431 [= RM 23,2]
Ora non moiro nen vivo nen sei

Ora non moiro nen vivo nen sei
como me vai, nen ren de mí senon
atanto que ei no meu coraçon,
coita d’amor qual vos ora direi:
tan grande que me faz perder o sén,
e mia sennor sol non sab’ende ren.
Non sei que faço nen ei de fazer
nen en que ando, nen sei ren de mí
senon atanto que sofr’e sofri,
coita d’amor qual vos quero dizer:
tan grande que me faz perder o sén,
[e mia sennor sol non sab’ende ren].
Non sei que é de min nen que sera,
meus amigos, nen sei de mí ren al
senon atanto que eu sofr’, atal
coita d’amor qual vos eu direi ja:
tan grande que me faz perder o sén,
[e mia sennor sol non sab’ende ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 266, B 450

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 523); Piccat (1985: 173 [= LPGP 173]); Littera (2016: I, 161-162).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 146); Peláez (1897: 74-75); Carter (2007 [1941]: 157); Machado & Machado (1950: II, 287); Horan (1966: 90); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 431).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 169); Gonçalves & Ramos (1983: 232); Sansone (1990: 180); Alonso Girgado (1992: 55); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 34); Arias Freixedo (2003: 360-361); Fidalgo (2009a: 70).

Variantes manuscritas


2 me] mj B   3 no] (e)no A; meu] men B   4 vos] uus A   5 me] mj B   7 faço] faça B   8 en] om. B   9 atanto] tanto B   10 vos] uus A   11 me] mj B   14 nen] nō B; mí] mj̄ B   15 sofr’, atal] sofra atal B   16 vos] uus A   17 me] mj B

Variantes editoriais


2 me] mi Piccat   4 vos] vus Michaëlis, Piccat   5 grande] grand’é Piccat; me] mi Piccat, Littera   10 vos] vus Michaëlis, Piccat   11 grande] grand’é Piccat; me] mi Piccat, Littera   14 amigos, nen] amigus non Piccat; mi] min Piccat   15 sofr’] sofra Piccat   16 vos] vus Michaëlis, Piccat   17 grande] grand’é Piccat; me] mi Piccat, Littera

Paráfrase


(I) Agora non morro nin vivo nin sei como me vai, nin (sei) nada de min agás isto que teño no meu corazón, unha coita de amor cal vos agora direi: tan grande que me fai perder o siso, e a miña señora nin sequera sabe nada dela.

(II) Non sei o que fago nin o que hei de facer nin en que ando, nin sei nada de min, agás isto que sufro e sufrín, unha coita de amor cal vos quero dicir: tan grande que me fai perder o siso, e a miña señora nin sequera sabe nada dela.

(III) Non sei que é de min nin o que será, meus amigos, nin sei de min ningunha outra cousa agás isto que eu sufro, tal coita de amor cal vos eu direi xa: tan grande que me fai perder o siso, e a miña señora nin sequera sabe nada dela.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:15)

Notas


Texto
  • 5

    Michaëlis (seguida por Littera) non segmentou a forma verbal é en <grande>, que Piccat propuxo na edición crítica de Bonifacio Calvo. En principio, as dúas posibilidades editoriais son correctas, mais optamos por manter grande, sen deglutinar a forma verbal, por dúas razóns: a) en ningunha das tres ocasións en que <grande> é copiado no refrán en A aparece marcada a segmentación con plica (nótese que neste folio e adxacentes si se marcan, aínda que non de xeito sistemático, bastantes dos encontros vocálicos con elisión de vogal); b) a ausencia de segmentación facilita o acento na 4ª sílaba, posición tónica case sistemática ao longo de toda a cantiga.

  • 7

    A lección faça de B é un erro evidente, pois a dúbida sobre como actuar no futuro está expresada xa pola perífrase ei de fazer. Pola contra, na versión de A hai un contraste entre o presente e o futuro.

  • 9

    O Cancioneiro da Ajuda corrixe con atanto a hipometría de B pola forma tanto. Véxase nota a 83.7.

  • 14

    Neste verso localízase o único caso de ren al en vez de al ren, con certeza cunha inversión condicionada pola rima. O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 15

    A sintaxe e o sentido impiden que sofrer apareza en subxuntivo, de modo que a lección de B, aceptada por Piccat, deberá ser interpretada como un erro inducido polo atal seguinte.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado