[last revised: 24/04/2023]Print

935 [= Tav 142,5]
Madre, quer’oj’eu ir veer

– Madre, quer’oj’eu ir veer
meu amigo, que se quer ir
a Sevilha el-rei servir:
ai madre, ir-lo-ei veer!
– Filha, id’e eu vosc’irei.
– Faredes-me atal prazer,
ca non sei quando mi-o verei.
Ben o sabe Nostro Senhor
que me pesa, pois que s’ir quer,
e veer-lo-ei se vos prouguer,
por Deus, mia madr’e mia senhor!
– Filha, id’e eu vosc’irei.
– Madre, faredes-m’i amor,
ca non sei quan[do] mi-o [verei].
A Sevilha se vai d’aqui
meu amigo, por fazer ben,
e i-lo-ei veer por én,
madre, se vos prouguer d’ir i.
– Filha, id’e eu vosc’irei.
– Madre, faredes-me ben i,
ca non sei quando mi-o verei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 932, V 520

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 246-247 [= LPGP 892]); Cohen (2003: 333); Arias Freixedo (2010: XXV); Littera (2016: II, 452-453).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 188); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 297-298).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 225-226); Seoane (1941: 98-99); Fernández Pousa (1951: 99); Álvarez Blázquez (1975: 82-83); Landeira Yrago (1975: 107); Torres (1977: 288); Jensen (1992: 350); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 227).

 

Manuscript variants


6 Faredes] e faređs V; atal] atā B : om. V   10 vos] uos BV   11 Deus] des V; senhor] senor V   12 eu] eu (*) B   14 quan[do] mi-o] q̄n mho V   18 vos] uos BV

Editorial variants


5 id’e] ide NunesArias Freixedo   6 Faredes-me atal prazer] Faredes-me atan prazer NunesArias Freixedo : Faredes mi atan prazer Cohen : Faredes-mi atam prazer Littera   12 id’e] ide NunesArias Freixedo   13 m’i] mi Nunes, Cohen   19 id’e] ide NunesArias Freixedo 

Paraphrase


(I) –Madre, quero ir hoxe ver o meu amigo, que se quere ir para Sevilla servir el-rei: ai madre, ireino ver!
Filla, ide e eu irei convosco.
–Farédesme gran pracer, pois non sei cando o volverei ver.

(II) Ben sabe o Noso Señor que me pesa, pois quere irse, e ireino ver se vos parece, por Deus, miña nai e miña señora!
Filla, ide e eu irei convosco.
–Madre, farédesme amor niso, pois non sei cando o volverei ver.

(III) O meu amigo vaise de aquí a Sevilla, por cumprir coas súas obrigas, e ireino ver por iso, madre, se vos prouguer de ir alí.
Filla, ide e eu irei convosco.
–Madre, farédesme ben niso, pois non sei cando o volverei ver.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8a 8C (= Tav 156:7)

Encontros vocálicos: 7 mi͜-o; 10 -lo͜-ei; 14 mi͜-o; 17 -lo·ei; 21 mi͜-o

Notes


Text
  • *

    Esta composición presenta repetición de palabra rimante no 1º e 4º versos das estrofas I (veer) e II (senhor), mentres que na estrofa III aparece a variación aqui/i.

  • 4

    A secuencia <r-l> (e <s-l>), en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (ir-lo-ei, v. 4; veer-lo-ei, v. 10), no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (nótese que no v. 17 xa aparece i-lo-ei). Véxase nota a 139.2.

  • 5

    A segmentación da lección manuscrita en id’e, con presenza dunha copulativa, non realizada por Nunes nin Arias Freixedo, evita unha xustaposición sintáctica e articula convenientemente o discurso (id’e eu vosc’irei).

  • 6

    Obsérvese a presenza dunha copulativa –espuria– na copia do Cancioneiro da Vaticana, como mostra a súa ausencia non só en B mais tamén en BV nos versos simétricos das seguintes estrofas (vv. 13 e 20). Na realidade, a intromisión do elemento conxuntivo no proceso de copia percíbese en múltiplas pasaxes ao longo do corpus, en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos, se pode determinar con seguranza o carácter adventicio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 E 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 E 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

    Por outra parte, a forma <atã> de B (significativamente omitida en V) ten de ser un erro por atal, pois a expresión *faredes-me atan prazer, en que está ausente a estrutura atan ... que, non é gramatical, por máis que fose mantida por Nunes, Cohen e Littera. Debeu producirse, pois, un erro <atã>/<atal>: a confusión <n>/<l> pode verse, por exemplo, en 624.18 mal <man> B, <mal> V– ou 1661.29 el <en> B, <el> V–), aínda que esta forma atal implica a rara dialefa me | atal.
    A alternativa editorial para este verso radica na emenda atan[to] en sinalefa con me: Faredes-meatan[to] prazer.

  • 13

    A (case) inevitábel sinalefa -miamor e mais a grafía <mj / mi> de BV en vez de <mh> leva á segmentación m’i (suxerida en Cohen e aceptada en Littera), que dificulta a sinalefa e resolve satisfactoriamente o verso, tanto métrica como estruturalmente, pois este debe ser lido tamén en relación ao seu simétrico da estrofa III: –Madre, faredes-m’i amor (v. 13) / –Madre, faredes-me ben i (v. 20).

  • 18-20

    Repárese na repetición da palabra rimante (i), situación anómala na métrica trobadoresca. Véxase nota a 14.48-50.

Search
    No results