1036 [= RM 63,82]
Voss’amigo quer-vos sas dõas dar

Voss’amigo quer-vos sas dõas dar,
amiga, e quero-vos dizer al:
dizen-mi que lhas queredes filhar;
e dized’ora, por Deus, ũa ren:
se lhi filhardes sas dõas ou al,
que diredes por lhi non fazer ben?
Vós non seredes tan sen-conhocer,
se lhi filhardes nulha ren do seu,
que lhi non ajades ben a fazer;
e venh’ora preguntar-vos por én:
se lhi filhardes nulha ren do seu,
[que diredes por lhi non fazer ben?]
El punhará muit’e fara razon
de lhas filhardes quando vo-las der,
e vós ou lhas filharedes ou non;
e dized’ora qual é vosso sén:
se lhi filhardes quanto vos el der,
que [diredes por lhi non fazer ben?]
Ou ben filhade quanto vos el der
e fazede ben quanto x’el quiser,
ou non filhedes con sén nulha ren
nen lhi façades nunca nen un ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


B 1032, V 622

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 281-282); Rodríguez (1980: 226 [= LPGP 410]); Cohen (2003: 566); Littera (2016: I, 457).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 221); Braga (1878: 119); Machado & Machado (1956: V, 29); Fernández Pousa (1959: 255).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 88).

Variantes manuscritas


1 dõas] donas V   3 queredes] gueredes V   10 én] eu V   11 nulha ren do seu] om. B   15 filharedes] filhardes B   16 vosso] nosso V   17 quanto vos el der] om. B   21-22 filhedes ... / nen] om. V   21 filhedes] lhi fazedes B   22 nen] Non B; façades] fazades V

Variantes editoriais


21 non filhedes] non fazedes Nunes : non |lhi| filhedes Cohen; con sén] do seu Rodríguez   22 nen] non Nunes; nen un] nẽum Littera

Paráfrase


(I) O voso amigo quérevos dar as súas prendas, amiga, e quérovos dicir outra cousa: dinme que llas queredes aceptar; e dicídeme agora, por Deus, unha cousa: se lle aceptardes as súas prendas ou outra cousa, que diredes para non lle facer ben?

(II) Vós non seredes tan parva (para pensar) que, se lle aceptades algo do seu, non teñades que lle facer algún ben; e véñovos agora preguntar por iso: se lle aceptardes algo do seu, que diredes para non lle facer ben?

(III) El porá moito empeño e fará o correcto para que llas aceptedes cando volas der, e vós aceptarédesllas ou non; e dicide agora cal é o voso pensamento: se lle aceptardes canto el vos der, que diredes para non lle facer ben?

(1) Ou ben aceptade canto vos el der e facede canto ben el quixer, (2) ou con razón non aceptedes ningunha cousa nin lle fagades nunca ningún ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10c 10b 10C (= RM 121:1) + 10b 10b + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    Nótese que a omisión da segunda parte dos vv. 11 e 17 en B, sen dúbida se debe ao feito de o copista interpretar estes versos como parte do refrán, tal como indican, por outra parte, as marcas de Colocci.

  • 1

    A presenza de -n- intervocálico na forma manuscrita <donas> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ en dõa (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 7

    Só achamos a lexicalización sen-conhocer na lírica profana (tamén 1237.11, 1442.7, 1443.19, 1672.14), onde é formación sinónima de ‘parvo, desasisado’, similar a outras formacións, como sen-razon, sen-saber ou sen-verdade (véxase Glosario, s.v.). Porén, un uso próximo, sen lexicalización (cfr. nota a 115.13) pode verse na tradución da Crónica de España e da Crónica de Castilla:  

    Et tu me semellas a dona sem piedade et sem boo conocer, et tees grã poder de fazer bẽ et mal (cfr. CGPA, s.v.).

  • 21

    A segunda fiinda precisa, en primeiro lugar, a emenda de <fazedes> (lección conservada en Nunes) para filhedes, xunto coa expunción de lhi, pola continuidade coa primeira fiinda: Ou ben filhade .... ou non filhedes... A partir de aquí, o sentido e a fluidez sintáctica solicitan a emenda de non en prol de nen, tendo en conta a frecuencia do erro <o>/<e> nos apógrafos, tal como Rodríguez propuxo na edición crítica do cancioneiro de Joan Airas de Santiago.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado