414 [= Tav 114,3]
A mia sennor, que por mal destes meus

A mia sennor, que por mal destes meus
ollos eu vi, fui-lle gran ben querer,
e o mellor que dela poid’aver
des que a vi direi-vo-lo, par Deus:
disso-m’oje ca me queria ben,
pero que nunca me faria ben.
E, por esto que me disso, cuidou
min a guarir, que ja moiro; mais non
perdi por én coita do coraçon,
pero ben foi máis do que me matou:
disso-m’oje ca me queria ben,
[pero que nunca me faria ben].
E por aquesto cuida que seu prez
tod’á perdud’, e vedes qual sennor
me faz amar muito Deus e Amor,
e o mellor que m’ela nunca fez:
disso-m’oje ca me queria ben,
[pero que nunca me faria ben].
E entend’eu ca me quer atal ben
en que non perde nen gaan’eu ren.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 255, B 842, V 428

En BV, para alén de non existir fiinda, invértese a orde das estrofas II-III.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 498-499); Cunha (1999 [1945]: 118-119); Monteagudo (1984: 347-348 [= LPGP 711]); Littera (2016: II, 224).
II. Outras edicións: Braga (1878: 81); Carter (2007 [1941]: 149-150); Machado & Machado (1953: IV, 158-159); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 414).
III. Antoloxías: Cotarelo Valledor (1934: 203).

Variantes manuscritas


2 eu] a BV   3 poid’aver] pod / poyd auer A : pudauer B : puda uor V   4 direi] dysey B : dyr V   5 disso] disse BV; ca] (ca me) qe / ca A : q̅ B : que V   6 pero] po V; faria] feria B   7 disso] disse BV   8 min] mj B : mi V   9 coraçon] coracom V   10 me] meꝯ BV   11 disso] disse B : di se V   14 perdud’e] ꝑdud(o) e A   15 muito] om. BV; Deus] d’z V   16 e] may BV   17 disso] disse BV   19-20 om. BV   20 gaan’eu] gaan(o) eu A

Variantes editoriais


3 poid’] pud’ Cunha, Littera   5 disso] disse Cunha   6 pero] pera Littera   7 disso] disse Cunha   11 disso] disse Cunha   12 pero] pera Littera   14 perdud’] perdudo Monteagudo   16 e] É Monteagudo   18 pero] pera Littera   20 gaan’] gaan[h]’ Cunha, Littera

Paráfrase


(I) A miña señora, que eu vin para mal destes meus ollos, fun amar, e, por Deus!, direivos o mellor que dela puiden obter desde que a vin: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.

(II) E por isto que me dixo coidou que me salvaba, porque xa morro; mais non perdín por iso a coita do corazón, senón que iso contribuíu máis a matarme: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.

(III) E por isto pensa que perdeu toda a súa estima; vede que señora Deus e Amor me fan amar moito, e o mellor que ela nunca me fixo: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.

(1) E eu entendo que me quere de tal maneira en que non perde (ela) nin gaño eu nada.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:186)

Notas


Texto
  • 3

    A forma poide, P1 do pretérito indicativo de poder, é variante única no corpus trobadoresco, pois pude ~ pudi é a forma xeral. Tal variante1 , que está na base da forma galega moderna coa raíz puid- (véxase Ferreiro 1999: §213d), ten de proceder da disimilación de [ow] após a metátase de wau a partir da base latina potŭī > poude > poide (> puide), pois a forma con [ow] foi realmente existente (véxanse, por exemplo, múltiplas ocorrencias no Livro Português de José de Arimateia (Miranda 2016: 233, 234, 237, 240, 244, 252, 258...). O mesmo que aconteceu con soube (<sapŭī), que presenta a forma soybe esporadicamente desde textos temperáns, nun documento de Melide de 1269 (cfr. E porque entendi e soybe a uerdade por boa carta que eu ui de como o moesteyro), até textos máis tardíos, cunha decena de atestacións na tradución galega da General Estoria e mais da Crónica de Castilla e da Estoria de España, na Crónica Troiana e mais na Historia Troiana (véxase TMILG, s.v. poyde). Do mesmo xeito, poide tamén se rexistra nas mesmas obras e nalgún documento serodio (véxase TMILG, s.v. poyde); e, tamén, oive (= ouve) (Pichel 2014: 1441, 1471, 1564, 1808...), ou oivo (Fernández de Viana y Vieites 1995: 44) e oyue (cfr. CGPA, s.v.); e o mesmo acontece cos restantes verbos con pretéritos fortes, tal como se pode comprobar, por exempo, con troixe ~ troyxe, troyxo etc. (cfr. CGPA, s.v.).
    Así pois, a partir de poide chégase sen ningunha dificultade a puide, que se atesta en 900.8 (e vos non puid’eu i valer) e mais en CSM 300.67 e 311.21, xunto con unha ocorrencia na Crónica Troiana e outra na tradución galega da Crónica Geral (véxase CGPA, s.v. puid(e), puyde). En territorio portugués poide ~ puide deberon ser formas tamén utilizadas, como mostra a pervivencia de puide na Crónica de D. Fernando de Fernão Lopes (Senhor, eu vos consselhei em esto o mais sãamente que eu puide; Macchi 2004: 275-276) ou na Crónica de D. Pedro (per guisa que eu nom puide tomar dello conta assessegadamente, como era razom; Fernão Lopes 1986: 58) ou poydo (P3) no Livro das Confissões: e nõ por prelados ne͂ por leterados ne͂ por outros da sapiencia de Deus alumeados nõ poydo mays saber o que apenas cree͂ os doutores que podesse seer (Martín Pérez 2012-2013: 368).

  • 5

    Nótese como a repetición da conxunción mostra a equivalencia total entre que e ca, intercambiábeis tanto como conxunción completiva canto causal (véxase nota a 66.6). Cfr. nota a 1450.17.

    Ademais, a maioritaria concorrencia disso A / disse B (tamén no v. 7) mostra como na lingua trobadoresca, na P3 dos pretéritos fortes xa aparece, en convivencia coas maioritarias formas etimolóxicas, a desinencia analóxica -o (Ferreiro 1999: §§203a, 203b), acrecentada en formas verbais coa desinencia ø (fez fezo, pôsposo, quisquiso) ou substituíndo a desinencia -e (dissedisso ~ dixo, ouveouvo, pôdepodo). Véxase nota a 53.16.

  • 8

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 16

    Para a correcta interpretación deste verso debemos considerar a elipse de vedes: «e [vedes] o mellor que m’ela nunca fez».

    Neste verso, por outra parte, reaparece a alternancia entre a copulativa e en A fronte á adversativa mai[s] en BV, que se rexistra tamén noutras pasaxes (131.26, 226.20, 982.7). De calquera forma, este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).

  • 20

    Neste verso aparece o único rexistro da variante gaanar (agás que sexa simplemente unha grafía <n> /ɲ/) do maioritario guaanhar ~ gaanhar, que presenta múltiplas variantes nos textos medievais. Cfr. nota a 83.11.

  1. ^

    Obsérvese, con todo, unha certa vacilación na copia de A.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado