888 [= RM 94,15]
Per quant’eu vejo

Per quant’eu vejo,
perço-m’e desejo
ei, coita e pesar;
se and’ou sejo,
o cor m’ést’antejo,
que me faz cuidar,
ca, pois franqueza,
proeza,
venceu escasseza,
non sei que pensar:
vej’avoleza,
maleza,
per sa soteleza
o mundo tornar.
Ja de verdade
nen de lealdade
non ouço falar,
ca falsidade,
mentira e maldade
non lhis dá logar:
estas son nadas
e criadas
e aventuradas
e queren reinar.
As nossas fadas
iradas
foron [a]chegadas
por esto fadar.
Louvaminhares
e prazenteares
an prez e poder;
e nos logares,
u nobres falares
soian dizer,
vej’alongados,
deitados
do mund’, eixerdados,
e van-se perder;
vej’achegados,
loados,
de muitos amados
os de mal dizer.
A crerizia,
per que se soia
todo ben reger
(paz, cortesia,
solaz), que avia
fremoso poder,
quand’alegria
vevia
no mund’e fazia
muit’alg’e prazer,
foi-se sa via,
e dizia:
«Cada dia
ei de falecer».
Dar, que valia,
compria
seu tempo, fogia
por s’ir asconder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 
45
 
 
 
 
50
 
 
 
 
55
 
 
 
 
60

Manuscritos


B 896, V 481

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 420-422); Stegagno Picchio (1968: 179-181 [= LPGP 628-629]); Lopes (2002: 293-294); Littera (2016: II, 100-101).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 176-177); Braga (1878: 91); Machado & Machado (1953: IV, 239-241); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 95-97).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 103-107); Álvarez Blázquez (1975: 57-58); Tavares & Miranda (1987: 11-13); Pena (1990: 260-262); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 58-59); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 161-162); Diogo (1998: 215-217); Marcenaro (2006: 280-284); Magalhães (2007: 129-130); Mongelli (2009: 260-261); Gutiérrez (2023: 237).

Variantes manuscritas


2 perço] perco B : perzo V   11 vej’avoleza] ueia noleza V   17 ouço] onzo V   18 falsidade] falssissade B   23 e aventuradas] en uenturadas V   29 Louvaminhares] Louuamȳares B : Louua myā tes V   30 prazenteares] p̃ zē teates V   32 nos] uꝯ B   35 vej’alongados] Veia ongadꝯ B : ueia longadus V   36 deitados] deytadus V   38 van] iā B : aā V   41 muitos amados] muytus / amadus V   43 A] Pela BV   47 avia] auin V   49 alegria] alegera B : alegua V   50 vevia] ueuim V   53 foi] fey B   56 falecer] falezer V   59 fogia] fogra B : fogui V

Variantes editoriais


2-3 perço-m’e desejo / ei, coita e pesar] perco-m’e desejo, / ei coita e pesar Lapa : perco-me desejo, / hei coita e pesar Lopes, Littera   5 m’ést’antejo] mostr’antejo Lapa : m’está’n tejo Stegagno Picchio : m’est [t]am tejo Lopes : m’est tam tejo Littera   8 proeza / venceu escasseza] proez’a / venceu escasseza Lopes, Littera   20 dá] da[m] Lopes, Littera   27 [a]chegadas] [e] chegadas Lapa : chegadas Lopes : i chegadas Littera   28 esto] este Stegagno Picchio   29 Louvaminhares] Louvamĩares Lapa : Louvamỹares Stegagno Picchio : Louvamiares Lopes, Littera   32 nos] nus Stegagno Picchio   35 vej’alongados] vej’a onrados Lapa : vej’alongadus Stegagno Picchio : vej’a honrados Lopes, Littera   36 deitados] deytadus Stegagno Picchio   37 eixerdados] eixerdadus Stegagno Picchio   39 achegados] achegadus Stegagno Picchio   40 loados] loadus Stegagno Picchio   41 muitos amados] muytus amadus Stegagno Picchio   42 mal dizer] maldizer Littera   50 vevia] vivia Lapa, Lopes   52 alg’e] a ‘lgue[n] Stegagno Picchio

