829 [= RM 120,53]
Vistes, madr’, o que dizia

Vistes, madr’, o que dizia
que por mí era coitado?
Pois mandado non m’envia,
entend’eu do perjurado
que ja non teme mia ira,
ca, se non, noite nen dia,
a meos de meu mandado,
nunca s’el d’aqui partira.
E vistes u s’el partia
de mí mui sen o meu grado
e jurando que avia
por mí penas e cuidado?
Tod’andava con mentira,
ca, se [non, noite nen dia,
a meos de meu mandado,
nunca s’el d’aqui partira].
E ja qual molher devi’a
creer per nulh’ome nado?
Pois o que assi morria
polo meu bon gasalhado
ja xi por outra sospira,
ca, se [non, noite nen dia,
a meos de meu mandado
nunca s’el d’aqui partira].
Mais, Deus, quen o cuidaria:
d’el viver tan alongado
d’u el os meus olhos vira!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 832, V 418

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 216-217); Panunzio (1992 [1967]: 63-64 [= LPGP 792-793]); Cohen (2003: 291); Littera (2016: II, 281-282).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 157); Braga (1878: 79); Machado & Machado (1953: IV, 145-146); Fernández Pousa (1956: 804); Juárez Blanquer (1988: 61-62).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 58-59); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 94); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 197).

Variantes manuscritas


9 partia] parcia B   17 ja] ya BV; qual] q̅l V   18 nado] mado B   19 morria] moiria B

Variantes editoriales


7 a meos de] a meus de Panunzio   12 por] per Panunzio   15 a meos de] a meus de Panunzio   17-18 devi’a / creer] devia / creer Nunes, Panunzio, Cohen, Littera   21 xi] x’i Littera; por] per Panunzio   23 a meos de] a meus de Panunzio   25 quen o] quen no Nunes

Paráfrasis


(I) Vistes, madre, o que dicía que estaba por min coitado? Pois non me envía recado, entendo eu do perxuro que xa non teme a miña ira, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría. 

(II) E vistes cando se ía do meu lado contra a miña vontade e xurando que por min sufría penas e aflición? Todo era mentira, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.

(III) E por que motivo debería muller crer a home ningún? O que así morría polo meu pracer xa suspira por outra, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.

(1) Mais, Deus, quen o pensaría: vivir el tan afastado de onde puidese ver os meus ollos!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’A 7’B 7’C + 7'a 7'b 7'c (= RM 96:1)

Notas


Texto
  • 7

    A expresión contida neste verso debía ser frecuente no período medieval:

    Et mandou a Pero Bermudes tomar a syna et castigouo com̃o fezesse cõ ela, et que se nõ mouese cõ ela meos do seu mandado (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 426).

  • 17

    En ningunha das edicións precedentes se segmentou a preposición a na perífrase verbal dever + a + infinitivo; no entanto, a interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> B (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións de un dos testemuños manuscritos.

  • 20

    O substantivo gasalhado, en xeral coa acepción de ‘pracer (compartido)’ (véxase nota a 1192.13), é voz utilizada preferentemente en cantigas de amigo: fóra deste xénero só volta aparecer en 466.24 e 1487.15.

  • 21

    No pronome xi, variante fonética de xe (cfr. me/mi, che/chi, te/ti, lhe/lhi se/si), Littera segmentou o adverbio i (x’i).

Buscar
    Sin resultados