309 [= RM 147,12]
Par Deus, ai Dona Leonor

Par Deus, ai Dona Leonor,
gran ben vos fez Nostro Sennor!
Sennor, parecedes assi
tan ben que nunca tan ben vi,
e gran verdade vos dig’i,
que non poderia maior:
par Deus, ai Dona Leonor,
gran ben vos fez Nostro Sennor!
E Deus, que vos en poder ten,
tan muito vos fezo de ben
que non soub’El no mundo ren
per que vos fezesse mellor:
par Deus, ai Dona L[eonor,
gran ben vos fez Nostro Sennor!]
En vós mostrou El seu poder:
qual dona sabia fazer,
de bon prez e de parecer
e de falar, fez-vos, sennor:
par Deus, ai D[ona] L[eonor,
gran ben vos fez Nostro Sennor!]
Com’antr’as pedras bon rubi
sodes, antre quantas eu vi,
e Deus vos fez por mal de mí,
que á comigo desamor:
par Deus, ai Dona [Leonor,
gran ben vos fez Nostro Sennor!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


A 198, B 349

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 383-384); Barbieri (1980: 64 [= LPGP 913-914]); Littera (2016: II, 474).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 127); Carter (2007 [1941]: 116); Machado & Machado (1950: II, 110-111); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 309).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 119); Piccolo (1951: 155-156); Nunes (1959: 241-242); Correia (1978: 176-178); Gonçalves & Ramos (1983: 274); Jensen (1992: 356); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 218); Arias Freixedo (2003: 825-826); Souto Cabo (2017: 237).

Variantes manuscritas


1 Par] ar A : Por B;   2 vos] uus A   4 ben] beu B   5 vos] uus A   7 par] ar A   8 vos] uus A   10 fezo] fez B   11 soub’El] sabel B   12 per] por B   15 En vós mostrou] Eu nos moustrou B   21 rubi] roby B   23 vos fez por mal] uus fez por bem A; mí] mj̄ B   24 que á comigo desamor] que tē comigo gn̄damor A : Quera cōmigo desamor B

Variantes editoriais


1 Par] Por Barbieri   2 vos] vus Michaëlis, Barbieri   5 vos] vus Michaëlis, Barbieri   8 vos] vus Michaëlis, Barbieri   9 vos] vus Michaëlis, Barbieri   10 vos] vus Michaëlis, Barbieri   12 per] por Barbieri, Littera; vos] vus Michaëlis, Barbieri   14 vos] vus Michaëlis, Barbieri   15 mostrou] monstrou Barbieri   18 vos] vus Barbieri   20 vos] vus Michaëlis, Barbieri   21 rubi] roby Barbieri   23 fez-vos] fez vos Michaëlis, fez-vus Michaëlis, Barbieri; mal] ben Michaëlis   24 á] ten Michaëlis; desamor] gran amor Michaëlis   26 vos] vus Michaëlis, Barbieri

Paráfrase


Por Deus, ai Dona Leonor, moito ben vos fixo o Noso Señor!

(I) Señora, sodes tan fermosa que nunca vin quen tanto o fose, e dígovos gran verdade niso, que non podería (dicir) maior: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!

(II) E Deus, que vos ten en poder, tanto ben vos fixo que El non encontrou no mundo ningunha cousa con que vos puidese facer máis ben: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!

(III) En vós mostrou El todo o seu poder: tal dona como El sabía facer, de bo prez e de fermosura e de ben falar, así vos fixo, señora: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!

(IV) Como un belo rubí entre as pedras sodes, entre todas cantas eu vin, e Deus vos fixo para o meu mal, porque me ten desamor: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8a 8b 8B 8B (= RM 19:32)

Notas


Texto
  • *

    Esta composición presenta refrán inicial, tal como as cantigas nº 454, 474, 867b, 1456, 1572, 1574, 1576 e 1634.

  • 1

    Non se sabe con seguranza quen pode ser esta Dona Leonor, cuxo nome nunha cantiga de amor constitúe unha anomalía, polo principio de ocultamento do nome da amada. Véxase nota a 111.1.

  • 10

    A variante fez de B (vs. fezo A) faría hipométrico o verso. Véxase nota a 53.16.

  • 11

    De novo A e B presentan diferente tempo verbal, sempre entre pretérito (soube) e presente (sabe). Véxase nota a 193.3.

  • 15

    Obsérvese a variante monstrar de B (vs. A), talvez produto da intervención do copista, tal como mostra a análise das variantes (a)mostrar / (a)mosntrar nos códices. Véxase nota a 9.3.

  • 21

    A comparación da sennor cun rubi é inédita no corpus, mais aparece outra semellante coa Virxe nas Cantigas de Santa Maria: e parecia mas crara que é rubi nen crestal (CSM 235.98).

  • 23-24

    As redaccións enfrontadas de A e B constitúen un caso único no corpus de duplicidade conceptual dunha cantiga: e Deus vos fez por mal de mí, / que á con migo desamor1  vs. e Deus vos fez por ben de mí, / que ten comigo grand’amor. Perante a dupla posibilidade editorial, semella preferíbel a lección de B, por canto o texto de A é produto dunha corrección no códice (probabelmente tardía) que moderniza a construción aver amor (teer amor non se rexistra no corpus). Por outra parte, a lección do Cancioneiro da Ajuda contradí a tópica do xénero da cantiga de amor, en que Deus é acusado de crear a senhor fermosa para causar coita ao poeta namorado.

  1. ^

    Este é precisamente un dos problemas textuais propostos en Locus criticus: <http://locuscriticus.webs.uvigo.es/?p=127>

Buscar
    Non se atopou ningún resultado