48 [= RM 46,5]
Non sei dona que podesse

Outrossi fez estas cantigas a ũa abadessa, sa coirmãa, en que entendia. E passou per aquel moesteiro un cavaleiro e levava ũa cinta, e deu-lha porque era pera ela; e por én trobou-lhi estes cantares:

Non sei dona que podesse
vale-la que eu amei
nen que eu tanto quisesse
por senhor, das que eu sei,
se a cinta non presesse,
de que mi lh’eu despaguei,
e por esto a cambei.
Pero mi ora dar quisesse
quant’eu dela desejei
e mi aquel amor fezesse,
por que a sempr’aguardei,
cuido que lho non quisesse,
tan muito me despaguei
dela, poi-la cinta achei.
Nen ar sei prol que m’ouvesse
seu ben, e al vos direi:
se a por atal tevesse,
quando m’a ela tornei,
juro que o non fezesse,
ca tenho que baratei
ben, pois me dela quitei,
ca muito per-ei a messe
con melhor senhor, e sei
de mí que a servirei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 75; B 1336, V 943

A dupla copia desta cantiga vén dada polo seu carácter mixto, entre cantiga de amor (B 75) e cantiga de escarnio (B 1336, V 943); nesta segunda documentación é introducida coa rúbrica que se refire tamén á cantiga 1354.

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 708-709); Lapa (1970 [1965]: 218-219); Martínez Pereiro (1992: 71 [= LPGP 311-312]); Lopes (2002: 29); Littera (2016: I, 346).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 25); Machado & Machado (1949: I, 99); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 50-51); Rios Milhám (2017: I, 48); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 53-54).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 253-254); Cátedra de Lingüística e Literatura Galega (1980: 18 [rúbrica]); Tavares & Miranda (1987: 292); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 99); Diogo (1998: 24); Arias Freixedo (2003: 203-204); Fidalgo (2009a: 64); Souto Cabo (2017: 97).

Variants manuscrites


A segmentación dos versos das estrofas I-II é defectuosa na copia de B75.

Rúbrica. ũa] huna B; cavaleiro] cauꝉto B’V; porque] pe que B’; por én] pᵉen B’V

Texto. 3 quisesse] quisse V   4 senhor] Senoʳ B   5 presesse] p̄zesse   6 mi lh’eu despaguei] meu despagney B   7 cambei] canbiey   8 mi ora] mora B   10 amor] *moʳ B   11 por] Pᵉ B’ : pᵉ V; sempr’aguardei] Senp’ ag̃rdey B : sempra guardey B’ : sempraguardey   13 tan] cā V; muito] muto B   14 poi-la cinta achei] pois la çinta chey B   15 Nen] Neu B; prol] ꝓol B   16 seu] sen V; vos] uos   17 se a por] Sea per B : sea pᵉ B’ : sen pᵉ V; tevesse] tenesse V   19 o] om. B'   20 tenho] tennho B; baratei] batarey B’   21 quitei] quirey B’ : qirey V   22 a messe] amessey B’ : amessey V   23 con melhor] comelhor B : comelhᵉ V; senhor] senoʳ B; e sei] a sey V   24 mí] mj̄ B’

Variants editorials


Rúbrica. coirmãa] coirmã Littera

Texto. 6 mi lh’eu] m[e] eu Michaëlis   7 cambei] cambiei Michaëlis, Lopes, Littera   8 mi ora] m’ora Michaëlis   11 a] ja Martínez Pereiro   14 poi-la cinta] pois la cint’ Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   17 por] per Michaëlis, Littera   22 per-ei a messe] per estivesse Michaëlis : per ôi-mais ei Lapa : per i me sei Martínez Pereiro : per i mais hei Lopes, Littera   24 mí] min Michaëlis

Paràfrasi


(I) Se vos prouguese, miña señora, rogaríavos unha cousa: que, pois non me facedes ben, que non me fixésedes mal; e, miña señora, na miña opinión, nunca vos debería pesar que alguén vos rogase así, (II) aínda que sei, miña señora, que fixen unha insensatez porque vos falei agora diso, pois creede ben que por outra razón eu non me atrevería a tentar, miña señora, falar convosco sobre o que vós causastes en min, (III) porque eu ben sei, sen dúbida, que Deus vos fixo tanto valer que nunca debedes facer outra cousa máis ca ben; mais eu teño unha coita tan grave por vós, señora, que nin sequera sei o que digo, e digo calquera cousa.
(IV) E xa que me esta coita agora fai perder o siso aquí, cando vos vexo me fai dicir canto me vén ao corazón, por Deus, miña señora, que farei, ou que remedio encontrarei cando eu non vos puider ver?

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7’a 7b 7’a 7b 7b + 7’a 7b 7b (= RM 65:1)

Encontros vocálicos: 8 miora; 10 miaquel; 14 cintaachei

Notes


Text
  • 5

    A cinta é o cordón con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban anacos de cintas para mostrar que o amor era correspondido e tamén cando se separaban por un período longo, para manteren viva a chama do amor e a fidelidade. Por iso o protagonista da cantiga decidiu cambiar de namorada cando a que el consideraba súa senhor aceptou a cinta doutro cabaleiro, pois decatouse de que non lle correspondía.

  • 6

    O verbo prender aínda presenta na lingua trobadoresca a convivencia das formas etimolóxicas nos tempos de pretérito (pris, presera, presesse, preser) coas formas analóxicas (prendi, prendera etc.). Cfr. nota a 74.13.

  • 7

    Cambar (tamén en 1393.17), variante sen iode de cambiar (só en 119.23 e 550.8)1 , presenta, de todos os xeitos, a forma con iode na primeira documentación da cantiga en B.

  • 8-12

    Nótese que a repetición de quisesse como palabra rimante nestes dous versos é só aparente, pois é P3 no v. 8 e P1 no v. 12. Véxase nota a 14.48-50.

  • 11

    Lémbrese que aguardar é, inicialmente, variante fonética con a- protético de guardar, con quen comparte a acepción de ‘gardar, protexer...’, aínda que neste verso ten o sentido de ‘atender, servir’ (véxase UC/Glosario, s.v. aguardar, guardar). Cfr. nota a 35.12.

  • 22

    As diversas propostas de lectura deste verso da fiinda coinciden en faceren emendas da lección manuscrita, que, por súa vez, presenta tamén diverxencias nos diversos testemuños. Con certeza, a lectura correcta é a que ofrecemos, xa presente en Machado & Machado (véxase tamén Montero Santalla 2000: 255-256), que ten a vantaxe de responder exactamente á lección de B (na súa primeira copia), recollendo na fiinda, como é de regra, a rima na mesma orde dos tres versos finais de cada estrofa. Deste xeito, estabelécese unha forma messe, hápax nos textos poéticos profanos (mais presente en CSM 289.11 e 315.20), que condí co ton paródico desta cantiga de amor2 .

  1. ^

    A solución con perda de iode non é moi frecuente. Véxanse algunhas ocorrencias no CGPA, s.v. cambar ~ canbar e cambazon ~ cambazõ ...

  2. ^

    Na prosa, messe é voz que se acha con relativa frecuencia: na tradución galega da Geeral Estoria (véxase TMILG, s.v. messe), no Orto do Esposo (Maler 1964: s.v. meses), nos Evangelhos e Epístolas com suas Exposições em Romance (véxase Machado 2008-2013: 586, s.v. messe), no Sacramental (Sánchez Vercial 2005-2013: 516, s.v. messe) e, sobre todo, no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 72, 91, 100, 103 etc.).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat