377 [= RM 9,11]
Sempre vos eu d’outra ren máis amei

Sempre vos eu d’outra ren máis amei
por quanto ben Deus en vós pôs, sen[h]or;
des i ar ei gran mal e desamor
de vós, e por én, mia senhor, non sei
se me praza porque vos quero ben,
se mi ar pes én por quanto mal me ven.
Por quanto ben, por vos eu non mentir,
Deus en vós pôs vos am’eu máis que al;
des i ar ei meu grand’afan e mal
de vós, e por én non sei ben partir
se me praza porque vos quero ben,
s[e mi ar pes én por quanto mal me ven].
Por quanto ben Deus en vós foi põer
vos am’eu máis de quantas cousas son
oje no mund’e non ei se mal non
de vós, e por én non sei escolher
se me praza p[or]q[ue vos quero ben],
s[e mi ar pes én por quanto mal me ven].
Pero, sen[h]or, pois m’escolher conven,
escolh’eu d’ambas que mi praza én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 409, V 20

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 25-26 [= LPGP 105-106]); Arbor Aldea (2001: 152); Longo (2003: 86-87); Littera (2016: I, 68-69).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 15-16); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 510); Magne (1931: 84); Machado & Machado (1950: II, 218-219); Rios Milhám (2018b: III, 377).

Variantes manuscritas


1 vos] uus BV   2 Deus en] densen V   5 vos] uus BV   6 se mi ar] ssēhar B   7 Por] Per V; vos] uos BV   8 Deus en] des eu V; eu] en B   10 partir] p̃tir B : p̄tir V   11 vos] uo V   16 escolher] esto lhe[*] B   19 conven] conuiē V

Variantes editoriais


1 vos] vus Arbor Aldea, Longo   5 vos] vus Arbor Aldea, Longo   8 vos] vus Longo   9 meu] mui Nunes, Arbor Aldea : m'eu Littera   11 vos] vus Longo; quero] qnero Nunes   13 põer] poer Longo   14 vos] vus Longo   17 vos] vus Longo

Paráfrase


(I) Sempre vos eu máis amei que outra cousa por canto ben Deus en vós puxo, señora; alén diso, tamén recibo mal e desamor de vós, e por iso, miña señora, non sei se me praza porque vos amo, ou se tamén me pese iso por canto mal me vén.

(II) Por canto ben Deus puxo en vós, por vos eu non mentir, ámovos eu máis que outra cousa; alén diso, tamén recibo o meu grande afán e mal de vós, e por iso non sei discernir ben se me praza porque vos amo, ou se tamén me pese iso por canto mal me vén.

(III) Por canto ben Deus foi pór en vós ámovos eu máis que cantas cousas existen hoxe no mundo e non recibo de vós outra cousa que mal, e por iso non sei escoller se me praza porque vos amo, ou se tamén me pese iso por canto mal me vén.

(1) Porén, señora, pois escoller me convén, escollo eu de entre ambas o que me praza.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:11)

Encontros vocálicos: 6 miar; 12 miar; 18 miar

Notas


Texto
  • 6

    Ao longo do corpus rexístrase un limitado número de grafías o til de nasalidade representa unha nasal explosiva: se mi-a <se͂ha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <sse͂har> B vs. <ssemhar> V (377.6=r2), com’estes <cõ estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descõunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <e͂ eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauã en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doã> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cõ eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <dõ a> BV (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo). Véxase nota a 25.5.

  • 7

    A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.) e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.

  • 9

    A diferente segmentación proposta en Littera é tamén posíbel (des i ar ei-m’eu grand’afan e mal / de vós ...), aínda que o uso do posesivo co sintagma grand’afan (e mal) pode acharse ao longo do corpus (véxase, por exemplo, nen de meu mal nen de meu grand’afan, 854.18).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado