544 [= RM 25,56]
Nostro Senhor, se averei guisado

Nostro Senhor, se averei guisado
de mia senhor mui fremosa veer,
que mi nunca fez nen ũu prazer
e de que nunca cuid’aver bon grado?
Pero filhar-lh’-ia por galardon
de a veer se soubesse que non
lh’era tan grave, Deus foss’én loado,
ca mui gran temp’á que ando coitado,
se eu podesse, po-la ir veer,
ca depois non me pod’escaecer
qual [a] eu vi, u ouvi Deus irado,
ca verdadeiramente des enton
non trago mig’aqueste coraçon
nen er sei de min parte nen mandado,
ca me ten seu amor tan aficado,
des que se non guisou de a veer,
que non ei en min força nen poder,
nen dórmio ren nen ei en mí recado;
e, porque viv’en tan gran perdiçon,
que mi dé morte peç’a Deus per don,
e perd[er]ei meu mal e meu cuidado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 527b, V 130

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 46 [= LPGP 203]); Nunes (1972 [1932]: 154-155); Eirín (2015: 191); Littera (2016: I, 194).
II. Outras edicións: Moura (1847: 74-76); Monaci (1875: 54-55); Braga (1878: 26); Machado & Machado (1952: III, 112-113); Júdice (1997: 124); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 guisado] guyda do V   2 senhor] senor B; veer] ueez B   3-4 Que mi nunca fez praxer / Nē huu e de q̄ nūca cuydauer / Nen bon grado B : quemi nunca fez prazer / nē huu ede que nūca cuydauer / nē bō grado V   5 filhar] filar B   6 non] n̄ V   8 gran] g̃ra B   12 enton] ēçō B : encō V   14 parte] perte V   17 força] forza V   18 mí] mj̄ V   19 perdiçon] perdizō V   20 peç’a] peca V

Variantes editoriais


3 fez nen ũu] fez[o] nenhum Lang : fez[o] nen hun Nunes : fez[o] nẽum Littera   7 grave] grav’, e Nunes   10 depois] de pois Nunes   11 [a] eu vi] eu [a] vi Lang, Nunes, Eirín, Littera   18 mí] min Lang, Nunes, Eirín, Littera   20 dé] dê Lang, Nunes, Littera; morte] mort’e Nunes; per don] perdom Lang : perdon Nunes

Paráfrase


(I) Noso Señor, terei a ocasión de ver a miña señora moi fermosa, que nunca me deu nin unha alegría e de quen nunca espero ter boa disposición? Porén, aceptaríalle por galardón vela, se soubese que non lle resultaba tan grave, Deus fose louvado por iso, (II) porque hai moito tempo que eu ando coitado desexando ir vela, se puidese, pois non me podo esquecer de cando a vin, cando tiven a Deus irado contra min, pois certamente desde entón non traio comigo este corazón nin tampouco sei de min arte nin parte, (III) porque o seu amor me ten tan aflito, desde que non tiven ocasión de a ver, que non teño forza nin poder, nin durmo nada nin sei dar conta de min; e porque vivo en tal estado de perdición, pídolle a Deus por don que me dea a morte, e así perderei o meu mal e a miña aflición.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:132)

Encontros vocálicos: 18 dór·mi͜o

Notas


Texto
  • *

    Por máis que ningunha das edicións considere a continuidade sintáctica a través da conxunción causal ca, esta é unha verdadeira cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A conxunción se acrecenta un evidente valor interrogativo-exclamativo ao valor condicional.

  • 3

    O carácter bisilábico de u͂u (véxase nota a 114.15) evita a reintegración fez[o] que propoñen diversos editores.

  • 3-4

    Nótese o erro de copia dos apógrafos italianos, con inversión dos elementos do sintagma nen u͂u, moi similar ao existente na cantiga 554.11-12.

  • 6

    A abreviatura <ñ> para non, que é común a BV en 509.6 e 521.11, rexístrase en V tamén en 857.13 e 1447.10 (<ũ> = <ñ>). No Cancioneiro da Ajuda é certamente rara a súa aparición, que só localizamos na abreviación de non no refrán da derradeira estrofa de A 75 (164.24) e mais en A (214.13).

  • 7

    A segmentación que Nunes fai da copulativa é desnecesaria, especialmente tendo en conta a frase parentética Deus seja por én loado sen ligazón copulativa (cfr. 545.4).

  • 11

    O sentido e a métrica esixe a presenza do pronome a, que introducimos con interpolación (cfr., por exemplo, [Q]uen viu o mundo qual o eu ja vi, 897.1).

  • 20

    A presenza de perdon en Lang e Nunes seguramente está condicionada pola frecuente aparición da forma verbal perdon, normalmente ligada a Deus a través das fórmulas do tipo (as)si Deus mi perdon, con numerosas variantes expresivas. Mais o texto destes editores resulta artificioso, fronte á lóxica deglutinación de perdon (<ꝑdon> B, <perdon>) V en per don. Cfr. en Martin Soarez:

    e mandou-lh’ele por don dar 
    tres couces na garganta (1384.3-4).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado