I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 864); Nunes (1973 [1928]: 457-458); Spina (1983: 34 [= LPGP 865]); Cohen (2003: 535); Littera (2016: II, 404-405).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 168); Rios Milhám (2018b: III, 345).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 56); Piccolo (1951: 143-144); Landeira Yrago (1975: 209); Torres (1977: 346); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 211).
1 fazia] fezia B 2 pre[i]t’e menage] p’dem enaige B 3 e vai-s’ora de carreira sa via] euayssoria de carrerya lauia B 4 e] Et B 5 e vai-s’a Catalonha] et uay ssa cataionha B 6 amiga, quant’al] amiga(l) qnantal B 8 e] Et B 9 e] Et B 13 e] Et B 14 e] Et B; e] Et B
1 fazia] fezia Cohen, Littera 4 mente e] ment(e)! E Michaëlis : ment’e Nunes, Cohen, Littera : ment(e) e Spina 5 s’a] s(e) a Michaëlis 6 quant’al] quen tal Michaëlis, Spina, Nunes, Cohen : quem tal Littera 9 mente e] ment(e)! E Michaëlis : ment’e Nunes, Cohen : ment(e) e Spina 10 s’a] s(e) a Michaëlis 14 mente e] ment(e)! E Michaëlis : ment’e Nunes, Cohen, Littera : ment(e) e Spina; min] mi Michaëlis, Nunes, Spina, Cohen, Littera 15 s’a] s(e) a Michaëlis
(I) O meu amigo, amiga, que tanto ben me facía, fíxome promesa e xuramento de que me vería antes de partir, e vaise agora de camiño, e sempre así me mente e non me ten vergoña: non me viu máis de un día e marcha para Cataluña!
(II) Nunca vistes, amiga, todo aquilo que o amigo vería, porque me xurou que nunca xa de min se separaría e as mentiras que el me dixo foron máis dun cento, e sempre así me mente e non me ten vergoña: non me viu máis de un día e marcha para Cataluña!
(III) Non sabedes, amiga, como el me xurou que nunca se afastaría de min sen o meu consentimento, e o hipócrita mentiume cen veces ou máis, e sempre así me mente e non me ten vergoña: non me viu máis de un día e marcha para Cataluña!
Esquema métrico: 13’a 13’a 13’a 13’B 13’B (= RM 16:6)
Encontros vocálicos: 3 fosse,‿e; 4 mi‿assi, mente‿e; 9 mi‿assi, mente‿e; 14 mi‿assi, mente]‿e
Aínda que B subministra a lección <fezia>, tal forma é inexistente no corpus trobadoresco (e na lingua en xeral), e deberá, por tanto, ser considerada como un erro de copia.
As voces preito e menage tenden a aparecer unidas nun sintagma que se reitera no corpus das cantigas e na produción medieval, como mostra e non me val i preito nen menage (983.22), ou múltiplas pasaxes tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, entre outras obras:
quero que me façades preyto et menage͂; et façamo[s]llj preyto et menage͂ por amor do conde; Et elles fezerõ preito e menage͂ que nũca fossem contra elle; quero que mj façades preito et menage͂ do que uos disser; et fezerõlle preyto et menage͂ de lle conoçer senorio (cfr. TMILG, s.v. menage, menage͂).
Nas crónicas portuguesas tamén aparece con frecuencia:
e fezerom preito e menagem nas maãos do dito dellegado que elles guardassem compridamente estas pazes (...) fazendo preito e menagem nas maãos do dito dellegado de as teer e guardar compridamente (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 182-183).
e fez preito e menagem ao Primçipe de numqua mais emtrar em Portugall (...) e disto senhor uos farey preito e menaiem (Crónica de Afonso Henriques; Duarte Galvão 1995: 26, 35).
A alusión a Cataluña volve aparecer na cantiga 1635.10, sempre coa forma Catalonha, que tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 48.6, 154.11, 194.5, 235.52, 312.11; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. Catalonna), na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, coa grafía Catalona (véxase Lorenzo 1975: I, 77, 846), ou no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: I, 145, 168).
Todos os editores emendaron a lección quant’al do manuscrito na desnecesaria procura dunha transparencia que o apógrafo xa mostra: a combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.
Ao mesmo tempo, o pretérito de subxuntivo visse está utilizado con valor de pospretérito, igual que acontece con partisse ‘partiría’ (vv. 7 e 12). Así, o parágrafo deberá entenderse do seguinte xeito: ‘Nunca viches, amiga, todo aquilo que o amigo vería, porque me xurou que nunca xa de min se apartaría e díxome máis de cen mentiras...’.
No corpus das cantigas profanas, existen casos similares deste uso verbal:
O que jurava que me non visse
por non seer todo quant’el disse,
par Deus, donas, aqui [é ja!] (653.7).Ca preit’avia comigo,
ergo se fosse coitado
de morte, que se veesse
o máis cedo que podesse (711.r1).
Vistes vós, amiga, meu amigo,
que jurava que sempre fezesse
todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2).ca mi jurou que se non partisse
d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9).
...; mais sei que, des i,
tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1).Assanhou-s’o meu amigo
a mí porque non guisei
como falasse comigo (1123.3).
De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana:
Depoys que el rrey Leomedón achou seu sobriño morto, prometeu que nũca entrasse en Troya, se o nõ vĩgasse (...) Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 224-225).
Tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso:
E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).
No período medieval aínda non estaba consolidada a apócope, en posición proclítica, de cento, de modo que a forma plena aparece con relativa frecuencia. Véxanse algúns casos na tradución galega do General Estoria:
Et avya Abel ja çento ãnos quando omatou seu yrmão Caym (...) et despoys poso çento ãnos em fazer la arca (...) et e͂na cabeça aderredor avia çento ollos (Martínez López 1963: 12, 99, 252).