I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 25-26 [= LPGP 105-106]); Arbor Aldea (2001: 152); Longo (2003: 86-87); Littera (2016: I, 68-69).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 15-16); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 510); Magne (1931: 84); Machado & Machado (1950: II, 218-219); Rios Milhám (2018b: III, 377).
1 vos] uus BV 2 Deus en] densen V 5 vos] uus BV 6 se mi ar] ssēhar B 7 Por] Per V; vos] uos BV 8 Deus en] des eu V; eu] en B 10 partir] p̃tir B : p̄tir V 11 vos] uo V 16 escolher] esto lhe[*] B 19 conven] conuiē V
1 vos] vus Arbor Aldea, Longo 5 vos] vus Arbor Aldea, Longo 8 vos] vus Longo 9 meu] mui Nunes, Arbor Aldea : m'eu Littera 11 vos] vus Longo; quero] qnero Nunes 13 põer] poer Longo 14 vos] vus Longo 17 vos] vus Longo
(I) Sempre vos eu máis amei que outra cousa por canto ben Deus en vós puxo, señora; alén diso, tamén recibo mal e desamor de vós, e por iso, miña señora, non sei se me praza porque vos amo, ou se tamén me pese iso por canto mal me vén.
(II) Por canto ben Deus puxo en vós, por vos eu non mentir, ámovos eu máis que outra cousa; alén diso, tamén recibo o meu grande afán e mal de vós, e por iso non sei discernir ben se me praza porque vos amo, ou se tamén me pese iso por canto mal me vén.
(III) Por canto ben Deus foi pór en vós ámovos eu máis que cantas cousas existen hoxe no mundo e non recibo de vós outra cousa que mal, e por iso non sei escoller se me praza porque vos amo, ou se tamén me pese iso por canto mal me vén.
(1) Porén, señora, pois escoller me convén, escollo eu de entre ambas o que me praza.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:11)
Encontros vocálicos: 6 mi‿ar; 12 mi‿ar; 18 mi‿ar
Ao longo do corpus rexístrase un limitado número de grafías o til de nasalidade representa unha nasal explosiva: se mi-a <se͂ha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <sse͂har> B vs. <ssemhar> V (377.6=r2), com’estes <cõ estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descõunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <e͂ eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauã en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doã> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cõ eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <dõ a> BV (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo). Véxase nota a 25.5.
A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.) e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.
A diferente segmentación proposta en Littera é tamén posíbel (des i ar ei-m’eu grand’afan e mal / de vós ...), aínda que o uso do posesivo co sintagma grand’afan (e mal) pode acharse ao longo do corpus (véxase, por exemplo, nen de meu mal nen de meu grand’afan, 854.18).