Paráfrase


(I) Por canto eu vexo síntome prexudicado e sinto desexo, coita e pesar; xa ande ou estea quieto, o meu ánimo, que me fai matinar, resúltame aborrecido, porque, xa que a avareza venceu á xenerosidade e á valentía, non sei que pensar: vexo a vileza, a maldade, mudar o mundo por medio da súa astucia.
(II) Xa da verdade nin da lealdade non sinto falar, porque a falsidade, a mentira e a maldade non lles deixan lugar: estas son nacidas e criadas e atrevidas e queren reinar. Chegaron as nosas iradas fadas, para tal fadar.
(III) As lisonxas e as adulacións teñen boa fama e poder; e nos lugares onde adoitaban dicir nobres falares véxoos afastados, expulsados do mundo, desherdados, e vanse estragar (sen proveito); e vexo os (falares) maldicentes que chegaron, louvados e amados por moitos.
(IV) A clerecía (o estudo) pola que todo ben adoitaba rexerse (a paz, a cortesía, o lecer), que tiña un fermoso poder, cando a alegría vivía no mundo, e era causa de moito ben e gozo, foise de camiño, e dicía (cando marchaba): «Cada día hei de ser achada en falta».
(1) O dar (a xenerosidade), que era valorado, acababa o seu tempo e fuxía para se ir esconder.

Métrica


Esquema métrico:4 x 4’a 5’a 5b 4’a 5’a 5b 4’c 2’c 5’c 5b 4’c 2’c 5’c 5b (I-III) + 4’a 5’a 5b 4’a 5’a 5b 4’a 2’a 5’a 5b 4’a 3’a 3’a 5b (IV) + 4’a 2’a 5’a 5b

Encontros vocálicos: 3 coita‿e; 19 mentira‿e; 22 *cri͜a·das; 37 so·i·a; 44 so·i·a; 53-54 vi·a,/‿e

Notas


Texto
  • *

    Na obra de Martin Moxa, clérigo trobador, salientan as sátiras de ton moralizante, que denuncian de forma xenérica a corrupción e a perda de valores do mundo presente (véxase tamén UC 878, 880917, xunto coa cantiga 897). Utilizando tópicos clásicos como o do Ubi sunt?, a voz poética lembra con saudade o tempo pasado en que o mundo se rexía por virtudes como a verdade, a lealdade, o saber, o bo xuízo, o valor ou a xenerosidade, e describe o tempo actual, que aborrece, como un mundo ás avesas, pois nel imperan a vileza, a covardía, a necidade e a mentira.

    Esta modalidade poética de Martin Moxa debeu ser xa recoñecida na época, até o punto de ser utilizada como tópico literario polo trobador Joan de Gaia nunha sátira contra un prelado corrupto onde, entre outros argumentos para que acepte o convite a xantar, se lle di que nel van ser interpretadas cantigas de Martin Moxa, o que no contexto hai que entender como unha clara ironía, pois ao corrupto non lle agradaría ouvir en público cantares en que se criticasen os vicios e defectos que el tiña (véxase UC 1471).

    En calquera caso, o feito de que Joan de Gaia cite a Martin Moxa, sendo el un autor tardío do ámbito do conde Don Pedro de Barcelos, é un dos argumentos aducidos para defender a hipótese de que a cantiga Vós que soedes en corte morar (UC 879) é unha tençon entre o conde Don Pedro e de Martin Moxa.

  • 1-3

    A articulación sintáctico-conceptual destes versos é parcialmente diferente nas anteriores edicións, para alén de abalaren na fixación de perco / perço (véxase nota ao v. 2). Eis a versión de Lapa (e mais de Stegagno Picchio) coa segmentación dunha copulativa no v. 2:

              Per quant’ eu vejo,
              perco-m’ e desejo,
              ei coita e pesar.

    Pola súa parte, Lopes e Littera configuran de diferente xeito o período sen deglutinar a conxunción:

              Per quant’eu vejo,
              perco-me desejo,
              hei coita e pesar.

  • 2

    As formas <perco> de B xunto con <perzo> de V indican que a lección correcta é perço (cfr. perco en Lapa e Lopes, xunto con Littera), coa evolución habitual desta forma verbal (pĕrdĕō> perço vs. pĕrdes > perdes etc.; véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a), aínda que a raíz perc- aparece moi limitadamente no corpus: 54.6, 373.2, 877.1, 882.4, 926.6, 1549.18, 1605.9.
    Por outra banda, a segmentación da conxunción copulativa no verso semella máis acorde co sentido e coa inexistencia no corpus da expresión perder desejo (só se rexistra perder desejos).

  • 4

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), concorre desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 5

    Nótese neste verso a presenza do provenzalismo cor, que compite con coraçon.
    Por outra parte, este verso constitúe un verdadeiro locus criticus que foi resolvido con emendas da lección dos manuscritos por Lapa (o cor mostr’antejo) e Lopes (o cor m’est [t]am tejo); a interpretación de Stegagno Picchio é fiel á letra dos apógrafos, mais ten o problema de fixar o hápax tejo, que proviría do lat. tedium (o cor m’está’n tejo). A única forma que achamos ao longo da diacronía lingüística no territorio galego-portugués é entejo ‘tedio’, que chega até hoxe en portugués: esa forma xa aparece nunha cantiga de Joan Soarez Coelho, metricamente moi relacionada coa de Martin Moxa: e que grand’entejo / en toda molher á! (1435.13). E pode acharse tamén nalgunhas obras posmedievais (véxase CdP, s.v.), como o Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 1990: II, 355):

    Porqu’esta senhora por quem m’assi vejo,
    ũ pouco vos toca em progenitura,
    tem tal gentileza e tal fremosura
    que faz cem mil homens morrer de desejo.
    A mim faz da vida, senhor, ter entejo,
    por sua vertude negar esperança
    e pois outro bem daqui nom s’alcança
    pera lhas lerdes, senhor, vos enlejo.

    Tamén no Auto pastoril português de Gil Vicente:

    Renego ora d'enha mãe
    porque as lágrimas me saem
    o dia que te nam vejo
    e tu tens-me tal entejo
    que os espritos se me caem.

    Aínda se rexistra na produción prosística, como nas Decadas da Ásia,  de João de Barros (na Década Terceira, 1563):

    Chegado lá, ou porque ele seria limpo desta culpa, ou (segundo se mais afirma) os fronteiros de Azamor, polo não avexar, o não acusaram, ele se tornou a este reino com a sentença de seu livramento; peró sempre lhe el-Rei teve um entejo.

    Ou na Carta de Guia de Casados, de Manuel de Melo (1650):

    Huma convidava a seu marido que se sentasse junto della, e elle dizia: “Deixai-me, que de uma doença me ficou grande entejo aos doces da botica”. 

    No entanto, a lección dos manuscritos indica unha variante antejo que ben pode ser produto da vacilación en-/an- que é frecuente en numerosas voces históricas (entre / antre, emparar / amparar, entroido / antroido etc.; véxase Ferreiro 1999 [1995]: §143b). Enténdase, pois: ‘tanto que ande como que estea quieto, o corazón é tedio, porque me fai pensar’.

  • 7-9

    Lémbrese que franqueza é voz moi común na Idade Media para indicar ‘liberalidade, xenerosidade’, que se opuña á escasseza (v. 9) ou escassidade, que son sinónimos de avareza:

    dizede-mi quen é comendador
    eno Espital, ora da escassidade,
    ou na franqueza (1430.4).

    Véxanse algunhas referencias á escaseza nas Siete Partidas afonsinas; así, na Lei XXV:

    Auariçia que quiere tanto dezir como escaseza es pecado muy grande & mueue a los onbres de manera que estan luengo tienpo que no dan los diezmos & ay otros que avn que los dan: no los dan conplidamente como deuen; e na Ley XXXI: E los pecados medianos dizen que son estos. assi commo adulterio: forniçio: falso testimonio: robo: furto: soberuia: auariçia que se entiende por escaseza: [...] (Sánchez-Prieto Borja & Díaz Moreno & Trujillo Belso 2006).

    Por outra parte, é desnecesaria a segmentación que Lopes efectuou no v. 8 para isolar un CD que xa existe (proeza): proez’a / venceu escasseza.

