Esta cantiga conta con dupla documentación no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, xa que aparece completa en B 57 e, de novo, en B 72, onde son copiadas (con variantes non substantivas) as dúas primeiras estrofas en orde inversa.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 679-680 e 702 [= LPGP 327-328]); Littera (2016: I, 353).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 18-19 e 24); Machado & Machado (1949: I, 75-76 e 92-93); Rios Milhám (2017: I, 31).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 236-237); Magalhães (2007: 115).
1 senhor] senoʳ B’ 2 seguramente o] seguramt̄ B’; o que] eq̄ B’ 3 entanto com’eu] nos dias en q̄ B’ 4 vos] ues B’ 5 ca] Que B’; m’avedes] mħaueds̄ B’; a creer] om. B’ 6 macar me vejades morrer] om. B’; machar B; morrer] moirer B 7 vos] uos B’ 9 sõ[o]] sō B : om. B’ 10 segurament’, u non jaz al] segrametu nō iaz al B : seguramt̄ hunō aal B’ 11 mi] om. B 12 mcar B’
Michaëlis edita como dúas cantigas diferentes as dúas aparicións do texto en B1.
2 seguramente] segurament(e) Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis 7 vos] vus Michaëlis 11 mi avedes] [m’]avedes Michaëlis : m'havedes Littera 13 vos] vus Michaëlis; [eu]] om. Littera 16 soo ... vo-lo] sõo ... vo’-l(o) Michaëlis : som ... vo-lo Littera 17 que] ca Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 22 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis 23 que] ca Michaëlis
(I) Vede, fermosa miña señora, o que seguramente farei: mentres eu estiver vivo nunca vos direi a miña coita, pois non me habedes crer, aínda que me vexades morrer.
(II) Por que vos hei eu, miña señora, dicir nada do meu mal se eu sei con certeza, sen ningunha dúbida, que non me habedes crer, aínda que me vexades morrer?
(III) Servireivos eu, miña señora, canto eu puider, mentres viva; mais, xa que son sufridor de coita, non volo quero dicir, pois non me habedes crer, aínda que me vexades morrer.
(IV) Pois eu entendo, miña señora, o pouco proveito que me ten dicirvos o grande amor que vos teño, non vos falarei diso, pois non me habedes crer, aínda que me vexades morrer.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:47)
Encontros vocálicos: 2 seguramente‿o; 11 mi‿avedes; 16 -lo‿ei
O uso de vedes (forma de presente de indicativo) como imperativo con valor presentativo no verso inicial da cantiga é frecuente no corpus: Vedes, senhor, ... / ..., / ali tenh’eu o coraçon: / ... (49.1); Vedes, senhor, ..., / ..., ja vós sempre seredes, / senhor fremosa, de mí poderosa (50.1); Vedes, amigos, que de perdas ei / des que perdi por meu mal mia sen[h]or: / ... (378.1). Do mesmo xeito, tamén é moi frecuente no interior da composición: Vedes por que o dig’assi: / ... (758.8); Vedes por que: ... (1085.5); e vedes: / ... (1495.18) etc.
Nótese a equivalencia construtiva de entanto como e nos dias (en) que nas dúas versións do texto, en liña coa súa coexistencia ao longo do corpus trobadoresco profano.
A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.
Fronte á forma monosilábica son derivada directamente do lat. sŭm, os resultados sõo e soo xerados por analoxía (sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas, mais tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de que ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poden convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que, por exemplo, en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.
A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patenta a través da variante de B 72 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia da cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.
Recollemos, por tanto, só as variantes do texto completo (Michaëlis nº 341).