211 [= Tav 43,11]
Quand’eu mia senhor conhoci

Quand’eu mia senhor conhoci
e vi o seu bon parecer
e o gran ben que lhi Deus dar
quis por meu mal, log’entendi
que por ela ensandecer
me ve[e]rian e levar
grandes coitas e padecer.
Pero que eu soub’entender,
quando os seus olhos catei,
que por ela, e non por al,
me veerian morte prender
(porque me log’i non quitei
d’u a non visse) e que o mal
que oj’eu sofro rec[e]ei,
muit’er temi, mais eu cuidei,
con mui mal sén que ouv’enton,
que podess’eu sofrer mui ben
as grandes coitas que levei
por ela eno coraço[n];
e provei-o e pois, quand’én
me quis partir, non foi sazon
de m’én partir, ca noutra ren
non pud’eu cuidar des enton.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 227

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 810-811); Spampinato Beretta (1987: 58-60 [= LPGP 294-295]); Littera (2016: I, 315).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 97-98); Machado & Machado (1949: I, 370-371); Rios Milhám (2018a: II, 211).

Variantes manuscritas


14 receei] rechei B   22 ca noutra] ca en out̃ B

Variantes editoriais


10 por ... por] per ... per Spampinato Beretta   12 porque] por que Michaëlis : perque Spampinato Beretta : por que Littera   13 e] om. Michaëlis, Spampinato Beretta : é Littera   14 rec[e]ei] rechei Spampinato Beretta   15 er] e Littera   19 por] om. Spampinato Beretta   22 noutra] en outra Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera

Paráfrase


(I) Cando eu coñecín a miña señora e vin a súa fermosura e o moito ben que Deus lle quixo dar para o meu mal, logo entendín que me verían ensandecer por ela e levar e padecer grandes coitas.

(II) Aínda que eu comprendín, cando catei os seus ollos, que por ela e non por outra cousa me verían morrer –porque non me fun logo nese momento a onde non a vise– e aínda que receei o mal que hoxe sufro, (III) tiven moito temor, mais pensei eu –con moi mal xuízo que tiven entón– que podería soportar moi ben as coitas que levei por ela no corazón; e tenteino e despois, cando me quixen afastar de alí, non se deu a ocasión (1) de me ir de alí, porque eu non puiden pensar noutra cousa desde entón.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8c 8a 8b 8c 8b + 8c 8b (= Tav 210:1)

Encontros vocálicos: 11 ve͜e·ri·an; 13 visse‿e

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, con unión sintáctico-discursiva entre as súas estrofas a partir da primeira, ligada adversativamente á segunda (igual que as cantigas 220, 235 ou 380 presentan esta ligazón na penúltima estrofa), mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que esa ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantigas 55 e 74. Véxase notas ás cantigas 15 e 23.

  • 6

    A isometría versal é restaurada por medio da forma veerian, que neste verso computa como tetrasilábica, por máis que no v. 11 equivalla a tres sílabas.

  • 8-15

    A articulación discursiva da segunda estrofa é diverxente, conforme os editores, especialmente no que di respecto aos vv. 12-15 (interrogativos) e á independencia (Michaëlis e Spampinato Beretta) ou continuidade estrófica  coa terceira cobra (Littera).

  • 13

    As anteriores editoras omitiron o verbo é por consideraren que era unha copulativa excedente no verso, sen teren en conta que <e> tamén pode ser lido como a forma verbal é e que estabelece sinalefa con visse.

  • 14

    Talvez o rechei de Spampinato Beretta sexa unha gralla por recehei ou receei, pois no glosario final da súa edición é recollida literalmente aquela forma como pertencente a recear.

  • 14-15

    A ligazón interestrófica presente en Littera (receei / muit'e temi) inclúe a emenda er > e.

  • 19

    Outra gralla podería explicar tamén a omisión de por neste verso, así condenado á hipometría na edición de Spampinato.

  • 22

    A conservación da lección manuscrita ca en outra ren implica unha anómala sinalefa de ca (véxase nota a 47.5-8) que facilmente se evita con ca noutra ren, con base na alternancia en outro ~ noutro ao longo dos textos trobadorescos e nos mesmos sintagmas (cfr. os frecuentísimos noutro dia ~ en outro dia, por exemplo).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado