83 [= Tav 78,13]
Non me poss’eu, sennor, salvar

Non me poss’eu, sennor, salvar,
que muito ben non desejei
aver de vós; mais salvar-m’-ei,
que non cuidei end’acabar
máis do que vos quero dizer:
cuidei-vos, sennor, a veer,
atanto ben ouv’en cuidar.
E dig’esto por me guardar
d’ũa cousa que vos direi:
nen cuidedes que al cuidei
de vós, mia sennor, a gãar,
senon que podesse viver
na terra vosc’, e Deus poder
me leix’aver d’i sempr’estar.
E dé-me poder de negar
sempr’a mui gran cuita que ei
por vós aas gentes que sei
que punnan en adevinnar
fazenda d’om’e’n a saber,
e os que esto van fazer
Deu-los leix’ende mal achar.
E Deu-los leix’assi ficar
com’eu, sennor, sen vós fiquei
u vos vi ir e non ousei
ir convosco, e de pesar
ouvera por end’a morrer,
tan grave me foi de sofrer
de m’aver de vós a quitar!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 17, B 110

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 39-40 [= LPGP 516-517]); Littera (2016: I, 631).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 40); Carter (2007 [1941]: 11-12); Machado & Machado (1949: I, 155); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 83); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 70-71).

Variantes manuscritas


5 vos] uos A   6 vos] uos A; a veer] auer B   7 atanto] tanto A; ouv’en] o non B   8 dig’esto] diguest e A; guardar] saluar B   10 nen] nō B   11 gãar] gaar B   13 vosc’, e] uosq̄ e A   15 negar] negʷr B   16 cuita que ei] coyta q̄rei B   18 adevinnar] a deuīar B   19 d’om’e’n a] domē na B   20 van] nā B   21 Deu-los] d’s los B; ende] end A   22 E Deu-los] E os   24 u vos vi ir] u uos uj ír A : ouu uir B   25 convosco, e] uosq̄ B

Variantes editoriais


5 vos] vus Michaëlis   6-7 cuidei: vos, senhor, a veer. / Tanto ben ouv’ eu en cuidar Michaëlis   7 ouv’en] houve em Littera   9 d’ũa] d’ua Littera; vos] vus Michaëlis   15 dé] dê Michaëlis, Littera   16 cuita] coita Littera   19 d’om’e’n a] d’om’e’n’a Michaëlis, d’hom’, ena Littera   21 ende] end[e] Michaëlis   24 vos] vos Michaëlis   25 convosco] con vusco Michaëlis 

Paráfrase


(I) Non me podo eu, señora, exculpar de que non desexei recibir de vós moito ben; mais xustificareime polo feito de que non pensei conseguir (do ben) máis do que vos quero dicir: pensei en vos ver, señora –tanto ben tiven ao pensar. 

(II) E digo isto por me precaver dunha cousa que vos direi: nin pensedes, miña señora, que eu pensei conseguir de vós outra cousa, alén de poder vivir na terra convosco, e Deus me deixe ter a posibilidade de sempre alí estar.  

(III) E déame a capacidade para negar sempre a moi gran coita que teño por vós ás xentes que sei que se empeñan en adiviñar e coñecer os asuntos privados de un; e os que isto van facer, Deus os deixe por iso encontrar mal. 

(IV) E Deus os deixe así ficar como eu, señora, sen vós fiquei cando vos vin ir e non ousei ir convosco, e de pesar por iso houbera de morrer, tan doloroso me foi soportar o ter que me afastar de vós!
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:254)

Notas


Texto
  • 6

    Obsérvese a confusión aver / veer en B: en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31312.1417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

  • 6-7

    Estes versos presentan en Michaëlis unha puntuación certamente anómala e desaxeitada para o contido da estrofa, xunto cunha emenda desnecesaria: atanto de B corrixe a hipometría derivada do tanto de A, do mesmo xeito que en 430.6, onde, face á lección <tan> de B aparece a correcta forma <atan> en A, e en 431.9 é A o manuscrito que ofrece atanto (vs. tanto B). En calquera caso, ambas formas tanto ~ atanto conviven no corpus, igual que tal ~ atal (véxase nota a 10.4 e 6).

  • 11

    A forma nasalizada gãar (tamén en 87.21, do mesmo trobador), variante directa de gaar (máis frecuente), xunto con gaanar (só en 414.20), fai parte do grupo de variantes da forma maioritaria guaanhar ~ gaanhar.

  • 19

    Neste verso prodúcese unha crase múltipla que pode escurecer o sentido: ‘punnan en adevinnar / fazenda de ome e en a saber (a fazenda)’. Unha crase similar pode verse nas Cantigas de Santa Maria: o fol chamou ao outr’, e ‘n ge͂ollo[s] fitos / ve͂o ant’a Virgen muit’envergonnado (CSM 65.162).En calquera caso, a crase da preposición en ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 21

    A grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador é vacilante entre unha representación gráfico-fonética -l- e a manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro. Porén, achamos diverxencia nos manuscritos, onde se detecta a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado