I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 589-590 [= LPGP 977]); Littera (2016: II, 546).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 209); Braga (1878: 112); Carter (2007 [1941]: 172); Machado & Machado (1953: IV, 383-384); Arbor Aldea (2016b).
1 Vivo] iuo A : < >yuo B 2 dormen] dormeu V 3 e] et A; muito] sempre BV 4 e] Mays B : mays V; eu] en V 6 coit’en] coytan BV 7 Vivo] Vuio V; dórmio] dormhe B 9 coitad’andar] cuytadandar B : cuytadā dar V 14 sempr’eu] sempre B : semp̃ V 15 viverei] uuierey V 19 amigos] amigus V; eu] om. A 20 coit’, en] coita en BV
10 sabe todo] todo sabe Michaëlis 19 eu] [eu] Michaëlis 20 d’a] da Michaëlis
(I) Vivo coitado en tal coita de amor que nin sequera dormen estes ollos meus e rogo moito a Deus pola miña morte; e unha cousa sei da miña señora: non sabe o mal que ela me fai pasar nin a gran coita en que me fai vivir.
(II) Vivo atormentado e nin sequera durmo nada, e cavilo moito e choro de pesar porque me vexo moi aflixido andar; mais a miña señora, que coñece todo ben, non sabe o mal que ela me fai pasar nin a gran coita en que me fai vivir.
(III) E, meus amigos, nacín en aciago día por tanta coita que eu sempre levei e porque no mundo (aínda) vivirei máis, pois a miña señora, que eu vin para a miña desgraza, non sabe o mal que ela me fai pasar nin a gran coita en que me fai vivir.
(IV) E, amigos meus, eu non teño forza para soportar a gran coita en que vivo.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:244) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 7 dór·mi͜o
A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).
Nótese a alternancia entre a copulativa e en A fronte á adversativa mais en BV, que se rexistra tamén noutras pasaxes (131.26, 226.20, 414.16). De calquera forma, este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).
Repárese en <amigus> coa terminación gráfica -us que é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Non parece axeitada a representación gráfica da que Michaëlis fixa para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos («E, meus amigos, non ei eu poder de sofrer a mui gran coit’en que vivo»), que aconsella unha grafía d’a.