  • 7-10

    Enténdase, ‘porque, xa que a avareza (escasseza) venceu á liberalidade (franqueza) [e á] valentía (proeza), non sei que pensar’ . Non existe xustificación lingüística para considerar proeza como un adxectivo, decisión que condiciona a edición en Lopes e Littera (ca, pois franqueza proez’a / venceu escasseza): «Os versos não são muito claros; proeza terá aqui um valor adjetivo (da raiz etimológica latina prodest, útil); assim, a interpretação dos versos será: pois a franca liberalidade foi vencida pela escassez»  (Lopes & Ferreira & al. 2011-: http://cantigas.fcsh.unl.pt [consult. 27-3-2020]).

  • 11-12

    O termo avoleza (‘vileza, maldade, baixeza’), derivado do provenzalismo ávol, é voz pouco utilizada na lingua medieval, aínda que dispón doutras dúas ocorrencias nas cantigas:

    de mui bõa voz que soia aver
    soube-a per avoleza perder (1395.17);

    Eu ben cuidava que er’avoleza
    d’o cavaleiro mancebo seer
    escasso muit’e de guardar aver (1642.1).

    Outrosí, rexístrase nas Cantigas de Santa Maria:

    E el con pobreza,
    por gãar requeza
    fez grand' avoleza,
    disse que querria (CSM 195.49).

    Porén, avoleza é voz moi utilizada na Crónica Troiana, xunto co adxectivo ávol (véxase CGPA, s.v. auoleza, áuol), onde aparece ligada á maldade (= maleza) en dúas das atestacións:

    Et por ende senpre serey despreçada et posfaçada de todos, et senpre ja auerán que digã de mj̃a maldade et de mj̃a auoleza [...] Mays esto nõ he senõ por maldade et por auoleza de aqueles que queren tomar entẽdedeyras et leixan a mj̃.

    Pola súa parte, maleza, como derivado do lat. malĭtĭam, é tamén voz rara, fronte ás formas xerais, dun teor aínda máis latinizante, maliça e malicia, e só a achamos na obra Orto do Esposo (cfr. CGPA, s.v. maleza):

    E mata outrẽ e faz ẽduzer a pecado per seu olhar e per sua vista peçoenta da maleza do coraçõ. [...] Porẽ diz Sam Paulo que a justiça do sinplez aderẽça a carreyra delle, e o maao cayra ẽna sua maleza. [...] Ca muytas uezes os principes cõ auareza ou cõ maleza matã ou distruyem os seus priuados e os seus familiares en tenpo que elhes pensam que estam mais seguros e mais firmes ẽna priuãça. [...] Mas as maas molheres, das quaaes tanta he a conpanha dellas, que nõ ha nehũũ loguar que seia quite da maleza dellas, quando som amadas, pũgem amargosamẽte e dam muyta afliçom ataa o departimẽto da alma e do spiritu.

  • 13

    A voz soteleza (‘astucia, artificio’) é ocorrencia única na lírica profana, aínda que utilizada con frecuencia na lingua medieval. Véxase a súa aparición na Crónica Troiana asociada a arte:

    Os gregos, sem mais tardar, tomarõ logo a ymagẽ do caualo que Epíus fezera, et posérõna sobre hũas rrodas fortes et duras et grandes que fezerã pera elo, et atarõ y o caualo per grand arte et per grã soteleza (cfr. CGPA, s.v.).

  • 22

    Resulta anómalo o aparente carácter bisilábico do participio criadas (cfr. 779.2, 1554.18, 1556.5, 1592.6 etc.), que podería ser trisilábico a partir da expunción da copulativa inicial do verso: estas son nadas, / criadas / e aventuradas / e queren reinar.

  • 29-30

    Tanto louvaminhar como prazentear son substantivacións dos verbos correspondentes. Louvaminhar non é común na lingua medieval (véxanse no CGPA as voces loamineyros, louvaninha, louvaminheiros), mais aparece definido no Livro das Confissões:

    louuaminhar he gabar e louuar outro como nõ deue (Martín Pérez 2012-2013: 222).

    Canto a prazentear ‘lisonxear’, é verbo exclusivo do cancioneiro de Pero Garcia Burgales: E, mia sen[h]or, quen vos nunca viu ten / que vos lo’eu por vos prazentear, 183.16; ca non vos [vou] prazentear,184.11; nen ar digo por vos prazentear, 194.25).

  • 35

    Nótese a aparición da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<a longadus>, v. 35; <deytadus>, v. 36; <muytus amadus>, v. 41): na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
    Por outra parte, a lectura de Lopes e Littera é profundamente afastada dos manuscritos, ao tempo que contraditoria coa presenza do antónimo de alongados no v. 39 (achegados).

  • 37

    O participio eixerdados representa a evolución eix- do prefixo latino ex- + vogal (Ferreiro 1999: §§25d.2, 95b, 143a), que convive coas outras dúas solucións que se atestan na lingua medieval: enx- (cfr. enxerdados en 415.18) e ex-, con absorción do iode (cfr. exerdado en 1390.21). En calquera caso, o resultado patrimonial de exhereditāre desapareceu na lingua moderna, substituído pola formación desherdar, a partir da forma romance herdar, que comeza a aparecer nos inicios do século XIV (véxase CGPA, s.v.).

  • 43

    A crerizia é o suxeito de foi-se sa via (v. 53), feito que, xunto coa métrica, explica a emenda de <pela> para o artigo feminino. Por outra parte, crerizia é forma que convive no corpus coa forma crerezia (917.3) e clerizia (1340.11, 1497.36).

  • 47

    O provenzalismo solaz ‘gozo, pracer’, amplamente usado na poesía, incluídas as Cantigas de Santa Maria (véxase Mettemann 1959-1972: IV, s.v. solaz) estendeuse na Idade Media tamén para a prosa, onde se achan múltiplas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.).

  • 50

    A forma verbal vevia (con disimilación similar á sofrida por dezia, véxase nota a 1.12), só volve aparecer noutra ocasión: 

    Mui coitada per-vevia,
    ais ora non sei que seja
    de min, pois outra deseja (940.13)

    Porén, a forma vevi comparece en 902.5 e 6, 960.18, 966.5 e 1060.6. Na realidade, vevia é forma extremadamente rara fronte á xeral vivia, tal como corresponde ao infinitivo viver. Só achamos un minúsculo número de atestacións da forma disimilada (cfr. CGPA, s.v.):

    Et [en] esa terra, en poder dos mouros, auia hũu moesteyro de mõges, que dizi[ã] Boriano, et ueui[ã] per lauor de [suas] mãos, et teni[ã] muyto pam [d']orio et trijgo et millo et muytas legumyas (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España);

    Et o dito Johan Nunnes respondendo ao do dito testemoyo diso que obedeçia a dita carta do dito sennor rey commo a carta do seu rey et de seu sennor et que el que uevia con o conde don Pedro et que lle mandaua vsar et leuar a dita comenda et que el que vsaua della et a leuaua et que a queria vsar et leuar et que se a o dito bispo a desenbargase con o dito conde que el que a desenbargaria (doc. de 1381);

    Et logo o dito Gomes Rodrigues diso que por quanto o dito Johán d ' Ayra e seus conpañeiros veuían en terra de Çerreda, que era en terra do señor conde Lemos (doc. de 1457);

    todo esto per lo moordomo do prior do dito moesteiro, ao qual daredes de comer et de ueuer en quanto medyr os ditos nouos, et seredes todos basalos seruentes et obedientes ao dito moesteiro, et non veuiredes con outro señor, nen tomaredes outro amadego, nen venderedes, nen deytaredes nen subppinoraredes o dito foro sen mandado do dito moesteiro (doc. de 1458);

    por quanto o que fesera fora por mandado do dito señor obispo, con que veuía e cuio criado era, a quen auía de obedesçer, e que o pedía por testemuyo (doc. de 1467);

    Ho quoal elrey Chytarao, despois que reynou, foy llamçado sempre aos viços e tiranyas, semdo homem de muy pouca verdade, de que ho povo e capitaẽes, de sua maa vyda e ymclinação, vevião muy descontentes, por que não fazia mais que ho que querião dous cunhados seus, homẽes muy malquystos, e muyto gramdes judeus (Chronica dos Reis de Bisnaga).

  • 53-54

    A métrica solicita unha episinalefa: foi-se sa via,/‿e dizia: ...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado