391 [= Tav 70,41]
Quantos an gran coita d’amor

Quantos an gran coita d’amor
eno mundo qual oj’eu ei
querrian morrer, eu o sei,
e averian én sabor;
mais mentr’eu vos vir, mia sennor,
sempre m’eu querria viver
e atender e atender...
Pero ja non posso guarir,
ca ja cegan os ollos meus
por vós e non me val i Deus
nen vós; mais, por vos non mentir,
enquant’eu vos, mia sennor, vir,
sempre m’eu querria viver
e atender e atender...
E tenno que fazen mal sén
quantos d’amor coitados son
de querer sa morte se non
ouveron nunca d’amor ben
com’eu faç’; e, sennor, por én
sempre m’eu querria viver
e atender e atender...
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 234, B 424, V 36

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 456); Nobiling (2007 [1907]: 75-76 [= LPGP 458]); Littera (2016: I, 513-514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 21); Braga (1878: 7-8); Carter (2007 [1941]: 135-136); Machado & Machado (1950: II, 244-245); Domingues (1992: 30); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 391).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 32-33); Correia (1978: 124); Fiúza (1981: 126-127); Sansone (1990: 120); Jensen (1992: 156); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 95); Fidalgo (2009a: 78).

Variantes manuscritas


2 oj’eu] oreu B   3 querrian] queiriam B; morrer] moirer BV   5 vos] uos ABV   6 eu] en B; querria] queiria BV   8 Pero] Ero A   10 me] mi BV   11 vos] uos A   12 vos] uos ABV   13 querria] q̄iria B   16 quantos] ꝗ̄ta V; coitados] cuycadꝯ V   19 eu] en B; por én] (e) poren A   20 querria] queria A : q̄iria BV

Variantes editoriales


2 eno] ẽ-no Nobiling   5 vos] vos Michaëlis : vós Nobiling   10 me] mi Nobiling, Littera   11 vos] vos Michaëlis   12 vós] vos Littera   20 querria] quer[r]ia Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C (= Tav 139:17)

Notas


Texto
  • 2

    A lección de B (<oreu>) pode ser interpretado como un erro <r>/<i> por <oieu>, aínda que tamén pode constituír unha variación sinonímica oje / ora (*qual or’eu ei).

  • 11

    A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. 

Buscar
    Sin resultados