I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 703-705); Alvar (1986: 48-49 [= LPGP 842]); Littera (2016: II, 377).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 24); Machado & Machado (1949: I, 94-95); Rios Milhám (2017: I, 46).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 198-199); Diogo (1998: 19-20); Arias Freixedo (2003: 253-255).
A copia desta cantiga presenta unha segmentación errada das estrofas: a cobra IV acaba no v. 26, de forma que a última estrofa comeza con maiúscula no v. 26. Porén, no manuscrito falta a letra correspondente á maiúscula inicial do v. 29, o realmente primeiro da estrofa V.
4 servir] sernyr B 11 aviades] auedyes B 13 preguntar] pʼgūcar B 23 quand’eu] de ꝗʷ deu B 24 tever] ceuer B 27 mentr’eu] Mnētʼu B
4 de vos amar e vos servir] [de se a outra terra ir] Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis 10 en] e Michaëlis, Littera 15 vos] vus Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis 18 vos] vus Michaëlis : ca] c’a Alvar 19 como ora] com(o) ora Michaëlis : com’ora Littera 20 mal baratei] malbaratei Alvar 22 coita] coit(a) Michaëlis 23 quand’eu] de quand’eu Alvar : des quand(o) eu Michaëlis; vós oer] vos for’ Michaëlis : vos oer Alvar 24 desamor voss’e [o] tever] e tever’ vosso desamor] Michaëlis : desamor voss[o] e tever Alvar, Littera 25 cerr[ar]ei] [e] terrei Littera 26 convosc’ ... se[e]rei] convosco ... serei Michaëlis, Alvar, Littera 28 como] com(o) Michaëlis 29 vos] vus Michaëlis 31 vós] vos Alvar, Littera 33 possa én partir] poss(a) apartar Michaëlis 34 vos] vus Michaëlis
(I) En mal día naceu, señora, quen tivo que se afastar de vós como eu de vós me afastarei, e se viu na obriga de vos amar e de vos servir. Agora, cando me vaia lonxe de vós, vivirei sen gusto.
(II) En tal coita me vin, señora, que nin sequera me atrevín a vos falar diso; vós, por diversión e por gusto, habiádesme de matar, pois non me quixestes ollar nin preguntar por que sentía tal pavor, (III) xa que nin sequera me atrevín a vos dicir a causa por que fora alí onde vos achei, e temín máis causarvos pesar por iso ca morrer, como agora por vós morrerei; e vexo que fixen un mal negocio porque antes non morrín logo alí, (IV) pois hei de sufrir unha coita moito maior, señora, cando eu reciba e teña o voso desamor: cerrarei este xogo convosco e serei voso (servidor) mentres eu viva, e procurarei o xeito de levar o voso desamor.
(V) Mentres vos eu puider servir obterei (a cambio) o voso desamor, pois eu non hei fuxir de vós, nin tomarei outra señora pola que me poida afastar de vós; mais deixareime matar por vós, pois non vexo outra saída.
Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= RM 100:54) + 8a 8b 8a 8b 8b 8b 8a (= RM 86:2) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= RM 163:36) + 8a 8b 8b 8a 8a 8a 8c (= RM 131:1) + 8a 8b 8a 8b 8a 8c 8b (= RM 77:1)
Encontros vocálicos: 19 como‿ora; 22 coita‿averei; 28 como‿aja; 33 possa‿én
A diferenza dos demais editores, coidamos que a interrogación neste verso condí mellor co sentido da estrofa e da composición.
O verbo falar rexe preposición de e, con máis frecuencia, en, feito que condiciona a interpretación do verso e obriga a facer nel un corte sintáctico-conceptual que xa Alvar introduciu, mellorando así a edición michaëliana.
A presenza de me no v. 12 leva consigo a súa integración neste verso, de modo que se resolve a hipometría ao tempo que se restaura a normalidade sintáctica.
O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
A hipermetría do verso 23 aconsella eliminar a preposición de, sen que o sentido da estrofa se vexa resentido, nun contexto en que a lección do manuscrito, que é claramente defectuosa, dificulta a fixación do texto crítico nestes dous versos. Para a presenza anómala de de noutros puntos dos cancioneiros, véxanse 140.27 e 283.4 (B vs. A) ou 1053.r1 e 1486.15 (B vs. V), para alén de, por exemplo, 486.8 e 14.
Por outra banda, o verbo teer esixe un CD que a hipometría versal revela como ausente na copia, feito que xustifica a integración do pronome o para se referir ao desamor, xa que joguete é o suxeito de cerrar.
A voz joguete ‘brincadeira, burla’ (1525.21) parece ter neste contexto o valor de ‘asunto, brincadeira’, mais do que ‘cantiga’ (cfr. o joguete d’arteiro citado na poética que abre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional). O sentido orixinario de joguete aparece tamén noutras obras:
Depoys que Pares disso seus jogetes a Elena, Elena lle disso que quería yr veer a Éytor (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 386-387).
Ẽ salvo dizedes vossos joguetes, ca bem pagado vos tenho por este ãno, vos e vossas cõpanhas (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: III, 445).
Por outra parte, a integración realizada en cerr[ar]ei restaura a omisión da abreviatura na copia do verso.
Para a restauración da isometría tivemos en conta o feito de convosco sempre presentar crase cando vai seguido da copulativa e (23.3, 122.4, 269.16, 671.9, 1419.27 e 1445.20), do mesmo xeito que vosco estabelece sistematicamente sinalefa coa palabra seguinte cando esta comeza por vogal: vosco‿en (1445.6, 1551.r) e vosco‿entençon (1636.17); por conseguinte, a mellor opción é recorrer á forma seerei, que convive no corpus coa máis evoluída serei (véxase nota a 90.15).
Dado que fogir é verbo que tamén rexe a preposición a na lingua medieval, mantemos a forma tónica vós, de modo que a orde recta do verso é «ca eu non ei fogir a vós».
Con certeza, o pronome vos neste contexto parece un dativo non argumental que reúne valores próximos do dativo de interese e do pronome de solidariedade, que se consolidou modernamente en galego.