362 [= Tav 127,9]
Por Deus, sennor, tan gran sazon

Por Deus, sennor, tan gran sazon
non cuidei eu a desejar
vosso ben a vosso pesar;
e vedes, sennor, por que non:
ca non cuidei sen vosso ben
tanto viver per nulla ren,
nen ar cuidei des que vos vi
o que vos agora direi:
mui gran coita que per vós ei
sofre-la quanto a sofri,
ca non cuidei sen vosso ben
[tanto viver per nulla ren],
nen ar cuidei depois d’amor
a sofrer seu ben nen seu mal,
nen de vós nen de Deus nen d’al;
e direi-vos por que, sennor:
ca non cuidei sen vosso ben
[tanto viver per nulla ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 223, B 393, V 3

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 430); Nunes (1919: 322 [= LPGP 852]); Machado (1981: 38); Littera (2016: II, 387-388).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 6); Braga (1878: 1); Carter (2007 [1941]: 130); Machado & Machado (1950: II, 185), Camargo et alii (1985: 37); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 362).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 248-249).

Variantes manuscritas


1 Por] Par BV   2 non] uon B; vosso] uoso A   5 sen] seu B   6 viver] muer B; nulla ren] nulla te V   7 Nen] Ne A; cuidei] cuydedes BV; vos] uus A   8 vos] uus A   9 gran] g̃ni V; per] pᵉ BV   11 cuidei] cuydei (depoys damor) V   17 sen] seu B

Variantes editoriales


1 Por] Par Nunes   7 vos] vus Michaëlis, Machado   8 vos] vus Michaëlis, Machado   9 per] por Nunes, Littera   16 vos] vus Michaëlis, Machado

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:373)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta unha evidente continuidade discursiva entre as tres estrofas, como verdadeira cantiga ateúda (véxase nota á cantiga 15). No entanto, en todas as edicións precedentes as cobras son presentadas con independencia estrófica.

  • 5

    A conxunción ca presenta variación funcional nos diferentes refráns, pois é completiva nesta nesta estrofa I face a causal nas estrofas II-III. Véxase nota a 159.24.

  • 6

    Nótese a inusual aparición da grafía <ll> en V (<nulla>), fronte a <lh> en B: a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

Buscar
    Sin resultados