909 [= RM 143,13]
Quand’eu non podia veer

Quand’eu non podia veer
a senhor do meu coraçon
e de mí, ben cuidav’enton
que podesse coita perder
sol que a viss’, e, poi-la vi,
ouv’eu maior coita des i.
Pero que perdia o sén
pola fremosa mia senhor,
quanta coita avia d’amor
non cuidav’a teer en ren
sol que a viss’, e, [poi-la vi,
ouv’eu maior coita des i].
De quant’eu cuidei acabar
nulha cousa non acabei,
ca vede-lo que eu cuidei:
cuidei-me de coit’a quitar
sol que a viss’, e, [poi-la vi,
ouv’eu maior coita des i].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 907, V 494

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 324-325 [= LPGP 899-900]); Arias Freixedo (2010: XI); Littera (2016: II, 443-444).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 180-181); Braga (1878: 94); Machado & Machado (1953: IV, 260).

Variantes manuscritas


3 cuidav’enton] cuydar entō V   6 des i] dely B   8 mia] om. B   9 avia] au’ya B   10 teer] ueer B   16 cuidei] Cuydai B

Variantes editoriais


5 viss’, e] visse Nunes   9 coita] coyt(a) Nunes   10 cuidav’a teer] cuidava teer Nunes, Arias Freixedo, Littera   11 viss’, e] visse Nunes   16 coit’a quitar] coita quitar Nunes, Arias Freixedo, Littera   17 viss’, e] visse Nunes

Paráfrase


(I) Cando eu non podía ver a señora do meu corazón e de min, ben coidaba daquela que eu puidese perder a coita só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.

(II) Aínda que perdía o siso pola miña fermosa señora, canta coita de amor tiña non pensaba que fose nada só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.

(III) De canto eu coidei levar a cabo ningunha cousa conseguín, pois vede o que pensei: pensei en me librar da coita só con vela, e, así que a vin, tiven eu maior coita desde entón.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:381)

Encontros vocálicos: 9 coita‿avia

Notas


Texto
  • 3

    A lección de V permitiría unha lectura levemente diferente á ofrecida por B, con mudanza de tempo verbal: ben cuidar’enton / que podesse coita perder.

  • 5

    A segmentación da copulativa, ausente en Nunes, permite, máis unha vez enlazar naturalmente o discurso no refrán sen cortes sintácticos abruptos.

  • 10

    Como acontece noutros sintagmas, e tamén coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 60.14), convén, a diferenza de Nunes, Arias Freixedo e Littera, segmentar a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo, dado que esta é, ademais, a construción maioritaria na lingua trobadoresca. E algo similar acontece no v. 16 (cuidei-me de coit’a quitar), embora neste caso a distancia entre o verbo e a preposición permita facilmente evitar esa deglutinación (cuidei-me de coita quitar).

    Por outra banda, a expresión (non) teer en ren rexístrase noutra ocasión con este significado na obra de Roi Fernandiz de Santiago: Tod’este mal… non o terria ja en ren… (914.10) e tamén a empregan outros autores (véxase Glosario, s.v. teer en ren). Pero d’Armea, por exemplo, utilízaa no refrán da cantiga 1084, que garda moitas similitudes con esta: se eu já mui gran coita tenh’en ren.

  • 16

    Véxase nota ao v. 10.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado