437 [= RM 157,61]
[S]ennor fremosa, querria saber

[S]ennor fremosa, querria saber
de vós, que sempre punnei de servir,
pois vos eu sei máis d’outra ren amar,
que diredes a quen vos preguntar,
pois me podedes de morte guarir,
sennor, por que me leixades morrer.
Pois que m’assi tẽedes en poder,
sennor fremosa, dized’ũa ren:
que diredes, se vos alguen disser
que lle digades, se vos aprouguer,
pois me podedes guarecer mui ben,
sennor, por que me leixades morrer?
Pois m’en tal coita podedes valer
come de morte, se Deus vos perdon,
que diredes, fremosa mia sennor,
u vos aquesto preguntado for:
pois vos [eu] amo mui de coraçon,
sennor, por que me leixades morrer?
Pois vos Deus fez muito ben entender,
sen[n]or fremosa, que sempre servi,
se vos alguen preguntar esta vez,
que lle diredes, por Deus, que vos fez,
pois vos eu amo muito máis ca mí,
sen[n]or, por que me leixades morrer?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


A 272

O refrán non aparece marcado como tal no manuscrito da Ajuda.

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 536 [= LPGP 991-992]); Fernández Graña (2007: 343-344); Littera (2016: II, 568-569).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 160-161); Machado & Machado (1960: VII, 54-55); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 437).

Manuscript variants


3 vos] uos A   4 vos] uos A   9 vos] uos A   10 vos] uos A   14 vos] uos A   16 vos] uos A   17 vos] uos A   19 vos] uos A   21 vos] uos A   22 vos] uos A   23 vos] uos A

Editorial variants


1 querria] queria Michaëlis, Littera   3 vos] vos Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   7 tẽedes] teendes Littera   9 vos] vos Michaëlis   10 vos] vos Michaëlis   14 vos] vos Michaëlis   16 vos] vos Michaëlis   17 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña   19 vos] vos Michaëlis   21 vos] vos Michaëlis   22 vos] vos Michaëlis   23 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña

Paraphrase


(I) Fermosa señora, eu querería saber de vós, a quen sempre me esforcei en servir porque vos sei amar máis que a ninguna outra cousa, que lle diredes a quen vos pregunte, pois que me podedes librar da morte, señora, por que me deixades morrer.

(II) Xa que me así tendes no voso poder, fermosa señora, dicídeme unha cousa: que diredes, se alguén vos di que lle digades, se vos prouguer, pois me podedes salvar moi facilmente, señora, por que me deixades morrer?

(III) Xa que me podedes valer en tal coita de morte, así Deus vos perdoe, que diredes, miña señora fermosa, cando isto vos for preguntado: pois vos eu amo moi de corazón, señora, por que me deixades morrer?

(IV) Pois que Deus vos fixo de moito entendemento, fermosa señora, a quen sempre servín, se alguén vos preguntar esta vez, que lle diredes, por Deus que vos creou, pois eu vos amo moito máis que a min mesmo, señora, por que me deixades morrer?

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10c 10c 10b 10A (= RM 257:1)

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga é considerada anónima.

  • 6

    Nótese como no refrán desta estrofa estamos perante unha interrogación indirecta, face ás restantes, en que a interrogación é directa. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4.

  • 17

    A falta dunha sílaba métrica xustifica a reintegración de eu: cfr. pois vos eu amo muito máis ca mí (v. 23), en correspondencia co v. 17, do mesmo modo que os vv. 5 e 11.

  • 23

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

Search
    No results