semel ... Este Dom Joham Martĩiz Chora foi casado com dona Orraca Abril, filha de dom Abril Perez de Lumeares e de dona Sancha [Nunez] de Barvosa, e fez em ela ũu filho [...] (Mattoso 1980: I, 280, 310).

  • 1

    Muimenta, topónimo frecuente no territorio galego-portugués (xunto con Moimenta), non ten identificación segura. Do punto de vista métrico, Muimenta (do lat. monimenta) computa como catro sílabas métricas, feito que escusa calquera reintegración no verso hexasilábico.

  • 2

    Don Martin Gil refírese a Martin Gil de Soverosa, irmán do trobador Vaasco Gil, importante personaxe (tenente de Riba Minho e de Sousa) no reinado de D. Sancho II de Portugal.

  • 4

    Orraca Abril de Lumiares, muller de Joan Martins de Riba de Vizela, alcumado «o Chora» (véxase nota ao v. 8), foi barregá de Afonso III; cando ficou viúva casou de novo co trobador Fernan Garcia Esgaravunha: E depois casou esta dona Orraca Abril, suso dita, com dom Fernam Garcia Esgaravunha, filho de dom Garcia Meendez de Sousa e de dona Elvira Gonçalvez de Toronho, e nom houverom semel (Mattoso 1980: I, 424).

  • 7

    A interpretación de <nossa> como erro por <nossil>, isto é, no Sil, ten apoio non só na necesidade rimática mais tamén na similar e frecuente confusión dos apógrafos italianos <a>/<ti> (véxase nota a 103.7), tras os erros <t>/<i> e <i>/<l>: <tohan> B Joan (461.25), <tētēde> B, <tentende> V i entende (1317.7), <ēsmar> B, <ē stuar> V ensinar (1341.16), <iudas> B, <tudas> V Judas (1450.21) etc.; <cuid al> A, <cuydar> B cuid’al (356.10); <ffodel> B, <ffoder> fod’el (491.7), <argo> B, <algo> V algo (1503.8) etc.

  • 8

    Aínda que Michaëlis mantén a preposición a introducindo ela, os demais editores tentaron resolver a incoherencia semántica do verso reconvertendo a preposición no adverbio a[r]. Porén, é frecuente achar nos cancioneiros a intromisión do elemento <a>, ben en perífrases verbais (véxase nota a 55.17) ben introducindo erroneamente un CD (véxase nota a 68.1); para alén destes casos, aínda se poden localizar outros en que <a> non cumpre unha función definida: B vs. V (778.11), V vs. B (497.7, 785.6, 1681.10), BV (1620.17, 1663.2). No caso do refrán desta cantiga, ese a espurio pode ser produto da atracción (construtiva ou visual) de e a quen lho... do v. 6, situado en paralelo por cima nas tres ocorrencias do refrán.
    Así pois, neste paso parece necesaria a súa expunción do citado elemento, que pode deberse a un erro de copia similar aos citados; deste modo regularízase, ademais, a medida eneasilábica dos vv. 1 e 3 do refrán e evítase a anómala sinalefa e‿a (que explica a adición do artigo no v. 1 do refrán por parte de Michaëlis, para nivelar como decasílabos estes versos).

    Nótese a grafía <ll> de ela en B, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo (e cavaleiro), esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

    Chora era o alcume de Joan Martins Riba de Vizela, casado con Orraca Abril, citado en múltiplas ocasións nos Livros de Linhagens (véxase Mattoso 1980, e Mattoso & Piel 1980), mesmo no fragmento desa obra conservado na Biblioteca da Ajuda: iohã martijz chora foy casado cõ dona oraca abril filha de dõ abril perez de lumeares e de dona sancha martijz de baruosa (Brocardo 2006: 85).

  • 10

    A hipometría versal resólvese ben recorrendo á locución conxuntiva modal en como, moi frecuente para introducir a cláusula dependente dun verbo dicendi ou verbo declarativo. Véxase nota a 240.2-3.

  • 15

    Sendo posíbel (mesmo probábel) a sinalefa mate‿el-, o ritmo dos vv. 7 e 23 parece indicar a sinalefa cedo‿o.

  • 22

    Conservamos a forma ementar, face a enmentar nas dúas primeiras estrofas, como variación lingüística interna do refrán, tendo en conta, ademais, que a grafía lapiana e͂mentar non é procedente do punto de vista fonolóxico. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado